xoves, 5 de maio de 2011

Equilibrio(des)

Estamos feitos a base dunha amálgama de eivas e virtudes que, unha vez fermentadas co lévedo da experiencia , acaban por configurar  a persoalidade.
Conviña non exceder para ningures, tentando atopar ese punto harmónico que, de paso que nos alonxa de ser pánfilos, tampouco nos achegue á soberbia.
Polo xeneral os políticos durante a campaña están nunha esquina, e despois das eleccións pasan co papo enchido para a contraria. Por iso sempre viven nun  equidistante e perpetuo desequilibrio que os aciba do resto da cidadanía.

Foto: Nin anxos nin demos, senón todo o contrario.

27 comentarios:

  1. Sempre, sempre, sempre fican na esquiña... sonche moi putas os políticos.

    Bicos de anxiña... ou de demiña. A saber. :*

    ResponderEliminar
  2. Yo de los político no quiero ni hablar! Me gustaría tampoco oírles a ellos, aunque me temo que nos aguardan unos días penosos en ese sentido. Eso sí, siempre voy a votar, me gusta poner mi granito de arena, aunque la verdad, no me gusta ninguno y siempre voto el que me parece menos malo.

    Me apunto a ser pánfila, hasta me gusta la palabra, tiene cierta musicalidad.

    biquiños harmónicos

    ResponderEliminar
  3. Moi oportuno o artigo!! Está a piques de comenzar a primeira etapa de des-equilibrio.
    A imaxe resulta... harmoniosa, si.
    E, como podemos ler "look right", significa iso que o señor Chousa se está a-li-ne-an-do?? :-))
    Saúdos harmoniosos.

    ResponderEliminar
  4. Gústame iso de que estamos feitos dunha amálgama de eivas e virtudes que unha vez fermentadas co "lévedo da experiencia" acaban por configurar a persoalidade.

    Non podemos falar así dos políticos que o que levedan son mentiras e enganos con isa lingua
    lingoreteira (debe de ser para perpetuar a súa especie)
    E aínda nos queda unha boa campaña que aguantar!

    un biquiño equilibrado .

    ResponderEliminar
  5. Mariola: Quédanos unha boa fartura de trangalladas que escoitar, si. Pregúntome se non está xa gastado este xeito de facer que todos somos pailanciños.

    Harmonía: Non me aliño, que senón igual me papan coma unha en-salada. (Supoño que o nome do comercio pagaríache o copyright!)

    Frabisa: Preparémonos logo para escoitar unha melodía silenciosa de letanías sin sentido. Qué curioso: ós políticos temos que votalos, cando o que deberíamos era botalos!!

    Blogboreta: Son, son. E algúns -polo que se di- seica andan meneando o bolso con moito xeito.

    ResponderEliminar
  6. Pedra(s) de Santiago5 de maio de 2011, 23:40

    Durante unha quincena serán todos anxos. Logo virán dous días de reflexión-equilibrio. Despois volveranse convertir todos en demos durante outros catro longosss anosss.

    Bicos equilibrados
    :)

    ResponderEliminar
  7. Os políticos teñen o seu punto harmónico no peto e só se o teñen cheo conseguen a harmonía.
    Bicos

    ResponderEliminar
  8. O conto de sempre: unha vez na peana, a ver quen te apea!
    Por iso a clase política que temos nos saca ao cabo de tantos apuros, polo da harmonía inharmónica da que fan gala.

    E a partir de hoxe, máis bombardeo!

    En fin...

    ResponderEliminar
  9. Pues sí, la falta de equilibrio y armonía es una característica esencial de la naturaleza propia de un político.
    No conocen los términos medios, desde luego.
    Bicos

    ResponderEliminar
  10. Os políticos están feitos dunha pasta especial, unha pasta feita de hipocresía, pouca vergonza, avaricia, vanidade..Vamos!! que gardan neles todo o mellor do ser human nun precioso equilibrio.
    O peor é que escoitalos e velos en acción reclutando masas saca o peor que hai en min sen podelo evitar.
    bicos!

    ResponderEliminar
  11. Buena entrada. Los políticos son de esa tela especial incalificable.Te lo digo yo que tengo la desgracia de tenerlos cerca.

    ResponderEliminar
  12. Bueno, eu non vexo por qué ter moitas virtudes nos tería que achegar a ser pánfilos.
    Que eu saiba ser virtuoso non ten nada que ver con ser parvo. [Así que xa podes cultivar as túas sen medo, como os políticos]
    ;-)

    muac!

    ResponderEliminar
  13. Uma análise política perfeita!

    ResponderEliminar
  14. Conseguir estar
    nesa harmonía
    e nese equilibrío
    non che é cousa de
    políticos, tentando
    sempre de pisotear
    os comúns ou os contrarios.

    Bicos de fin de semana.

    ResponderEliminar
  15. hay que hacer lo que se pueda para no perderlo

    ResponderEliminar
  16. Arrincou a campanha de municipais que todos chaman gerais. Con a que lhes esta caendo aos politicos todos e ti pideslhes harmonia. Es moi esigente Chousa; non ves que na politica hai moito pailán soberbio?
    Na foto non sei se realmente quererias fotografar á rubia embotada do medio ou o nome do comerzo. Dinolo ti. Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  17. Poda que os mortais vos movades entre demos e anxos; pero os que estamos por riba desa catalogación humana medímonos por outras baremacións.
    Cos políticos pasa igual, solo que eles móvense moito por DEBAIXO da catalogación. Deberías ir fotografiar as alcantarillas para atopalos, pero non vayas Chousa, que ti captas moi boas imaxes pola cima.
    :-)

    ResponderEliminar
  18. Umm, non só os políticos, moitos somos así, a natureza humana é un pouco así, que onte non eras ninguén e hoxe tes un postiño e xa te cres a reostia. Nin ninguén nin a reostia, equilibrio ( pode que en Antas o teñades mais doado, por iso de estar no centro xeográfico)

    ResponderEliminar
  19. Tes raçom, o idealismo quitam-o umha cheia de enrugas

    ResponderEliminar
  20. Está claro que son lobos disfrazados de ovellas.
    Na foto gustoume a frase de: " Se o amor é cego porque a lencería é ...cular ? ".

    ResponderEliminar
  21. ¡¡¡CAMPAÑA ELECTORAL HORROR!!!
    Un bico

    ResponderEliminar
  22. Eu penso que están equilibrados: á mior parte, pesalles tanto o bpeto dereito coma o esquerdo...

    ResponderEliminar
  23. Como xa todo quisque está aleccionado sobre o asunto, imos soportar entre todos estes días co mellor ánimo e predisposición. Pensade que despois do 22 todo volverá á estar igual de ben(...) que antes das eleccións.

    E vou cambiar de tercio. Imos cara outras cores e outras texturas gramaticais...; que xa sei que a cor da tenda Harmony estalle provocando a mais de un/unha a necesidade de mercar chcolate Milka!!!. (Espero que a vaca Rubia incite a mercar Leite de Galicia co mesmo entusiasmo)

    ResponderEliminar
  24. Pedra(s) de Santiago8 de maio de 2011, 23:33

    (necesidade de mercar chcolate Milka!!!.) Ha,ha,haaaaaa...!!!:-)

    ResponderEliminar
  25. O poder é moi solitario. É xa se sabe, non se pode ver o mismo mentras un está dando un mitin que sentado no Congreso. E que non é o mismo. Biquiños,

    ResponderEliminar
  26. Coincido con Susana en que "os políticos" non son diferentes do resto de nós. É máis, son persoas igual ca nós. hainos moi malos e hainos moi bos. hainos que traballan arreo polo país e hai quen non sabe o que é traballar. Quizais as xeralizacións non sexan moi boas, sobre todo porque destas sempre sacan "partido" os mesmos; aqueles a quen non lles interesa que analicemos polo miudo as súas actuacións.
    (Eu fixeime no delgadas que están todas as da foto!!)

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: