mércores, 19 de xaneiro de 2011

Manco

Suso quedou sumamente tristeiro e deprimido dende que perdera un brazo naquel accidente. Con él perdeu tamén a fame, o sono e as ganas de leria.
Un día 10, na  feira de Antas, viu a unha persoa  á que lle faltaban os dous brazos rebechando pola rúa e amosando un aparente estado de ánimo lúdico e festeiro, contoneándose como se bailase música moderna. Pensou que se él estaba tan decaído faltándolle un, como raio era posible que aqueloutro home, sin os dous, andivera dando pinchos pola vida.
Buscou a maneira de achegarse a él, non sin dificultade debido á ausencia de paradura do manco bilateral. Cando o logrou díxolle:
- Oiches oh. Estando eu tan amolado pola falta dunha  extremidade; como carallo logras ti este estado de ánimo tan ledo carecendo dos dous?
- Estado de ledicia? -respostou o interpelado con evidentes signos de mal xenio e escaso acougo-. Que cona vou ter bo ánimo; o que pasa é que me pica o cu que nin diola, e non vexo xeito de rañalo!

Foto:Dous buratos

28 comentarios:

  1. E logo como fan os carballos non mancos para rañar a raíz?? E que son de cidade eu.. jaja

    Ti ves?... Sempre hai quen está peor ca ti.. E mellor tamén.
    Así que hai que vivir neste mar de mediocridade e conformarse con algún destello que te alumée de cando en vez.

    Decatácheste da medusa que vai por ese ceo do carballo manco?? Éche ben bonita. Mira que se lle pica...

    E digo eu que para rañar o lombo ¡e ata o cú! ben pode valer co tronco dunha árbore, aínda que estea manca.

    Bico (picajoso xa iba no anterior post... ) ........ ¡extremo! jajaja

    ResponderEliminar
  2. xa o dí o saber popular:
    las apariencias engañan

    o carballo da foto está escotadiño de todo [hoxe están tamén escotando "os carballos" da coruña os operarios municipais] este ano que non quero que chegue rápido a primavera, arre demo que parece que todo se está preparando... hacia atrás cogiendo carrerilla!

    ResponderEliminar
  3. ¡¡¡ Pobriño!!! Non vexo putada pior...

    Haiche un rapas pola porta do sol, que pide cun vaso de cubalitro nos dentes, non ten brazos, sempre vai en tirantes amosando as cicatrices. Sempre o vin sorrinte, espero que non sexa por lombrices... :p

    Un biquiño a duas mans.

    pd. Cambiachela foto.. ¿ e iso?

    ResponderEliminar
  4. xa me parecía a mín que o da ledicia non era tal.

    pobres home!

    biquiños.

    ResponderEliminar
  5. ¿E a medusa??

    Eso non se vale...

    Boeno. Pois non sei qué dicir deses buratos... que me poño birolla de miralos??

    ¿Definitivos?

    Gustábame máis o carballo.

    ResponderEliminar
  6. Aceptar los límites es sabiduría, en mi opinión. Lo de conformarse con lo que se tiene, depende de lo que se tiene!, pero jamás hay que perder el buen humor.
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Un matiz necesario:

    Resulta que hoxe sentinme seducido por unha foto para este post que xa tiña publicado e que capturei na pasada primaveira.
    Decidín cambiala cando non había comentarios, peeeeero resulta que o ollo é máis lento cos teclados e a cousa non pasou inadvertida para algunhas comentaristas.
    A imaxe da que falamos está aquí

    E agora seguiremos mirando polos buratos.

    ResponderEliminar
  8. Xa me parecía a min que vira outra cousa antes de cear, agora xa estaba a pensar que me pasara co viño, o grave é que non o bebín.
    Pois a min dáme moita magoa que lle pique o cu e non teña brazos para rañarse, pero ... non se decatou do afiadas que están algunhas pedras?. Mentres funcione a cabeza, non hai problema, sempre atoparemos algún recurso.
    Bicos

    ResponderEliminar
  9. Claro, se miramos dende lonxe só nos fixamos ou nos centramos nos buratos, pero se nos acercamos e miramos a través deles, a pespectiva cambia!!
    Esta historia que contas, Chousa, recordoume á cortametraxe "El circo de la mariposa", unha emotiva historia que nos amosa como un home que perde os dous brazos loita pola súa superación persoal e afronta con valor a adversidade para conseguir atopar o seu lugar no mundo:
    http://www.youtube.com/watch?v=BUBPX28_mAE&feature=related

    [Aquel carballo daba peniña; mais, coido que xa lle saíron unhas cantas póliñas:-), non si? Paréceme telo visto e todo...]

    ResponderEliminar
  10. uff, grazas pola aclaración sobre o carballo desaparecido! xa estaba pensando que a miña ida de olla era definitiva...

    ResponderEliminar
  11. A pouco que miremos ao noso carón, sempre atoparemos alguén que estea peor ca nós.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  12. Jajajjajajajaajjaj!


    Xa o din por ahí: non se anima quen non quere.

    Grazas por esta entrada de sorriso matutino :)

    Bico!

    ResponderEliminar
  13. jajajaja, bueno, creo que las cosas hay que tomarlas con algo de humor... por mi trabajo muchas veces me he encontrado con este tipo de situaciones, si...

    Besicos

    ResponderEliminar
  14. JUAS!!!

    Non sei porque demo sempre nos empeñamos en pensar que o que nos acontece a nos e o peor do mundo, ata que vemos que hai alguen que está peor ca nos. O malo e que a min preocupame o que sentimos logo, si ledicia por vernos millor que o outro ou recapacitamos e aprendemos a convivir reconvertendo a nosa pena nunha situacion normal...

    en fin...

    De todolos xeitos e sen que veña ao conto, deixachesme matinando neses exif que me apuntabas no meu blog, e... levame a imaxinar unha fermosa fotografia ao lusco-fusco ;)

    Equivocome???

    bicos a ISO 200 :)

    ResponderEliminar
  15. Esa si que é boa tristeza, non ter un nin como nin con que rañarse.

    ResponderEliminar
  16. As cousas non sempre son como parecen e sempre hai alguén pior ca un. Mirándoo desta maneira queixárémonos menos.

    ResponderEliminar
  17. Chousa o teu bo humor
    fainos botar o sorriso
    cómplice do esperpento
    cos dous buratos que
    agardan a primavera.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  18. Vaia chasco levei co final :).
    Bueno que sempre hai alguén está peor que un mesmo,que as apariencias engañan e que malos son os picores no tareseiro..
    Biquiños Chousa!!!

    ResponderEliminar
  19. Pobriño.
    E ademais non é cousa de pedir un favor. Eu creo que non llo facía, qué mala me sinto pero non, creo que non llo facía.

    ResponderEliminar
  20. Pensei que o segundo home íbanos dar unha lección de superación, pero non, quedei sen argumentos.
    É difícil ás veces ver o lado positivo pero hai que esforzarse, senón imos de cu!
    Mándoche un enlace cun vídeo relacionado co teu texto. É "A Historia de pepe":
    https://mail.google.com/mail/?ui=2&ik=714d880604&view=att&th=12d99a16c64efe6f&attid=0.1&disp=attd&realattid=94d7d18aed13f729_0.1&zw
    unha aperta.

    ResponderEliminar
  21. Eu diríalle ó primeiro home, ó que lle falta unha man, que hai que vivir máis o presente, disfrutando do que temos. Se pensamos no que non temos, ó final acabamos tamén sen ter presente...

    ResponderEliminar
  22. jajajaja Ademais da risa, saber darnos conta de que todo pode ser peor fará que nos queixemos menos das nosas penas

    ResponderEliminar
  23. Veo muy buen humor por estas latitudes y me alegra. Muchos saludos de Almería

    ResponderEliminar
  24. E despois de percatarnos do afortunad@s que somos por poder rascarnos alí onde máis nos pique, continuamos aturando as xeadas de xaneiro (que é cando teñen que vir).

    ResponderEliminar
  25. Boa comparanza para facernos meditar. A foto era melhor a do carballo podado. Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: