luns, 24 de xaneiro de 2011

Sede

Había quen pensaba que, cando poidese, ía ser o pintor que tinxiría de azul a nosa vida. E que o faría ben (hai xente para todo). Que era o máis idóneo para sacar as castañas do lume coa eficiencia da eficacia necesaria nestes mares abertos.
Había quen pensaba así; pero agora sabemos que unicamente é un paxaro sedento.

Foto: Paxaro con sede.

41 comentarios:

  1. Un paxaro sedento
    que non deixa de
    estar atento a procura
    da auga da vida, mellor así
    que non moverse
    porque xa se está agasallado.

    Bicos e apertas.

    ResponderEliminar
  2. Dibuxárono mal... os boitres no son tan bonitiños e mareiros.

    Biquiños desinspirados.

    ResponderEliminar
  3. Xa se sabe. As apariencias enganan. Case sempre. E de certos paxaros, mellor non fiarse moito, pois igual a súa sede soamente se pode saciar coa suor allea...

    Saudiños.

    ResponderEliminar
  4. Jajajaja estou segura de que hai xente no pp que ten pensado que unha gaviota non é o mellor paxaro identificador. E no outro bando tamen jajaja
    A foto coma sempre magnífica, pero dame a min que non foi en Antas onde a fixeches.

    ResponderEliminar
  5. Puede que no, puede que no... puede que la poética inicial sea la cierta... Pero el pájaro no quiere que se sepa. Muy bonito.

    ResponderEliminar
  6. O que dis, a túa reflexión podería levarse ao campo da política mesmo aos propios pintores, a eses persoeiros (homes e mulleres) que din calquer cousa pra chegar (ainda que non saiban onde).
    Pero tamén pode falar de alguén coma min ou ti, cheo de boas intencions que sempre semellan chegar.
    Podería ser tamén o "paxaro sedento" da hermosa foto.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  7. Polo que se oe ten sede de todo tipo, máis ca unha gaivota parece un morcego e por riba a cor azul, co fría que é esa cor, xa nos podemos preparar para os próximos invernos, mimadriña!!!.

    Bicos

    ResponderEliminar
  8. pero que pasa ho, que non vos enseñaron no catecismo resignación cristiá?

    Encántame esa foto azul. O azul da foo. Os dous azuis. As liñas rectas. O paxaro, pousado, rompendo as liñas.
    Gústame unha chea e iso q non é de Antas (Supoño)

    ResponderEliminar
  9. Pois supós ben, Zeltia: enseñáronnos resignación. Pero fai tanto tempo que...esqueceunos!
    E se non é Antas; quen se atreve a dicir onde tomei esta foto?.
    (Elegante novo avatar)

    ResponderEliminar
  10. Non é unha gaivota o que se ve aí?

    ResponderEliminar
  11. Tesnos que nos dar mais pistas Mr Chousa, porque pajarracos hainos en todalas esquiñas.

    ResponderEliminar
  12. Iso sempre foi así.A sede é o que move a eses paxaros..ninúnha outra motivación máis profunda.
    Biquiños !!!!

    ResponderEliminar
  13. Non me estraña que o paxaro teña sede con tanto mar salgado por diante... ou por detrás, que o moi cuco mira a cámara: sabe que a foto vai ser boa. :)

    ResponderEliminar
  14. Observo que te moves con diligencia tamen no medio marino Chousa. Eres un todoterreo. Menudo paxaro nos trouheches esta vez.
    E já que o paxaro di que é de Pontevedra, eu voto pola costa pontevedresa como lugar. Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  15. El azul y la gaviota en el balcón me recuerdan al PP:) que está, sea dicho de paso, sacar "las castañas del fuego"... Bonita foto!
    Bicos

    ResponderEliminar
  16. Hai que afinar máis, Carliños. Así non se vale!!!

    ResponderEliminar
  17. Un mar moi intenso. Un horizonte moi nítido e recto... Boa foto, sí señor.. Polas Rías Baixas a ubico eu tamén.
    Que para qué queremos paxaros... ¿Nos serás dos que pensas que os nenos os traen as cigüeñas?....

    jaja... ou como dicía unha amiguiña do reisiño esta mañán no cole, que ós seus pais non lle querían traer un irmanciño a gaivota...

    En fin. Hai moita sede polo mundo sí... Debe ser duro ser galego polo mundo adiante, "votando" de menos a auga... jaja

    Voto por mandarche un bico.
    Abre a urna.... que aí che vai...

    ResponderEliminar
  18. Qué foto tan chula, Chousa!!

    Me encanta la composición, la perfecta línea que separa el mar del cielo y el pajarito ahí, tan esquinado y a su bola y que termina de configurar la escena tan ricamente.

    Chula, chula.

    un biquiño

    (por cierto, yo no como palomitas en el cine, antes me como un zapato, ufffffffffff, no entiendo como la gente no puede pasar un rato sin comer con lo que me molesta el ruido de las dichosas palomitas, puafffffffff :)))))

    ResponderEliminar
  19. Que fotazo tio!!!!!. De concurso e para medalla.
    Claro que falando de quen falas, xa se me quitan as ganas :-(
    Muros-Noia quizais???

    ResponderEliminar
  20. Vaya Chousiña, pues si que es verdad que ambos enfocamos al mar, qué tendrá? ains... será el azul? El pájaro que yo enfoqué estaba volando sobre él y se lanzaba en picado a pescar... me encantaría ahora, ser ese pájaro y volver a ese mar joooooo que la montaña está muy bien pero me falta el azul...

    bcflts con morriña...;)

    ResponderEliminar
  21. No sé si lo he entendido bien, pero creo que muchas veces creemos que todo el mundo tiene un papel en la vida, cuando el papel nos lo ponemos nosotros... eso si que relaja

    Besicos

    ResponderEliminar
  22. Leo nun coment de un tal carlos m E já que o paxaro di que é de Pontevedra, eu voto pola costa pontevedresa como lugar. Saudos.Carlosm
    o paxaro di que é de pontevedra????
    onde K--- o di?

    eu tamén ía cara a ría de Noia,
    pero quizá se aproxime maís pitima, entón...
    amos amos! pera, que vou polo mapa!

    ResponderEliminar
  23. Pois eu voto por algún enclave no litoral da Rías Altas. Ese azul intenso e limpo...

    ResponderEliminar
  24. Como diría un andalusí, moito lerele e pouco larala. Non hai dios que se molle.
    Boeno, xa sei que é complexo. Que Galicia é un país con moita costa fermosa e azul (incluso polo sur, Harmonia jajaja); así que darei pistas.
    Recoñezo que é na provincia de Pontevedra e que -ademáis- está por debaixo da ría de Arousa. Incluso engadirei que alguén dixo desa zona que era onde mellores postas de sol se podían capturar...

    Fagan xogo, señoras e señores!

    ResponderEliminar
  25. Qué mágoa que sexa só un paxaro sedento, se en vez de lucrarse e enaltecer o ego uniran forzas! porque todos necesitamos de todos e non se dan conta, eficiencia, eficacia, onde ?
    coido que nin neste mar azulado nin noutro roxo crepuscular.
    bicos.
    PD-a foto preciosísima.

    ResponderEliminar
  26. Arríscome co lugar. Ría de Muros-Noia?

    ResponderEliminar
  27. A foto fermosísima de... A Lanzada??

    ResponderEliminar
  28. Isto 'e o que se chama un foto/texto. Xenial. Coma a foto.

    Setesoles de inc'ognito.

    ResponderEliminar
  29. As mellores postas de sol, dis?

    Será na Illa de Ons?

    en Vigo?

    O Grove?

    ResponderEliminar
  30. Harmonía: Pois vai ser que non. Gústanme moito as rías ALTAS, pero tamén me molan moitísimo as BAIXAS. Neste caso...para baixo debes camiñar, se queres atinar...

    AC: A túa idea do risco é moi medida, Anita. A ría que dis ten moita costa que nomear jajaja (Ollo, non digo que sexa nela eh!)

    Adiviñadora: Algo lanzados hai que ser sempre na vida, que senón...; pero neste caso, teño que dicirche que non é da Lanzada ese mar, non...

    Zeltia: Tres disparos fallidos (aínda que efectivamente hai boas postas de sol onde dis). Non andas lonxe de todo; peeeero non está no lugar.

    ResponderEliminar
  31. Pitima: Cerquiña!!!.
    Non pares, sigue sigue jajaja

    ResponderEliminar
  32. A Península do Morrazo?

    ResponderEliminar
  33. Adiviñadora: Pitima andivo moi cerquiña no seu pronóstico anterior, así que...había que baixar un chisco máis.

    Pitima: Entre A Guarda e Baiona, non che queda algo???

    ResponderEliminar
  34. Quilicuá!
    Moi pertiño do Faro Silleiro.
    Gañaches unha bolsiña de pistachos por atinar. Noraboa!!!

    ResponderEliminar
  35. Pois si que deches unha voltiña pra chegar ata alí. Á vista da imaxe está claro que pagou a pena.
    Saludos azulados

    ResponderEliminar
  36. eu nin sabía que existía Oia nin que cousa Oia é...
    e agora é moi tarde para mirar o google maps.

    Estou certa que te sentiches afortunado na túa felicidade serena fronte a ese inmenso azul tan, aparentemente, calmo.
    A vida, como o mar, ten momentos de placidez engañosa [e menos mal]

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: