Individuos solitarios cimbrean intencións; chiscando ollos, mollando beizos.
Expoñendo talentos, amosando posibilidades; exhibindo recursos, suxerindo aptitudes.
Tentando seducir, procurando embelesar; emitindo sinais que buscan un resultado descaradamente oculto e disimuladamente visible.
Na oscuridade do día e na lucería da noite, ese contínuo e reiterado baile de conquista, ese desfrebe reiterado de recursos, unicamente pretende a disolución da individualidade para confluir no outro ser tentador, desexado, atraínte, ansiado...
So para evitar onanismos bipersonais. Buscando o par.
Foto: Lascivia vexetal. Outono en Antas
Para qué imos a engañarnos? É máis divertido sendo par, polo menos.
ResponderEliminarAlégrame saber que coñeces tantos xeitos de seducir...
Bicos, amosando posibilidades
Fermosa e modernísima imaxe. Así estaban as dos meus carballos onte.
ResponderEliminarAmo esa lascivia e outras, sexan ou non vexetais.
O teu pensamento, como sempre, medio oculto ou medio asomado, case sempre sorprendente e de actualidade. Tan "chousa".
Bicos.
o par, o noso complemento, o ying o yang, o gordo e o fraco, asterix e obelix, tristán e isolda, romeo e xulieta, pinto e valdemoro...
ResponderEliminarbiquiños embelesadores,
Cando no estallido desa lucería
ResponderEliminarconseguimos namorar o outro
non importa perder un pouco desa individualidade porque o que foi
desexado compensa.
Biquiños
Encántame que sempre digas un par de cousas ben ditas.
ResponderEliminarE pensar que nunca se van poder bicar...
ResponderEliminar(Eu aquí co meu optimismo fulgurante a amolar.)
O par, depende de qué, non?
ResponderEliminarUn bon par de melóns
Un par de huevos
Un par de gillimemos
Un par de bicos pa ti.
Hoxe comenzo as clases de galego, espero escribir mellor a proxima volta.
"El amor no es sino la acuciante necesidad de sentirse con el otro, de pensarse con otro, de dejar de padecer la insoportable soledad del que se sabe vivo y condenado. Y así, buscamos en el otro no quien el otro es, sino una simple excusa para imaginar que hemos encontrado un alma gemela, un corazón capaz de palpitar en el silencio enloquecedor que media entre los latidos del nuestro, mientras corremos por la vida o la vida corre por nosotros hasta acabarnos"
ResponderEliminar(Bella y Oscura, Rosa Montero, 1993. Seix Barral, pag. 177)
Es increíble esta mujer y son increíbles sus palabras y reflexiones. Me pareció que a tu estupendo post le venía bien, no sé que pensarás tú, Chousa.
En fin, un regalo, besos de finde.
Necesitamos CONFLUIR.
ResponderEliminarTi dilo moi finamente (e pícaro tamen), pero hai moita verdade nas tuas palabras. Anque tamen sigua habendo impares. Bicos
Nisto da sedución acabao sempre por non crer nada, pois as máis das veces a ansiada recompensa decepciona máis ca a falla dela. E non sempre as cores conflúen e se mesturan.
ResponderEliminarSerá que unha ten outonos suficientes para non crer en nada concreto?
Que goces do outono na túa Chousa...
En Antas, perdón, por se errei respecto do centro xeográfico.
Bicos
Ultimamente oínlle a algúns citar a frase dun outro que seica era famoso... E que dicia algo así como que o ser humano sempre quere entrar nos demais, penetralo... En fin, xa nos entendemos. A frase viña a dicir que o artista era o único que non saia de sí mesmo, condición pola cal poderiamos intuir que non é humano.
ResponderEliminarA min pasame coma ti, eu quero ser humano ;D
Semella moito traballo todo ese desfebre de recursos:
ResponderEliminarcimbrear,
chiscar,
expoñer,
amosar,
exhibir,
suxerir,
seducir,
embelesar,
para buscar a disolución da individualidade.
Eu case mellor, non me quero disolver,
ainda que resulta moi tentador confluir noutro ser desexado, atraínte, ansiado...
debaixo da túa enxeñería semántica agóchase un post moi filosófico.
(bueno, até noutros posteos, aparentemente superficiales,se atopan reflexións profundas, sabendo bucear un pouco).
Esta vez teño que dicir algo da foto. Amplieina a pantalla completa, e parecía que me entraba na miña sala o ramallo do carballo coas duas landriñas!
grrrrr, sempre me esquece que non se pode ler o comentario e nunca me acorda que puxen!
ResponderEliminaragora acabóuseme o de suprimir os comentarios cando comento sen pensar no que digo, e ao velo cambio de idea! Isto é coma o directo, ché
Tamen poderia ser un par de mulas, de asnos, de borricos, hoxe en día estan moi de moda, con eso de preservar a especie,,por dicir algo.
ResponderEliminarPD. que conte que estoy a favor de esas campañas, no me gustaría que se perdiese por el mero hecho del cambio de usos y costumbres de la sociedad en que vivimos.
Vale,vale, ya se que me he desviado del tema, pero tamen semellan un par de ovos ou un par de pelotas ¿ou non?
É a chamada da especie a perpetuarse, que lle quere? E todo, todo, pero todo (economía incluída) deriva desa procura incesante.
ResponderEliminarO de confluir lembroume a Jorge Manrique, pero ti cando pensaches esto non estabas pensando tanto na desembocadura.
ResponderEliminarOs carvalhos de Antas son os mais verdes do mundo. Por eso ti tamben o es hahahaha. Saudos. Carlosm
Hay que saber estar en par y estar solo...
ResponderEliminarBesicos
Alís: O de "polo menos" pareceume moi axeitado, á vez que me provocou un amplo sorriso e me fixo pensar que debo buscar unha imaxe con tres landras, polo menos...
ResponderEliminarFonsilleda: É tan moderna a imaxe que cando a puxen aínda "botaba fume". Eu tamén gusto das lascivias todas, incluidas as vexetais.
Aldabra: Aínda que sexa un complemento parcial, a vida está chea de pares.Par de medias, de bicos, de lampreadas, de tetas, de...(ó dicir a última fóiseme calquera outra jajaja)
Pois xa viñera, e comentara, pero o erro 503 fixo a súa aparición, e non sabía se o comentario entrara ou non. Xa vexo que non...
ResponderEliminarDicía que o outono tamén ía chegando por aquí, que xa estaban a follas polo chan, os castiñeiros deixando os ourizos ó pé... Que xa pronto podemos facer o magosto...
Que as noites van conquistando os días. E agora, agora nos chegou toda a auga que non caira antes....
E qué ten de malo o onanismo ho...
Eu pensara que te convertira ós impares... aissss. Xa sabía eu que era só postureo... jaja
Un bico sen par.
Marisa: E que no estalido das lucerías é onde arrinca todo. A individualidade anda na procura daquel estalido "confluínte" e provocador. Sempre (boeno...mais ou menos sempre!!)
ResponderEliminarMariajesusparadela: A cabeciña non me da para mais que "un par". E mira que o intento eh; pero nada. Con todo, gústame que ti as veñas ver.
Supoño que por paradeladecoles tamén hai landras, máis que a pares, a moreas.
Sun Iou Miou: Para iso estou eu aquí: para equilibrar o teu "optimismo". Resulta que ti non te decataches da marabillosa acción do vento sobre os carballos; pois con eses refachos, elas aproveitan para bicarse e...quen sabe que mais!
Ana: Pois se empezaches hoxe as clases de galego, vouche poñer deberes: Igualiño que neste comentario, a partires de agora escribe na Chousa sempre en galego. E segue mandando bicos a pares. E non pares jajaja
ResponderEliminarGinebra: E que vou pensar eu se me aliñas as miñas torpes palabras coas ben artelladas da maestra Rosa Montero?. So animarte a que sigas vindo para non saberme nunca só e poder contar coa túa compañía.
A.C.: Nunca reneguei da imparidade e non o vou facer agora que xa logo estou superando a etapa da adolescencia...; pero non me negarás que "un par" sempre anima moito a cada compoñente; ou non?
Desde a gaiola: Non debe haber deepción para continuar na procura do par. O xogo (arte) da seducción ten moito que ver coa pesca. Hai que facer moitos lances para acadar un resultado óptimo. Sempre compensa.
ResponderEliminarJorge Cima de Vila: Introduciches (sin penetrar) un interesantísimo elemento na mesa, que me gustaría debater con profundidade (enténdaseme ben). Serán realmente os/as artistas tan inhumanos? E serano por estar enriba ou por baixo? (no se me entenda mal...)
Zeltia: Non te queres disolver, pero queres borrar/modificar/suprimir. Eso non vale!. Hai que pandar co dito. Ti querías que fosen as letras as que leva o vento, pero lolailo; aquí é xusto do revés jajaja.
Chus: Se falas de borricos nunca te desviarás do tema, muller jajajaja. Que din que estan en risco de desaparición (os burros); pero eu penso que é simplemente que mudan de forma: agora en troques de andar a catro patas, andan a dúas! :-)
ResponderEliminarKaplan: E nesa procura andamos, e nesa procura de búsqueda gastamos enerxía e tamén esforzos. Con ese tremendo gasto, en economía, persíguese a traslación á Conta de Resultados. Nestoutro eido, o que se persigue é que os resultados veñan a conta...
Carlosm: Os carballos de Antas son, ademáis dos máis verdes do mundo (verdor cinguido), os máis fortes, fermosos...ía dicir tamén listos, pero será pasarse un chisco ou?. E que como me comparaches con eles e -nin eles nin eu- temos avoas...
Belén: Certo!. Para ter posibilidades exitosas dentro do "par", cada individuo ten que saber estar consigo mesmo; despois...xa se verá como rulan as engranaxes do par.
ResponderEliminarBenvida ti e maila túa lingua rosa pola Chousa!
Pitima: Ese erro 503 voulle dar un par de bofetadas para que fuxa da Chousa, cajonatós.
E o onanismo non ten nada; ou seica non se pode practicar a pares?jajajaja. E que ten de malo o postureo?. Agora responde ti, que a pregunta quedou no teu tellado ;-)
Qué gracia, Chousa, xustamente en Erotómana diserto - a través da voz de Lipa- sobre un par tamén.
ResponderEliminarE eses dous capulliños ben me valerían para adornar o texto!
Susana Moo: Xa vexo que, dalgunha maneira, compartimos temática. Claro que eu son moito máis verde ca ti jajaja.
ResponderEliminar(Se consideras axeitados os "capulliños" para colocar a carón do machote, non tés mais que collelas)
Nunca vira unha definicion da palabra "par" tan ben exposta...
ResponderEliminar;)
Primeiro, a individualidade.
ResponderEliminarLogo... o medrar e compartir.
Saudiños, Chousa!
Claro que os onanismos se poden practicar de calqueira maneira, a pares, tríos... un só... Es tí quen di de evitalos no texto!! Ó mellor é que eu non entendo ben... que ás veces es demasiado elevado para o meu intelecto (xúroche que non é sarcasmo...). Acentúase a miña tara coa falla de atención que gasto últimamente, que xa se sabe que ás preñadas cústanos máis prestar atención, que andamos en Babia... jaja
ResponderEliminarO postureo ben para a foto... pero tamén pode considerarse unha hipocresía.. Que boeenoo, que sí, que todos practicamos o mesmo, eu a primeira... Habilidades sociais tamén lle chaman. Ou se cadra só é unha cuestión de imaxe. O par é máis simétrico e a xente non se asusta. Os impares chaman a atención, pero tamén dan medo, a ver de qué vai este que non ten par ningún...
Bico (que sexan dous, e así, co de antes, xa suman tres...)
Ao fin e ao cabo todos buscamos o mesmo, non?
ResponderEliminarSí que debe ser bonito o outono en Antas.
ResponderEliminarB.
B.N.C.Ch.
Xa que falades de onanismos.
ResponderEliminarChousa: que é exactamente o onanismo bipersoal que mencionas no texto?
Considero que ese último párrafo e decisivo para a comprensión do resto do texto.
(vaia por diante que asumo onanismo como sinónimo de masturbación, ainda que na wikipedia di que non, que o onanismo é o coitus interruptus)
grazas anticipadas.
halaaa... e agora temos de agradar um ano para ver os carvalhinhos! isto é como a fim de tempada das séries da tv!
ResponderEliminarbeijos
Merce: Pois un día destes vou ter que tentar definir "trío", que para o póker seica resulta moito máis rendible. Tamén tentarei xunar tres ourizos coas dúas landras para facer un full.
ResponderEliminarBen sei que teño unha débeda, pero esa teño que lograla cun farol... ;-)
Susi DelaTorre: Cultivar un ferrado para despois xa teremos donaire (e cintura) para poder sementar hectáreas.
Claro que a aprendizaxe empeza por un mesmo para despois trasladala "ó par". :-)
Pitima: Observo que ti tamén te decatas que realmente na foto hai TRES landras. Eu son a terceira. Verde non me falta jajaja. Outros dous bicos. Así xa son...cinco!
(Gústame como recolles o teu tellado!)
A Conxurada: É o que move o mundo!. Podemos adornalo, perfumalo, agochalo ou amosalo impúdico e crú; pero no fondo e na cima é a a esencia vital.
E ben que mola!
MartinAngelair: Xa non o lembras?. Se é así, deberías volver para comprobalo. :-)
LM: Agardar e velos como medran tamén é fermoso, ou non?
ResponderEliminarAgardar chiscos, alongando momentos, tamén pode resultar altamente gratificante, ou non?
Para lograr carballiños...haberá que ser de Ourense? jajaja
Bellotas gallegas, tiene su punto de originalidad ¿no? a lo mejor meto la pata y hay zonas en las que hay muchas, pero yo no las sitúo en territorio galaico ceibe.
ResponderEliminarPues..sí, Chousiña, no hay nada mejor que estar acompañado si se está mejor que solo. Pero es que solo se puede estar mejor que bien, así que subimos el listón y nos ponemos en situación.
En par se es MÁS, pero antes hay que serlo de forma individual.
biquiños
Individualmente, cada un deles é ben fermoso, a par sempre hai comparacións, si máis verde, se máis negro, se máis grande...É complicado ser dous. Bicos de aire
ResponderEliminarDúas landras pendendo da mesma pola....
ResponderEliminarbico
Zeltia: E logo ti que idea terás do que é, sin ter en conta wikipedias nin farrapos de gaita?
ResponderEliminar(Son galego, non o nego)
Frabisa: Ti non metes a pata, pero as "bellotas gallegas" sonche landras, e por estas terras do medio do país hainas a moreas neste tempo. Claro que moi ceibes non estamos, pero ás veces...un pouco si! jajaja
E concordo contigo en que, para lograr máis dentro do par, antes hai que cultivar a individualidade.
Maribel-bel: Boeno, muller, seguro que si que acontece iso das comparanzas (por iso puxen unha foto con landra negra e landra verde); pero non me negarás de -de cando en vez- "emparizarnos" moooola, ou non?
Anónimo: Teño a impresión de que sigues no post anterior. Tampouco é bo cavilar demasiado eh!
Zeltia! Ó mellor se refire a isto:
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=BwuSRXf7r9g
Pitima: ;-)
ResponderEliminarNo creo que sean torpes tus palabras, todo lo contrario... seguiré acompañándote hasta que, un buen día, decida irme del todo, pero antes pasaré a despedirme, por supuesto...
ResponderEliminarBesos, Chousa.
Yo pensé que esto era más propio de la primavera, pero veo que también del otoño, y seguro que del invierno, y no digamos nada del verano, jajajaja.
ResponderEliminarBesos, precioso.
Ginebra: Non esperaba menos.
ResponderEliminarIrene: O outono tamén trae froitos e ganas de...comelos! ;-)
Encantaríame saber con qué texto acompañarías unha imaxe con tres landras, polo menos... Sobre todo porque te penso escribindo cun amplo sorriso.
ResponderEliminar(jajaja, a palabra de verificación é eterna. Non grande, "eterna".)
Alís: Graciñas por verme sorrindo cando escribo. Atinaches. Pouco importan cantas landras sexan... :-)
ResponderEliminar