O castelo de naipes da marabilla económica esnaquizouse fai varios meses, sen trazas de mellora a curto prazo (que é como queremos as cousas agora). Durante unha tempada vendemos os becerros que ían parir unhas vacas que posteriormente abortaron , sairon marondas ou foron montadas por bois vasectomizados.
O caso é que agora temos as cortes cheas de vacas vellas, escasas de leite, sin posibilidade de preñar e os tratantes á porta preguntando polos xatos mercados con antelación.
Con este panorama cadaquén debe buscar un culpable se non quere poñer a soga no seu propio pescozo. Argumentar culpas será doado, xa que todos temos os pés mollados naquel trolleiro de ledicias e benvivir.
Porén pregúntome se, antes de entonar berros a través da microfonía da desesperación, non sería aconsellábel deterse un chisco a cavilar...
Foto: O pensador (para ser tan inactivo, está cachas de carallo)
¿e paréceche que eu cavilo pouco?
ResponderEliminarbiquiños,
Supoño que será culpa de todos en xeral e de ninguén en concreto.
ResponderEliminarNon creo que sexan tempos para "cavilar", parécenme máis de "cavar" e seguro que saímos cachas.
Creo que ultimamente ese tipo de
ResponderEliminarcavilacións son moi comúns.
Biquiños
intento 3
ResponderEliminarpois acabo de esibir un comentario caviloso, e isto dime error 503 que ven dicindo que o meu servidor está demasiado ocupado, vaia polas ánimas hoxe non é o meu dia de aparellos
Que ben se explica vostede, e canta razón ten!
ResponderEliminarTodos puxemos o carro antes que ós bois e agora, que?. Ninguén quere a culpa e eu digo, que algo teremos que ver todos, aínda que uns máis que outros.
Aldabra: Si si, pero ti sempre me andas cavilando como vas embelesar a Congo. E así non vale!
ResponderEliminarPaideleo: Se me dixeras antes a frase, aforraría espazo no texto e deixaba a foto de Rodin máis grande!!!
Marisa: Son comúns, pero pouco frecuentes. Xa vale de botar a culpa ó cabalo; que algunha vez hai que confesar que non sabemos montar, raio!
Zeltia: Pois xa ves, a tecnoloxía tamén falla. Matamos a Bill Gates ou miramos de reinstalar juindous por enésima vez?. Sonche cousas do progreso!
Dilaida: Sempre hai uns con máis culpa que outros. Ten razón. Pero gasear a quen estaba daquela matando os porcos para que todos fósemos facer os chourizos, tampouco é moi...decimos "ético", ou ferirá sensibilidades? jajaja
O mesmo de sempre, gastamos mais do que temos, e agora choramos...
ResponderEliminarCavilar = as contas que fago no mercado...
Bicos
Dinche por aí que a culpa non ten dono... Eu se che son sincero estou moi ben aqui en Cima de Vila... Onde ou a crise pareceu non chegar ou é que xa chegou fai moito tempo, como no rural en xeral. Aínda que a curto prazo me vai afectar a crise de todas todas... por esto de ter que buscar traballo...
ResponderEliminarPor razóns que non veñen ó caso, pero que non son as máis aparentes, sentinme moi identificada coas vacas.
ResponderEliminarNon sei, pero... fixéchesme cavilar moito.
Bicos, penso
Pois eu fago oídos xordos e xa está... Malo será que boten a porta abaixo non??
ResponderEliminarTampouco vendín eu moitos xatos por adiantado.... Merquei algún, pero non por adiantado, así que...
O que esté libre de culpa que tire a primeira pedra... pois aí vai... jajaja, como o outro...
Non me sinto eu moi culpable, non gastamos máis do que puidemos. A min as culpas me choven por outros lados... e ben me chegan...
Coas gafas estas faxion que me emprestou a Jennifer López síntome ben. Non juno nada, pero véxome ben, mira tí... jajaja. E o xesto de ter que colgalas na punta do nariz fai a mirada máis sexy ¿non? jajaja
Cavilar sí que cavilamos. As veces falamos antes de tempo, eso é verdade, pero cavilar, eu cavilo tamén... jaja
Bicos cachas
Víase vir. Levabamos, algúns maiores, moito tempo vaticinándoo, Claro que iso non alivia nada e agora hai que, pos iso, toca foderse.
ResponderEliminarO pensador é un bo exemplo do que hai que facer, antes de facer... E que, case nunca o facemos.
Bicos.
E, ainda para mais, quédanos moitísimo que cavilar...
ResponderEliminarO malo é cando te pos a cavilar e non che se ocurre nada, ou che se ocurre algo e como tes o poder tomas medidas contra os que menos culpa teñen de toda esta desfeita.
ResponderEliminarE despois pola outra banda están os intocables, os protexidos que pensan "deixa que chova que eu non me mollo".
Como diría o entrañable Miro Pereira da serie galega Pratos Combinados "hai que coller a escopeta".
Xa o di a miña mai: noites de moito rir, mañás de moito chorar. A alegoría é perfecta, Chousa, só lle apoño unha chata: os que non lograron os xatos e agora teñen as cortes como as teñen adoitan berrar, si, pero de enfado porque tiñan dereito a ter as mellores xovencas; se eles fixeron ben ou mal, iso non importa.
ResponderEliminarSí, yo también lo pienso.
ResponderEliminarMucha gente ha vivido en los mundos de yupi y ahora ha llegado el momento de ver la realidad.
Me retiro a cavilar un poco que me vendrá bien ¿hoy no es jornada de reflexión?
biquiños
Ana: Cavilar no mercado tampouco é nada doado. Entre a música de fondo, o ruido dos carros e o exceso de estímulos visuais...quen carallo da cavilado alí!!!
ResponderEliminarJorge Cima de Vila: Ninguén quere ser dono da culpa nin amo das súas consecuencias; pero todos queren ser verdugos dela. Qué curiosa coincidencia.
Alís: Moi preocupado me deixas. Cavilo e cavilo e non quero expoñer os resultados do meu cavilar sobre esa autoidentificación vacuna que tiveches. Menos mal que dis que non é polo máis aparente...
Pitima: Pero que atinada me estás, raio!. Incluso coas gafas faxion que hai que poñer na punta do nariz para ver ben.
Collín a pedra que tiraches, pero como estou moi áxil pareina estilo Casillas. Imos ver en que da esta feira na que se vendeu o que non había e mercouse o que ía vir...
(Tou filosófico)
Fonsilleda: Toca foderse e sen f..., que é o que máis jode (vaia redundancia do carallo me está saíndo!).
O caso é que agora hai que curar ó ferido para botarlle unha boa bronca despois...
Mariajesusparadela: Pero a Humanidade é moi xove, e temos moito tempo para elo; non lle parece?
Rula: Hai estilos que incluen o pensamento como exercicio físico activo. Non me digas que non os coñeces??? jajaja. Benvida.
Raposo: Pois fagámoslle caso a Miro Pereira e collamos a escopeta. Iso sí, con cartuchos de fogueo, non vaiamos mancar a alguén...
Kaplan: Súa nai tiña razón. O que pasa é que cando andamos de festa quen carallo se acorda de que hai que madrugar.
Confiemos en volver a ter xovencas para reiniciar o ciclo. Non lle hai outra, créame.
Frabisa: Ós mundos de yupi, si señora. Ese era o sitio onde había que mandar a uns cantos jalopíns que seguiron muxindo na vaca cando sabían que xa non tiña mais leite.
Reflexionemos xuntos.
Pois xa temos a desfeita diante, agora si que compre cavilar como sair desta....é o máis necesario.
ResponderEliminarBiquiños
Non se xa o digo eu, cando o chousa ponse a cavilar, bótanos todos a tremer.
ResponderEliminarO que mais me amola e iso de que as vacas foron montadas por bois vasectomizados, eso deume moitísimo para cavilar. Teño a pedra na man para lanzarlla ao que tivo esa idea...
Por más que pienso lo único que me viene a la cabeza son pensamientos negros, a veces veo una luz allá a lo lejos, en un horizonte muy pero que muy lejano.
ResponderEliminarBiquiños, Chousa.
Desde luego en este país somos únicospara buscar culpables sin vernos a nosotros mismos primeros...
ResponderEliminary así nos luce el pelo
Bicos
Pobres dos cidadáns de a pé. Os peixes gordos nunca pagan as contas ;-)
ResponderEliminarPor certo, tes toda a razón: nunca está de máis cavilar.
Unha aperta dende o cu do mundo ;-)
Antón.
Bueno, eu penso que hai alguns que non deberan cavilar mais, xa mellor que paren que senon non sei que vai ser de nos.
ResponderEliminarOutros, nunca sabran o que e cavilar... as neuronas non dan para tanto!
E os que poden cavilar, estan fartos das cavilacions dos primeiros e dos ocos na materia gris dos segundos.
Eu voto xa directamente ou polo licor-café ou polo ioga...
bicos
Si, ante o castelo esnaquizado, cavilar será pouco. Teremos que pornos a reflexionar, discurrir, rumiar, elucubrar, reconcentrar, e podía seguir citando sinónimos... Despois de pensar e meditar haberá que intentar reconstruír o castelo, non nos queda outra!!
ResponderEliminarBolboreteira: Pois cavilaremos en como saír; que para entrar foi ben doadiño! ;-)).
ResponderEliminarSusana Moo: Muller, non lle vexas so o lado negativo. Poda que lle cortasen os canais ó boi co único fin de disfrutar da cópula; ou non?
Irene: Seguiremos esa luz que se ve lonxe neste momento; xa verás como acadamos outra vez a saída do túnel.
Ginebra: Xustamente; aquí vese a palla no ollo alleo e custa moitísimio decatarse da tremenda viga que temos no propio. Será cuestión de ir ó oculista?
Antón de Muros: Os peixes gordos mergúllanse nas profundidades para non percibir os efectos da tempestade na superficie. Xa nos teñen afeitos.Apertas dende as orellas do Cosmos.
Merce: Menos mal que tiñamos unha ourensá para sacar o licorcafé, carallo!; que tanto chorar xa me tiña os ollos cocidos raio. Veña, vai poñendo unha ronda de chupitos, que desta pago eu.
Harmonía: Construiremos castelos de novo e faremos revoltas irmandiñas para volver a tiralos. A vida segue e nós temos ganas de baile; así que...que non pare a música! (Son os efectos do licor café de Merce :-))