martes, 5 de outubro de 2010

Dentada

Seica non corren bós tempos para quen ostenta o goberno.
Na bota mediterránea, pártenlle os dentes ó seu cavaliere, ó outro lado dos Pirineos din que o que durme coa modelo meteuse nun lío que somente un payo podería facer, nas illas da súa graciosa maxestade (contará chistes?), teñen unha ensalada no goberno que nin con vinagre se aliña.
E contan que aló por Madrid seica lle deron unha dentada no corazón ó rapaz de Valladolid criado en León, por mor dunha malagueña que quería subirse a un madroño para contemplar un oso que ten unha tal Aguirre, grande de España...
Que cousas!. Sendo tan nocivo, como parece que é, pregúntome que clase de vacina se inocularían os políticos para continuar facendo paellas.

Foto: Dentellada cardíaca na mazá de Antas

28 comentarios:

  1. Jajajajaja vacina?, non creo que exista.
    Quizá os que teriamos que vacinarnos seriamos os "do montón".
    Bo paseo pola "xeografía" dunha clase política ben tocada do á. Bo, á e algo máis. E posiblemente deixácheste xeografía...
    De paso que fago repaso ás últimas noticias, divírtome coa túa forma de expolas.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Morder... ser mordido... o hacer una rica tarta con los ingredientes? o...
    ufff será por opciones? malo que a veces nos conformamos con lo primero que se nos pone delante y así nos va...

    bcfles ñam ñam

    ResponderEliminar
  3. Algo ten o poder que todos se matan por él. Non sei o que será, pero sexa o que sexa creo que non é algo que che faga ser mellor persoa ou será que os que loitan por él xa non son trigo limpo...Non sei que será antes o ovo ou a pita.

    ResponderEliminar
  4. O Cavaliere tén a cara e os dentes moi duros, noncreo que llos dean partido (aínda así ten diñeiro de sobra para repoñelos).
    A quen ultimamente non lle sae nada ben e a Zapatero, pobriño il.
    O mellor a vacina está na paella en si porque mira que chove corrupción por Camps e arredores, pero estes como si nada. Ou é cousa de meigas ou ós votantes mediterráneos gústanlle os corruptos, que tamén podería ser!

    ResponderEliminar
  5. É millor non meterse nese mundo da política.
    Por certo,habería que facer un concurso de trabadas de mazá que quedou mui xeitosa esta.

    ResponderEliminar
  6. Chousa!
    Deches ti ese bocado?, meu!
    Pero pero pero,... ti es o lobo feroz!!

    ResponderEliminar
  7. Non fan paellas nin paeles, desgraciadamente fan para nós, (Para nos amolar ben).
    Non sei ben se é unha mazá ou unha pera, semella mazá, sexa o que sexa, eu tamén lle daba una dentada boa que se ti a comes con monda é que non ten pesticidas...

    ResponderEliminar
  8. Fonsilleda: Deixei xeografía, deixei. Pero foi por ser breve, que do asunto habería para un post enciclopédico!

    CriS: Entre morder e ser obxecto de mordisquiños, case non sabería con cal opción quedarme. Pregúntome se é posible intercalar...

    Bolboreteira: Ten que ser a denominada "erótica do poder", aínda que a estas alturas xa case podemos deixar de lado eufemismos e dicir que é pola "retórica do foder"! jajaja

    Raposo: Non lle están a sair ben as cousas a Zapatero, non. E dame o corpo que algunhas decisións que se ve na obriga de tomar non fan máis que anchearlle o camiño á Moncloa a quen non o faría mellor...

    Paideleo: Mellor non meterse, tés razón; pero ás veces é imposible substraerse dalgunhas cousas.
    No tocante ó concurso de trabadas de mazá, eu xa presento esta miña.

    Susana Moo: Fun eu, fun. Non me dirás que ti, na vida real, eres Carapuchiña Vermella!.
    É importante ter boa dentamia para morder ben; non che parece?

    mariajesusparadela: Atinaches. Está libre de solfatos e pesticidas, recén collida da mazaira. Se che digo de certo, estaba algo verde aínda pero sabe que namora!.

    ResponderEliminar
  9. ¿ Paellas? Eu cría que o que facían os políticos eran pellas.....

    ResponderEliminar
  10. E posible... ;)

    ja ja verificación de palabra: "propin" que en madrillego viene a decir: "propina", decidido! je je
    asi que bcfts de propina!

    ResponderEliminar
  11. Sonche doutra raza...

    Arenosa e verde. A min gústanme máis as Royal Gala, ou as Pink Lady, máis xugosiñas e coloradas...

    O pecado orixinal...
    Agora, que son tantos os pecados e mailos pecadores, parece que queremos volver a empezar coa inocencia aquela, ¿qué será aquelo que colga da árbore do ben e do mal? ¿unha serpe?.. Mira mira.. parece que quere falar... shsss

    Bicos mordidos, pero sin gusano..

    ResponderEliminar
  12. Moitas mazás coma esa que estás a comer e o que necesitamos e os políticos que os zurzan a todos, foron todos cortados polo mesmo patrón.
    Bicos

    ResponderEliminar
  13. Olvidouseche a "Chincholina", esa e a cura de todos os seus males, nin modelo, nin festas nin na de na tí ben sabes que duas tetas valen mais que duas carretas
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  14. Blogboreta: Estou seguro de que, tamén os políticos, percorren a lista das vogais todas coa palabra P_LLAS. ;-). Aínda que ben pensado igual quedan cansos de tanto que nos f... a todos.

    Pitima: Como non podía ser doutro xeito, pillaches a onda da mazá como símbolo da tentación. E xa que traes tamén o tema dos pecados; será que os políticos síntense todos tentados a pecar?.

    Rula: Temos que defendernos das súas accións, que inciden na nosa vida cotiá. Pero tamén é certo que necesitamos xestores. Claro que o que cumpría é que fosen bós xestores e...vaia polas ánimas!

    Dilaida: Ou maléanse ó chegar a "pisar moqueta", Dilaida. Ou engúleos o sistema; o certo é que ó pouco de chegar empezan a cantar unha cantiga moi similar.

    Chus: Non deas ideas, que xa estou vendo eu a certas "persoeiriñas" apuntándose en listas electorais por estes lares. A algunha xa lle andan quentando as orellas co de "terceira forza". Manda carallo

    ResponderEliminar
  15. Coido que xa estamos
    vacinados e curados
    de espantos.

    A chanchada quedouche
    perfecta.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  16. á pregunta que te fas:
    o que se meten os políticos en vena é adrenalina.

    pitima eu tamén das royal gala, [antes prefería granny smith]

    ResponderEliminar
  17. Nunca nos puede fallar la ironía. Es un espejo deformante (o formante) que permite verlo todo desde una nueva perspectiva. Muy bueno.

    ResponderEliminar
  18. Ai, meu amigo, o poder, o mandar, o mangonear (como queira chamarlle) primeiro para cambiar o mundo, logo para tapar o que haxa que tapar, e por último polo costume. Aí o ten: a historia máis vella do mundo.

    ResponderEliminar
  19. Eses son mordiscos ben dados, si señor.
    Dos politicos, mellor non digo nada. Bicos

    ResponderEliminar
  20. Marisa: E que teño moito arte mordendo!. E, boeno, a mazá -aínda que é de "palleiro"- sabe moiiii ben.

    Zeltia: Pois debe ser cara a adrenalina que se chutan, que nos está costando un "pico" costeárllela!

    Eastriver: O día que a ironía/retranca nos falle...malo!. Seguiremos mordendo mazás, aínda que o debuxo que fagan os dentes non sexan corazóns.

    Kaplan: Pois chéirame (nunca mellor dito) que ten vostede razón. Noutro caso non lle acabo de atopar o rabiño á mazá esta...

    Blogboreta: E ás pillas díselles pillas...

    A.C.: Son un artista do mordisco, o que pasa é que este arte aínda non está recoñecido como disciplina olímpica, que senón...

    ResponderEliminar
  21. Hoxe recollín as poucas mazás que quedaban na mazaira para que esa borrasca atlántica non acabe por amazucarmas no chan.

    ResponderEliminar
  22. A mi, lo que realmente me gustaría más, es que le quitasen el oso de una puñetera vez a una tal Aguirre.
    Yo, últimamente, tengo debilidad por lo malagueño, ya viste mi entrada, sin olvidar, ni por un momento, lo galleguiño, que lo llevo en mi corazón y mi hijo en su sangre.
    Moitos biquiños, Chousa.

    ResponderEliminar
  23. Medo me dan eses dentes si dunha sóa dentada deixan a mazá dese xeito... (tamén algo de envexa?).

    Gracias polas noticias. Lerte foi como ver Informe Semanal

    Bicos sen morder

    ResponderEliminar
  24. Irene: Tamén poidera ser que acabe por darlle unha detellada o oso á tal Aguirre. Non desesperemos...

    Alís: Boeno, muller...todo hai que poñelo na súa xusta medida. Teño boas "palas"; pero o certo é que a mazá era pequerruca.

    ResponderEliminar
  25. jajajaja!!!! Xenial, xenial.

    bicos cansos, pero bicos, despois de todo.

    ResponderEliminar
  26. A Conxurada: Un día terei que probar os "bicos cansos"; que non sei que que saberán.

    ResponderEliminar
  27. Pois non son os mellores, porque non é que se dean sen ganas pero sí son menos efusivos.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: