sábado, 19 de xuño de 2010

Descaro

Pouquiño a pouco ímonos mirando no espello global para copiar tendencias, asumir costumes e propagar ideas. A permeabilidade de cada quén vaise facendo máis mol na medida na que aumenta a exposición ás reiteradas mensaxes que chegan por tdt, adsl, fm e incluso un xurásico medio chamado prensa escrita.
Todos, sen excepción, disparan estímulos de todo tipo, co fin de incidir na nosa capacidade de elección, decisión e acción.
Con tantos recursos que empregan, hai que confesar que en moitas ocasións logran os obxectivos con óptimos niveis de eficacia.
Pero ás veces atópanse con individuos de rompe e racha, que non hai campaña que os penetre nin mensaxe que lles incida.
Son xente coas ideas claras e de principios firmes, que asumen a posibilidade de cascar, antes que verse influidos de xeito tan descarado. E non o fan por unha cuestión hormonal, senón por convencemento...

Foto: Ovo distinto da mesma galiña

31 comentarios:

  1. E aínda que están dispostos a casacar, o certo é que as acometidas van facendo a súa casca máis resistente, máis forte; vai conformándose de xeito distinto e unha mañá, cando alguén a mira a través do visor, descobre que non ten a apariencia do resto, que é diferente, que logrou facerse coa distinción que o pensamento libre enguedella no tempo.

    ResponderEliminar
  2. si, sí, pero co disfraz de "ideas claras e de principios firmes", moitas veces escóndese xente teimuda, estreita de miras, aferrada as súas inmutables ideas, inmobilista, cativa, e incapaz de ver nada bo lonxe dos seus custodiados reductos.
    Compre unha boa lupa para distinguilos, porque coma o camaleón camúflanse no medio deses que ensalzas tí.

    o ovo ese da unha grima que mete medo

    ResponderEliminar
  3. Hai muito lobo vestido de ovella e pataca vella de ovo.

    ResponderEliminar
  4. O descaro é de quen, sendo permeable ás tendencias, garda a esencia do que é e vive con ela, con orgullo.
    Ser unha persoa de "rompe e racha" non é doado. Pérdense moitas cousas no camiño, ata se perden hormonas. Pero é unha ledicia moi grande darse conta de que, aínda coa pel enrugada e mate, coas hormonas transformadas, a esencia permanece, xusto alí, onde as tdts, adsls, mns, fms, facebooks, tuentis e prensas escritas queren facer o niño, sen conseguilo. Ese é o reto.

    A codia pode que se vexa deteriorada, pero a xema segue sendo espesa, amarela e nutritiva..
    E a clara... Ai, a clara! Para o mellor merengue! Cun pouco de azucre, unha pinga de zume de limón ou de vinagre e unha areíña de sal, montada con calma e agarimo... Firme, esponxosa e inmaculada! Das que non caen do caneco, oes! Nin perden a brancura!
    Gústame a perfección, pero teño debilidade polas cousas imperfectas. Que lle queres?

    Biquiños, Chousa. Un pracer.

    ResponderEliminar
  5. Chousa: sempre che preguntamos sobre a questión de se primeiro é o ovo ou a galinha (post ou image). Nesta ocasión non podes deixar pasar a oportunidade de facernolo saber.
    A min ponseme o cu erizado so de pensar que tenho que "poñer" ese ovo enrugado. Saudos. Carlosm

    ResponderEliminar
  6. Ese ovo da que pensar,
    custa crer que sexa
    tan distinto,se se casca
    creo que o contido será
    o mesmo, pero se se choca
    poida que saia un pitiño
    con ideas propias.

    Sempre atopas cousas
    ben curiosas.

    Unha aperta grande.

    ResponderEliminar
  7. Xenevra: Xustiño. Arriscarse a cascar (no bo senso...) conleva -se non cascas- a facer acopio de durezas que te tornan máis invulnerable. Fritido sabía igual co outro eh!

    Zeltia: Para distinguilos eu levo unha lupa en cada ollo.
    Non te asustes do ovo, que a pita -despois de "poñelo" cantou coma se nada.

    MariaJesusParadela: Se vostede vise a galiña poñedora quedaría abraiada que de cu tan pequeno saise óvalo tan superior. Todo debe ser por virtude da dilatación...:-)

    Paideleo: Hai moito entroido no verán, si; pero non me sexa vostede mal pensado; que desta vez non hai trampa nin cartón. O ovo é tan imperfectamente perfecto como se pode ver. Iso si, despois acompañeino con patacas. Novas, que das vellas xa non quedan.

    Nena do Paraugas: Xa sabía eu que alguén ía aludir á importancia do interior. Por iso tiña preparada a tixola con aceite quente para, unha vez cascado, botalo con xema e clara a fritir. Non houbo diferenzas cos seus "irmáns". Clariña unha e mareliña a outra.

    Carlosm: Está claro que desta vez o primeiro foi a xema, despois a clara, despois a casca mamiña e logo esa pel calcárea que a ti che fai poñer o cu...xa nos explicarás como é un cu "erizado" jajaja.

    Marisa: Certamente por dentro era igualiño; pero non me negarás que o envoltorio tamén conta. Poda que todos os calvos sexan iguais por dentro, incluso poden semellarse ós que temos pelo; pero non os imor fritir a todos para sabelo, ou? ;-)

    ResponderEliminar
  8. ¿E non esfurricou a pobre?? É grande...


    Aisss

    Ese é doado de distinguir, distinto, non engana.... Pero entre todos eses uniformados que ten a carón haiche moito disfraz... dígocho eu...

    Máis cedo o máis tarde hai que cascalos e quén sabe cantas sorpresas non gardarán aí dentro

    Outro bico. Eu penso que xa chegan para una tortilla... jaja

    ResponderEliminar
  9. Pitima: As mamás sempre pensando nas dificultades do alumeamento...jajaja. Pois xúroche que a pita botou unha parrafada cantarina despois de "parilo".
    Vou facer unha tortilla de bicos logo. Poñereilles sal?

    ResponderEliminar
  10. Moi interesante blogue o que atopei este domingo con catarro. Volverei con mais calma para non tusir sobre as magníficas imaxes e mollar os ben pergreñados posteos.
    Bo proveito con ese ovo singular, señor Chousa.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  11. Que curioso....penso que nunca vira un ovo coma ese.....parece que vai a ser flexíbel se o colles...

    ResponderEliminar
  12. Admiro enormemente a todos esos que no se dejan embaucar, que son fieles a sus principios, pero también a los que son capaces de ser objetivos y no demasiado radicales, a veces algunos cambios pueden ser válidos y provechosos, hay que saber, sobre todo, seleccionar la información.
    Me encanta, jajaja, "un jurásico medio llamado prensa escrita".
    Moitos biquiños, Chousa.

    ResponderEliminar
  13. Y es precisamente por esos individuos que asumen a posibilidade de cascar antes que verse influidos, por lo que el mundo no es tan estúpidamente homogéneo y uniforme. Son esos hombres de conciencia o de principios los que nos salvan de ser un ejército de borregos dispuestos a copiar tendencias, como dices.

    Está claro que la globalización no es positiva ni en el aspecto económico ni en el cultural, la homogeneización se prefiere a la pluralidad cultural, pero es un gran error!!!!!creo que nos idiotizamos a la velocidad del ADSL:))))
    Te dejo besos
    p.d. oye, ese huevo no tiene buena pinta (aunque sea diferente) no te lo comas que te puede dar una salmonelosis,niño!!! que ahora con los calores estivales,ya sabes!!!. Muaaaa

    ResponderEliminar
  14. Ya puedes decir lo que tu quieras, chousa, pero esto que dices es una cuestión de wevos jejeje
    Saludos de un gallego en Madrid

    ResponderEliminar
  15. Jajaja! gustoume moito a túa exposición, está claro que este ovo non entra dentro da "uniformidade". Xa de pequeniños empezan coa teima de enmarcarnos dentro dos percentiles "normais", pero porqué ese afán de meternos a todos no mesmo saco, sen que ninguen se escape do grupo. Eu estou moi de acordo co dito de "na variedade está o gusto", así que... ¡bravo por ise ovo... simplemente distinto!

    Xa collín a miña porción da tortilla de bicos, deixoche un cachiño para ti tamén ;)

    ResponderEliminar
  16. Pois falando de huevos, compre telos ben grandes para atreverse a comer ese da foto!
    non che creo que o comeses

    (outra variedade de "ser diferentes" son eses e esas cunha certa personalidade histriónica. ah e non esquezamos aquilo de "antes muerta que sencilla"... humm hai tanto afán de notoriedade disfrazado de ovo deforme...)

    ResponderEliminar
  17. Compre non esquecer que da mesma pita poden saír ovos distintos, e que tamén poden ser distintos ó longo da súa vida... sin medos.

    (Despóis de parir a todas nos quedan claras as virtudes da dilatación... Deberíadelo probar).

    Bicos distintos

    ResponderEliminar
  18. ¡Vaia ovo!. Pobriño, rodeado de tanta perfección e a pesar de todo, demostrando a firmeza e independencia de carácter e forma. Haberá que admiralo, aí, tan digno.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  19. Pois eu penso que cada quen é libre de cagar o ovo da forma que lle dea a gana, alguén ten que empezar rompendo o establecido, o que che marcan e se che chaman louco só é por envexa, porque eles non teñen ovos a facer o mesmo.

    ResponderEliminar
  20. Afundíchesme.
    Resulta que mirei a foto, e pensei para min: qué ASCO de ovo!
    E logo leo a túa reflexión e me sinto unha intolerante. Actuei coma os patos malos do conto do patiño feo.
    Mira que si vai ser o ovo dun cisne!

    ResponderEliminar
  21. Ninguén é unha illa en si mesmo... así que non queda outra que manter o tipo e ir acollendo os continuos bombardeos como mellor se poida... Ou se rexeitan ou se asumen, na medida do posible.

    Bico!

    ResponderEliminar
  22. Sempre algo vai calando e traspasa a cáscara ainda que se tenta resistir no posible.Tes razón que hai que ter uns principios firmes para poder resistir.
    Bicos

    ResponderEliminar
  23. Chousa, ¿realmente crees que hay personas que son infalibles a la presión publicitaria que hay en todas partes donde vayas, incluso tu propia casa? yo creo que no.

    Y si me pongo a reflexionar me gustaría pensar que estoy por encima de las "tendencias" de los mensajes encubiertos,etc. etc. pero me llegan un par de segundos más para darme cuenta que eso no es cierto, que sucumbo en algún momento como la mayoría.

    Y el que no lo hace, a lo mejor es porque su rigidez mental no se lo permite pero tampoco será permeable para lo bueno.
    Me gusta el tema, jajjaja.

    biquiños

    (bárbara la foto, muy simpática)

    ResponderEliminar
  24. Algunhas veces tanta diferenza pode amolar e até tira para atrás. A foto é un exemplo: eu daria moitas voltas antes de comer ese ovo; que eu chamaría raro e non diferente.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  25. Trasno: Confío en que a estas alturas o catarro minguase de xeito inversamente proporcional ó que che gustou a túa visita á Chousa. Un pracer.

    Hadex: Pois non era flexible, non. Incluso diría que a casca era máis dura do habitual...

    Irene: Hai algúns integrantes da prensa escrita que semellan anteriores ó xurásico; á que si? :-)

    Filoxera: Así ben sendo.Cando é...Beijo de San Xoán.

    Ginebra: A túa advertencia chegou tarde. Xa o comera. Iso si, non sen antes diluilo entre outros tres compañeiros de rulada. Non se notou nadiña a súa presenza. Ao final acabou sendo un ovo globalizado. Tan digno e arrugado él jajaja

    Rocío: Eu aplaudinlle tanto, que cascou e deixoume ver que clariña tiña a clara (vai ter que valer a redundancia), e que mareliña a xema...

    Zeltia: E logo ti se sabes que eu ando con muletas e teño un ollo mirando a Sada e outro a Camariñas xa non volves á Chousa ou?

    Alís: Recoñezo que vos teño envexa por parir; pero xúroche que non teño ningunhas ganas de dilatarme tanto como para desprenderme dun...(ovo) jajajaja

    Fonsilleda: Para o único que lle valeu a súa dignidade "overil" foi para sair no blog dun traballador da pedra galego. Despois...á tixola coma os outros!

    Dilaida: Encantoume a túa reflexión. O de non ter ovos para poñer ovos distintos é sublime!!.

    Susana Moo: Pásanos a todos, ti tranquila. Iso sí, neste caso asegúroche que era dunha pita. O que nunca poderemos saber é se sairía unha boa pola ou non...

    Rula: Eso que dis da cabeza...tamén se aplica a outras partes do corpo. Faime caso ;-)

    A do outro lado da xanela: E así, rexeitando e asumindo, ímola virando mentras facemos tortillas con ovos iguais ou diferentes.

    São : Por sempre, viva!!!

    Bolboreteira: Boh, si que é certo; pero ...agora que non nos escoita ninguén, direiche que ás veces resistir moito é unha parvadiña...jajaja

    Frabisa: Non creo que as haxa, non. De feito penso con seguridade que non existen; pero como idea non estaba mal ou?. Ademáis...a ver qué carallo escribía eu con un ovo así...

    Kaplan: Penso que xa pasou o período no que me podería ter matado; así que podo asegurar que comer ovos enrrugados non mata (e tampouco engordei moito dende aquela!).

    ---


    Vou concluir que, ademáis de ter ovos (de pita), son un valente -case redundante- por papalo sen darlle máis voltas das que houbo que darlle co garfo para batelos.
    Gústame a idea, así que de agora en diante considerareime un valente.
    E continuamos a ver se a pita rubia puxo estes días algo no niño.

    ResponderEliminar
  26. mmmm e non sei polo que vaiseme a cabeciña onda aqueles que queren ser distintos a toda costa. Modas novas, costumes inxertados doutras culturas co fin de semellar diferente... aaaiiii vaiseme a testa... jajajaja

    bicos

    e...

    se fora de ouro??? ;)

    ResponderEliminar
  27. Merce: Hai algunhas cousas que teñen moito máis valor na medida na que non cotizan en mercados organizados...;-). Ou non?

    ResponderEliminar
  28. non hai dous ovos iguais, imposible pero aínda que sexan moi parecidos ou casi iguais, cada un casca á sua maneira.

    biquiños,

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: