Zafra para tornear barrotes, cincel para labrar pedras e agullas para tecer liño.
Seica son precisas ferramentas que evocan suplicio para amosar fermosura na porte e delicadeza na exhibición.
Porén, mentras observemos con deleite a perfección das aristas pétreas e o engarce axeitado do metal que se clava nas entrañas graníticas, protexendo o delicadísimo encaixe branco; non deberíamos obviar o lume na forxa, as chispas arrincadas á pedra nin as gotiñas de sangue que -de seguro- afloraron nos dedos feridos pola espita tecedora manexada por mans suaves...
Protexemos do exterior con sete candados o prezado lenzo; sen decatarnos que por onde máis riscos o atenazan adoita ser pola retagarda.
Seica son precisas ferramentas que evocan suplicio para amosar fermosura na porte e delicadeza na exhibición.
Porén, mentras observemos con deleite a perfección das aristas pétreas e o engarce axeitado do metal que se clava nas entrañas graníticas, protexendo o delicadísimo encaixe branco; non deberíamos obviar o lume na forxa, as chispas arrincadas á pedra nin as gotiñas de sangue que -de seguro- afloraron nos dedos feridos pola espita tecedora manexada por mans suaves...
Protexemos do exterior con sete candados o prezado lenzo; sen decatarnos que por onde máis riscos o atenazan adoita ser pola retagarda.
Foto: Mosteiro de Aciveiro. A 40 km de Antas de Ulla
Non esquecín o cristal, que fai unha boa labor, ocultando humedades, e impedindo aireación [que xa non sei se é de todo bo ou malo de todo...sen negarlle beleza]; so que quixen facer "así coma quen" que non o vira. E que tiña tan clavado o ollo no encaixe que, mesmo semellaba que o monumento era él e mailo que agochaba...
ResponderEliminarSabia observación. Abofé que si.
ResponderEliminarA retagarda adoita ser un punto débil, ás veces, para quen non manexa ben as estratexias de achegamento e non é quen de ver no detalle dos humildes lenzos a magnitude da dor coa que se elabora o conxunto.
Biquiños de domingo, Chousa.
E por non protejer ajeitadamente as retagardas hai mas poboaçom mundial hahaha.
ResponderEliminarJá te vejo a ti facendo fotos os tragaluces mentras todo o persoal retrata cruceiros e columnatas dóricas. Tanto che gustan os encaijes que nin mirando pedras os podes "obviar", pillaban?.
Saudos. Carlosm
Moita razón che vexo na reflexión que fas, pero pregúntome que che fai pensar que o encaixe non terá protexida tamen a retagarda. Nos tempos que corren hai que protexerse por todos lados.
ResponderEliminarBicos
BOA OBSERBACIÓN, CANTO TRABALLO EN TAN POUCO ESPAZO
ResponderEliminarSaúdos
Avoa Cris
Creo que la retaguardia, a veces, puede "darnos dolores de cabeza", si se ha descuidado como dices muy sibilinamente en tu post:)))
ResponderEliminarBonita ventana granítica con barrotes y cortina de hilo hecha a mano.
Muy interesante también el enlace de Antas de Ulla, he curioseado por su origen e historia:)))) Besos
a verdade é que chama a atención unha cortina de encaixe e por riba unhas rexas.
ResponderEliminare penso que a beleza, as veces, ponse por riba das cousas feas.
e a pesares das rexas, nunca estamos a salvo de todo.
bicos,
E por que non podemos pensar que tras a fermosa bambinela se atopa unha xulieta agardando ao seu romeo?
ResponderEliminarNunha ocasión estaba eu paletizando baldosas de granito e comezaron a sangrarme as mans. Non parei pero tampouco limpei o sangue da pedra para que o destinatario saiba que todo costa traballo e sufrimento.
ResponderEliminarValoro e admiro as obras traballadas en ferro, pero non me gustan os barrotes nas ventás, nunca (ben sei que ás veces son necesarios). A pesar da férrea protección, resalta o fermoso encaixe branco.
ResponderEliminarA beleza sempre aflora... Tamén neste texto, como de costume.
Unha tristeza que as xanelas
ResponderEliminarxa non poidan respirar abertas de par en par, que teñan
que amosar eses ferros de cárcere
que atenazan o alento.
Sempre tan acertado.
Unha aperta.
A mín paréceme que ese encaixe sírvelle a quen está dentro a esquece-los barrotes... que cada quen consólase como pode...
ResponderEliminarBicos encerrados
Por eso a min non me gusta pechar a porta a cal e canto.... Sempre penso en poder escapar se pasa algo...
ResponderEliminarO meu home é dos que cerra todo o que se poida cerrar....
Manías.
Accidentes domésticos e demais desgracias... ocorren dentro, non fora, e os primeiros sospeitosos sempre son os de dentro, non os de fora. É máis doado que alguén que coñeces che faga dano que que cho faga un descoñecido...
Tanto barrote case é unha invitación para os amigos do axeno ¿verdade?
Bicos sen engaloiar.
Sabia reflexión, a túa savia circula e engrasa moi ben.
ResponderEliminarPorén, ás veces hai que correr riscos; as cotas de mallas integrais, adoitan ser incómodas.
Bicos, a vinte e poucos km do que será sempre o meu pobo e Aciveiro, ben recuperado.
Profunda reflexión...o que un pode ver cando mira máis alá do que os sentidos che amosa.
ResponderEliminarUn bico grande
A nosa pedra é coma o noso marisco: non precisan traballo para ser perfectos. Outra cousa é o encaixe. Cánto tempo e atención en cada volta.
ResponderEliminarPagará a pena tanto derroche de material e tempo pra gardar algo?
ResponderEliminarMmmm, quizáis non o entendo porque sempre perdo todo...
Bicos libres!
encántame a túa curiosidade e podería decirche, incluso a que se me semella a tarta, pero non cho vou decir, porque e bó gardar un pouquichiño de misterio, aínda que casi seguro que pensando pensando das có quiz do que maxinei; téñote por un rapaz moi listiño e moi desperto, só hai que ver as fotos que nos deixas.
ResponderEliminarbiquiños,
p.d.: o importante é que me fixeche rír coa túa preguntiña.
Da vida, non é do que está a falar, señor Chousa, que forxa, pole, cicela, desgasta, corta?
ResponderEliminarÉ unha espalda a que se mira detrás dos encaixes? Non sei, qué ganas de meter os fuciños entre os barrotes para cheirar que demos hai ahí dentro.
ResponderEliminarInfelizmente
ResponderEliminarhoje já não se faz nada disso.
Bjs
Me gustan mucho las ventanas, bueno... aquellas que tengan algún encanto y tengo una colección fotográfica importante y que de momento, sólo guardo para mí.
ResponderEliminarLas ventanas disparan mi imaginación, pienso quien estará a través del cristal, fisgoneo si no hay cortinas, si las hay veo si me gustan o no, contemplo la estética, el enrejado, son un mundo para mí.
Y sí, tiene encanto esta ventana tuya, me parece que me la llevo.
Y el pan de Anta ni tiene ninguna polémica, tiene su certificado de "riquisísisisisimo" asegurado por los siglos de los siglos.
un biquiño y bo día.
O mundo ás veces, case sempre, é unha suma de contrastes: a reixa que couta e o encaixe que admira, a obra recia e a delicada, a consistencia da pedra e a fraxilidade do fío tecido, a túa agudeza visual e a insensibilidade xeral ante os diminutos detalles que nos regala a vida.
ResponderEliminarApertas e longa mirada.
A saber lo que se esconde detrás de esa protección ferrea y acristalada con encajes blancos. Pueda que su retaguardia sea más vulnerable, pero para saberlo es necesario entrar.
ResponderEliminarBonitas tus perspectivas y tus imágenes.
Pois eu non quixera entrar nun sitio no que, por eses barrotes carcelarios, seguro non podería sair...por moito que o adornen con encaixes e puntillas.
ResponderEliminarUnha aperta chusqueira!!!!!!!!!!!
No fondo, o que desata a fantasía é sempre o oculto. Que non entre a luz na estancia para que o maxín se ilumine.
ResponderEliminarSigamos, pois, tapando sempre algunha das facetas -xa sexa con enreixado, acabado pétreo ou delicado encaixe de puntillas finas; co fin de estimular o maxín e provocar desexos de meter o nariz.
ResponderEliminarQue nunca nos falte curiosidade. Aínda que a graben cun novo imposto!!!.
Apertas e bicos.
Unha vez cantada liña, continuamos a bingo.
Non por chegar cando xa vai cantada a liña, esmorece a curiosidade. Adéntrome pois dende a retagarda e vexo o ceo dende o outro lado da ventá, facendo da reixa e a pedra o perfecto marco para debullar anacos da realidade cos que construír historia duradeira.
ResponderEliminarUn saúdo
El conjunto es precioso, la piedra, el hierro, el lino, el cristal..., y no hay que dudar que tanta belleza haya sido fácil de realizar, trabajo, sudor, sangre, y posiblemente lágrimas, pero, en este caso al menos, el fin justifica los medios.
ResponderEliminarPreciosa foto, me encantaría estar tras la ventana.
Biquiños, Chousa.
¡A pesar das rexas, nunca estamos a salvo..de nos.
ResponderEliminar