Que os mouchos, as curuxas, os sapos a mailas bruxas sexan bós e xenerosos.
Que os demos, trasgos e diaños acouguen o seu ímpetu.
Que ningunha barriga de muller solteira sexa inútil (xa será utilizada cando se tercie!).
Que as linguas das mulleres -casadas e solteiras, con homes novos e vellos- sigan pecando per omnia saecula.
Que os corvos, as pintigas e as meigas non deixen de apelar a tronos e raios.
Dende o Centro Xeográfico de Galicia, berce do Ulla, queimaremos en augardente os malos fados, quedando así purificados...
E xuntando as forzas do ar, terra, mar e lume, brindemos sempre -aínda que sexa de xeito virtual- erguendo unha cunca de queimada.
Que os demos, trasgos e diaños acouguen o seu ímpetu.
Que ningunha barriga de muller solteira sexa inútil (xa será utilizada cando se tercie!).
Que as linguas das mulleres -casadas e solteiras, con homes novos e vellos- sigan pecando per omnia saecula.
Que os corvos, as pintigas e as meigas non deixen de apelar a tronos e raios.
Dende o Centro Xeográfico de Galicia, berce do Ulla, queimaremos en augardente os malos fados, quedando así purificados...
E xuntando as forzas do ar, terra, mar e lume, brindemos sempre -aínda que sexa de xeito virtual- erguendo unha cunca de queimada.
Foto: Lume. Olliño, que -ademáis de purificar- tamén queima!
A nosa noite,a noite das meigas.
ResponderEliminarQueimados andamos... ¿será que estamos purificados de máis?
ResponderEliminarBicos ardentes (unha noite é unha noite, e un peso gastouse...)
Compre saber se aturuxaches, as peticións son moi favorables, sobre todo no do pecar. Bicos(xa de volta).
ResponderEliminarai, si, si! uns groliños dunha queimada ben queimada!
ResponderEliminaraaarriba e para adentro!
- San Silvestre, meigas fora!
(No, xa sei que hoxe é San Xoán, máis... qué lle queres! o dito é así)
Pois veña un grolo de queimada (a esta hora, xa non queimará a lingua)!
ResponderEliminarNon fun saltar fogatas. Xa me chegou a calor da tardiña de onte, aquí entre estas fermosas pedras do Fono de Galiza.
Bicos meigos.
que a noite lle sexa propicia.
ResponderEliminarEu tamén brindo contigo
ResponderEliminarpor todo iso que dís,
e para o ano que ben
que volvamos a purificarnos
nesta noite meiga.
Biquiños
Vaia! Faltoume probar un pouco de queimada para ter unha noite de San Xoan completa...
ResponderEliminarÉ unha das miñas festas perferidas.
Bicos de augardete.
Pues me tomaría uno (bueno, varios, para que nos vamos a engañar:))) cuencos de queimada de ésa... me gusta esa retahíla que recitáis y el tema de los deseos que deben quemarse ¿no?. Tienes que explicarme el procedimiento, Chousa, por favor, me interesa mucho y también todo eso que hacéis con hierbas para purificaos, ya sabes, antropología cultural:))))
ResponderEliminarEl fuego me encanta, es bello su color y las formas (soy signo de fuego) que pena que queme!!!!
p.d. lo de explicarme el ritual va en serio, eh?????
Besos, hoy por ser S. Juan, algo más "ardientes"
Vexo que tí te salvaches da campaña de difusión dun FILLO DE PUTA, que lle sae o tiro pola culata (nunca mellor dito), porque o único que fai e facernos comprender ata que punto teñen que tapar!!!!
ResponderEliminarse non cho deixaron non te preocupes que o has atopar no meu blog e nalgúns que compartimos lecturas e comentarios!!
faise chamar "pensións conxeladas"
Aí tamén deches no cravo, coa "Festa Pagana"!
ResponderEliminarUn regalo que non ten prezo!
Sinto moito nom poder estar na sardinhada de onte pero bem sei que me fixestes de menos. Brimdo con queimada para quedar purificado. Saudos. Carlosm
ResponderEliminarPois tamén brindo anque non debo pola medicación.
ResponderEliminarQuéeeeee rica la queimada, me encanta!!
ResponderEliminarEspero que la hayas disfrutado, Chousa y que hayas conseguido espantar "as meigas".
biquiños y bo fin de semana
Bonito brindis virtual ao que me uno recitando a final do conxuro (para min a parte mais bonita) que di iso de : .... que os amigos que están fóra participen con nós desta queimada".
ResponderEliminarBo verán a todos.
Logo de erguer a cunca, prender os altofalantes e saborear estes restos de queimada, podo dicir que está ben rica (á min sempre me sabe ben).
ResponderEliminarAínda quedan escintileos de brasas e aroma a fume cargado de "todos eles".
Bicos.
Diga que si!
ResponderEliminar(Hoxe Arde Lucus, supoño que arderá o xusto, non vaia haber desgraza)
Seguide! seguide torturándome... aisss... sin probar a queimada ata sabe Deus cando...
ResponderEliminar¡Con este fol levantarei as lapas!
Que aquí non se salva ninguén... xa verás, xa..
Bicos secos... xa me dirás ti... sin poder aclarar a gorxa cun traguiño deses... ardentes... jaja
hostiá! vaia marcha lle metiches ó post! Non vira eu a canción antes, que é moi axeitada, jajaja, e ten reminiscencias de himno, exalta, e coma unha arenga, unha chamada á participación e a compartir, pega gana de repetir a festa!XD
ResponderEliminar(A lumeirada é máis complicado, pero agora no verán unhas cantas queimadas aínda se poden facer)
asi sexa...
ResponderEliminarque baixe quente pola gorxa e asi levante o esprito :)
a tua saude!!!
bicos purificados :)
E por favor, non esquezades aos que estamos lonxe ;-)
ResponderEliminarUnha aperta.
Antón.
"Que ningunha barriga de muller solteira sexa inútil (xa será utilizada cando se tercie!)"
ResponderEliminarIsto daría para outro post.....jajaja
P.D. Volvín, chousiña, con outro nome, pero volvín.
Si estamos con Mago de Oz eu poría este tema como guarnición a esta entrada, coido que está máis axeitado.
ResponderEliminareste ano non vin o lume nin de lonxe, de tódolos modos fai anos que deixei de crer en casi todo.
ResponderEliminargústame mago de oz, encántame a canción de "a rosa dos ventos".
biquiños,
Que esas llamas purifiquen lo que tengan que purificar, que iluminen lo que tengan que iluminar, y, para celebrarlo, nos tomaremos una o dos tacitas de queimada, en unión y leyendo el conjuro. me encanta este rito, lo he hecho alguna vez, y la queimada, RIQUÍIIISIMA!!!
ResponderEliminarMoitos bicos, Chousa.