luns, 28 de xullo de 2008

Civismo

Lembro que nas primeiras nocións de informática de programación que escoitei, decíase que o ordenador era un auténtico burranzán ó que era preciso ir dando todas as instruccións pasiño a pasiño de xeito que soupera executalas correctamente.
De tal sorte que non se podía dar unha orde que supuxese un mínimo avance na acción, sen que antes non se lle dese a inmediatamente anterior, so pena de caer nun bucle ou simplemente que a acción non se realizase.
Algo de pailáns nos debe quedar aos humanos no córtex, cando compre seguir lembrándonos as normas mínimas de convivencia e de civismo. O que non sei é como sabemos conducir audis e bemeuves sin que anteriormente nos ensinaran a lavarnos os dentes...

Foto: Hai que ghardala e mexar na intimidade oh

23 comentarios:

  1. moi boa observación. lamentablemente a inconsistencia da nosa masa encefálica non dá para moito.

    ResponderEliminar
  2. Pois sí.....e cada vez son mais notables eses desfases de aprendizaxe...

    ResponderEliminar
  3. que certo é o que dis, aínda que desto poderíase falar moito, moito máis.
    Quedouseme escaso o post1
    moi boa apreciación a do audi, jejej!
    resume moito.
    Eu diriate outra!
    Tanto saben alguns de móviles de ultima xeración, de politóns e trebellos varíos, e a penas saben de escribir o seu numero de dni.

    Un saúdo!

    Ah, encantame cando te pos farruco1
    :)

    ResponderEliminar
  4. Iso debe ser pola incontinencia mental que padecen moitos.

    ResponderEliminar
  5. Acabas de lembrarme un café máis ou menos reciente. Dende a miña cadeira vía perfectamenta porta do baño de cabaleiros e... en ningún caso pecharon a porta. Realmente creo que non precisaba de tal espectáculo mentres tomaba o café. Penso que a ninguén se lle ocorrería instalar un baño na súa cociña ou no seu salón, ou no seu comedor, pero... velaí que eu, mentres tomaba o meu pinchiño tiña que ver (alomenos non ouvir) como alguén mexaba.

    Dito esto, creo que non fai falla que engada que ningún deles lavou as mans. E que só un entornou algo a porta, pero sen chegar a pechala.

    ResponderEliminar
  6. É que para mercar un audi fai falta traballar arreo, por iso non teñen tempo para ir ao baño nin, por suposto, para lavar as mans despois de sacala de paseo. Cada segundo conta e non se pode desperdiciar con mariconadas como estas.

    ResponderEliminar
  7. Hai quen dí que as mans hai que lavalas antes de coller o pinganillo...
    (E que o pinganillo tampouco se pode tocar de calquera maneira)

    ResponderEliminar
  8. A verdade é que mirala foto é dan ganas de mexar, pero de risa :-)
    Teño que recoñecer certa debilidade para transgredir normas de boa conducta. Cando vexo un carteliño que di "non pisar a herba", non podo resistir de poñer un pé nela, pero neste caso non mexaría, non ho!
    Saude e terra, compañeiro.

    ResponderEliminar
  9. Pois notase ben que mexan, e que arriscan cara abaixo; posto que as pedras do fondo están todiñas ó descuberto, xa que o ácido úrico expelido polas pirolas foilles lavando o cal.
    Vese que hai moito transgresor coma o amigo paquito penas (canto máis negas que mexarías, máis se nota a intención de facelo, pillaban!!!

    Veca Ti tamén te apuntas á mexada campestre?. As lendas falan de mulleres bravas do país, que beben viño para almorzar e que mexan de pe. Viva a bravura!!!

    Marquesa de Merteuil Vaia espectáculo que tiveches que soportar!. Menos mal que ti estabas ensimismada remexendo o azúcar no teu cafeiño e...nin siquera unha ollada para alí botaches; á que non?

    meninheira O que eu dicía, si. Hai moito incontinente solto polo mundo. A ver se finalmente nos poñen a todos uns cueiros permanentes!

    Bagoas insomnes Aiiiii e que cando me poño farruco engurruméllaseme o cexo, aprétaseme o fuciño e...case que ouveo coma os cans.
    Habitualmente son un osiño de peluche...

    Hadex desfases mentais e tamén por enxerir licores de xeito reiterado e continuo. Dise que o ser humán é o único bicho que bebe sen ter sede (ademáis de facer outras accións sin ganas tamén...). Claro despois mexa tendo moitas ganas, e faino onde se lle tercia, sin tan siquere uliscar o sitio.

    Manel Vázquez Cando o muiñeiro fala eu quedo cos ollos abertos coma platos para aprender da sua doutrina. Dame gusto que veñas pola Chousa ainda que sexa para por de manifesto a inconsistente masa encefálica humana, que se mexa polas portas de calquera lugar.

    Graciñas a tod@s por vir e, sobre todo, por deixa a vosa pegada (que non mexada!) nesta Chousa.

    ResponderEliminar
  10. E lojo ti nunca a botaches a pacer de campo ou?

    ResponderEliminar
  11. Pois mira Chousiña, non son capaz de mexar de campo. O ano pasado fixen o descenso do Sella e tiven que esperar a parar nun chiringuito e ir a un baño portátil desos de cor verde. Logo de ver o panorama arrepentinme un pouco de non mexar de campo, pero bueno............:P
    É que eu son unha señorita, pero polo visto hai mulleres que usan unha botella a modo de depósito, jajaja.
    Hai que ver que tema de conversación nos diches.

    ResponderEliminar
  12. Mexar por aí é unha cousa de educación que hai que aprender. Nos EEUU non se lle ocorre a ninguén arrimarse a unha porta e mexar.

    ResponderEliminar
  13. de un tempo a esta parte teño a mesma sensación da que estás a falar. penso que hai un eslabón que falta, que esquecemos ensinar. non sei.

    ResponderEliminar
  14. jajaja, hai que ver como é a xente, dende logo... Apertas

    ResponderEliminar
  15. Miña nai contábame como algunhas mulleres de antes, con aquelas saias largas ata os pes quedaban quedas no medio da rúa, medio escarranchadas e se vía sair un pequeno regueiriño de debaixo da forma máis "natural"... jajajaja.
    E que esto de esconderse para mexar e outras cousas e unha algo que trouxo a "civilización". Antigamente botaban as augas pola ventá o berro de "auga vai"... jajaja.

    Pero os asuntos cívicos non son óbice para a consecución das outras tarefas. Son cousas que van en paralelo... jejeje. Para fritir un ovo hai que saber pór a tixola e o aceite primeiro, pero podes estar sin mexar todo o tempo, se tes aguante.. jajaja.
    O que sí hai que ter é respecto polos demais e non ir a mexar a porta de ninguén, inda que sexan as cuadras ¿non sí?
    Bicos cívicos.

    ResponderEliminar
  16. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  17. hoxe non lin todos os comentarios que preceden ó meu, seguro que hai quen mexa de campo e que non, tamen quen mea fuera del tiesto a verdade e que eu encontro natural mexar ó natural, no campo aberto ou de matorral ;-)pero outra cousa é facelo mexando porriba dalguén, coma dicia Castelao. :)
    A verdade e que hai que ser cívicos ho. Eu detesto ver ós homes porse entre dous coches no medio da cidade, e hala , coma os cans. Cando á beira hai un bar ou un café, que outra cousa non haberá, pero nesta cidade miña, bares e ca´fés hainos cada 20 metros e ainda que non se tome nada, ninguén lle nega unha necesidade a un...
    pero coma non van mexar nas paredes daS CASas home, se cho ensinan de rapaz! onte ou antonte, vin un neno duns 7 anos mexando na acera, e xa lle ía eu reprender, cando dase a volta unha muller (nova e moi ben postiña) e lle dí, a ver hijo, apura que nos está esperando la abuela, nada, coma se tal cousa. Quedei tan abraida que non reaccionei a tempo para reprendela a ela. (e que eu estou entrenando para ó chegar a vella poder ir berrándolle por ahí a todo quisqui e que ninguén poida facer mais ca rir ou roñar polo baixo, jeje)
    Uich que longo falei, non teño o don de dicir moito con poucas palabras, mais ben a inversa.
    bicos enrevesados

    ResponderEliminar
  18. E despois hai xente que rexeita a educación para a ciudadanía.....
    Si coñeces a dona da casa onde mexan dille que poña algún deterxente con amoníaco na parede seguirán mexando pero levan un bo susto ca escuma que sae...
    bico (en singular porque o outro teñocho gardado).

    ResponderEliminar
  19. Non creo que o problema sea que nas escolas den ou non educación para a cidadania (todo suma, de acordo), o problema está nas casas.
    A tv non ensina a lavar os dentes, pero si a conducir bmws...

    Os que mexan por doquier soen ir en pandilla.... ou manada jeje...

    Apertas reaparecidas.

    ResponderEliminar
  20. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  21. os raparighos que levan beemeuves e audis atoparon todo moi feito e non saben valorar. o carallo vai ser queiran facer eles o niño. a ver onde raio poñen os ovos. e o malo vai ser que non e fracaso deles: e noso

    naideneno

    ResponderEliminar
  22. Cando lin o comentario de paideleo pensei que quizáis nos EE.UU. non mexan nas portas porque teñen outros países onde face-las súas excrecións (non só as líquidas)...
    Digo eu...

    Saúdos.

    Antón de Muros

    ResponderEliminar
  23. Pues como en muchas cosas, y temas... nos pasa lo de siempre... que falla lo esencial... lo básico... Falla en casa, en escuelas, en oficinas o fábricas.. en cualquier ámbito en el que nos relacionemos... nos saltamos eso, lo esencial... (bueno... en general...)

    besos de lo mas cívicos... bueno... no tanto, je je

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: