xoves, 1 de novembro de 2007

Novembro

Como quén non quere a cousa, de xeito imperturbable, o reloxo anual está a piques de situarnos nos seus derradeiros días deste ano impar.
A festividade de hoxe nunca a entendín moi ben. De neno bromeábamos co feito de que "era o noso santo" e como non había escola, sempre era benvido.
Situar un día no calendario adicado a tódolos santos seguido do día de defuntos, precisamente na época da caida da folla, dos inicios ventosos, días curtos e sombríos (ainda que este ano non sexa o caso), evoca un certo sentimento tristeiro, cargado de musgo, fumento e húmido...
Somente a natureza sabe mimetizar a sua capa vital a cada momento, pervivindo e supervivindo a cada envite.
Felicitacións para todos e todas. Xa que é o voso santo!!

(Foto: tomada en Toande -Antas de Ulla-)

10 comentarios:

  1. É verdade que este ano estamos tendo un outono atípico, non sei vos, pero eu teño ganas de que chegue un outono en condicións.....será por que son escorpio?:D

    ResponderEliminar
  2. Pois eu quero que empece a chover, que os rios baixan moi secos.

    ResponderEliminar
  3. Si, tedes razón. Compre auguiña que fertilice os nosos campos e faga brotar os caños.

    ResponderEliminar
  4. Ola:
    Grazas pola visita e comentario que deixaches no Aquamlatam. Alédame saber de ti e da nosa vecindade e na seguridade de termos amizades comúns.
    Correspondo ás túas felicitacións pola data e opino igual que os anteriores no irregular outono que estamos a vivir.
    Poreiche unha ligazón desde o meu blog e pasarei pola Chousa a miúdo.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  5. Novembro,mes da melancolía, cheo de agasaios ocres...

    Unha aperta grande e agradecida pola pola túa visita.
    :)

    ResponderEliminar
  6. Hola de novo, si podes pasa polo meu blog para a ver si podes cumprir un encargo

    ResponderEliminar
  7. Busto: De seguro que sí temos amizades comúns. Dame o corpo que somos de quintas cercanas...Farei unha ligazón ó teu blog tamén!!
    Marinha: un pracer a tua visita. Con eses ollazos...quén carallo mira para o cartel que tapa os labios???
    Pau: Vaia encargo do carallo que me fixeches. A ver como saio do apuro...

    ResponderEliminar
  8. De que me soa esa foto ?.
    Parabéns para ti tamén polo teu santo.

    ResponderEliminar
  9. Paideleo: pois sóache debido a que eu cha enviei recentmente dende o teu blog para unha colección que querías facer sobre o outono ou algo así.
    Déchesme unha idea para eso do meme que me encargou pau. A ver se teño tempo á tarde de poñela en marcha.

    ResponderEliminar
  10. Estas fotos son espoeciais para mín que son telúrica por natureza,que chova xa que non hai grelos!!!!!!!!!!
    parabéns tamén para ti.
    saúdos.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: