domingo, 28 de outubro de 2007

Estratexias

En determinadas ocasións a distancia máis corta entre dous puntos non é a liña recta. Este plantexamento metafísico semella un erro palpable, pero se temos en conta que "indo direitiños ao gran" seguramente non chegaríamos a ningures, entón cobra visos de ter certo xeito o que digo.
Claro que coas voltiñas que lle damos ás veces, ainda acadando o éxito, perdemos en elegancia.
Todo é cuestión de estratexias. Eu gusto da elegancia, pero tamén me "mola" moito chegar...

(Foto: non tódolos de Antas son así de retortos.Algúns somos moito máis)

10 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. O caso é chegar,a línea recta será o camiño máis curto pero aprendemos tanto dando unhas voltas!!!!
    Gústame moito esa foto.
    saúdos.

    ResponderEliminar
  3. E o ben que se pasa dando as voltiñas...

    Graciñas pola tua visita vermella.
    A foto tomeina na aldea de Portocarreiro, parroquia de Vilapoupre -Antas de Ulla-
    Alí, na beira do camiño, sigue imperturbable este antullano retorto.

    ResponderEliminar
  4. Algo que siempre me ha gustado decir: Al fin y al cabo, una recta no es más que una curva de radio infinito...

    ResponderEliminar
  5. pois si que e ben retorcido.Ten o seu merito q o bateras con el.noraboa

    ResponderEliminar
  6. Bonito xeito de expresalo Pitima.
    Anónimo, case da él comigo.
    Un pracer que visitedes o meu xardín.

    ResponderEliminar
  7. Pois si que as cousas tortas tamén son bonitas. Curioso.

    ResponderEliminar
  8. A distancia mais corta entre dous puntos é sempre o atallo.
    Eso dicía o meu avó e coido que tiña razón.

    ResponderEliminar
  9. Gústame a teoría que propós, e ademáis hai que recoñecer que é a que se practica máis amenudo. Aínda que eu sempre acabo tirando pola línea recta, así me vai que cando chego xa me teñen posto o cepo.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  10. Suso lista: A ti pásache como a min, o que che gusta son as currrvas ;)
    Raposo: tódolos avós din esas frases case lapidarias que teñen o arrecendo da esperiencia.
    Silvana: incluso hai ocasións nas que da gusto "caer" no cepo...

    Saúdos e graciñas por vir

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: