domingo, 4 de novembro de 2007

Distorsión

As mensaxes que cada segundo recibimos do entorno, non sempre son axeitadamente procesadas polo noso entendemento. Unha mirada, un xeito de mirar ou unha expresión poden suscitar ideas e intencionalidades que nada teñen que ver coa mensaxe emitida.
Como aparellos radiofónicos mal sintonizados facemos cúmulos de datos que apilan erro tras erro en hertziana desorde.
Seguramente o máis sinxelo resulta apagar o pontenciómetro da distorsión e...simplemente ver e mirar.
Con todo o que digo, hai ocasións nas que agrada deixarnos levar...Pensar que a mirada era de lascivia e non de recriminación; que o guiño foi de complicidade e non un simple tic; que o suspiro foi de desexo e non de cansancio...

11 comentarios:

  1. No sé si quedarme con las fotos o con los textos, aunque cada una de las maneras tiene su propia manera de expresarse, creo que juntas son una buena herramienta para "contar lo que quieras"

    Te dejo la invitación para realizar el meme que anda circulando por el blogomillo

    http://zeltia.zoomblog.com/archivo/2007/11/05/el-meme-de-las-8-cosas.html

    8 fotos 8 frases me encantaría verlo

    ResponderEliminar
  2. Así é ou así parece...Ser e parecer non son a mesma cousa mesmo que o parezan. Moitas veces a percepción non ten nada que ver coa realidade. Non só interpretamos equivocadamente tamén a nós nos interpretan mal. A razón? Debe de ser iso de que cada un é do seu pai e da súa nai. A solución? Traballar a empatía? Isto se traballa? un saúdo e grazas pola súa visita:)

    ResponderEliminar
  3. "Apagar o potenciómetro da distorsión".
    Nese potenciómetro caben tantas cousas: os prexuízos, o estado de ánimo, a formación e condición da persoa, a sensibilidade, os axentes externos de cada momento...
    Coincido tamén con Rosa Enríquez en que moitas veces a percepción alónxase da realidade.
    Conclusión: somos imperfectos e os sentidos por veces engánannos. Pero sen sentidos sería moito peor.
    Saúdos e grazas pola ligazón.

    ResponderEliminar
  4. A min ás veces todo se me desfai e deixa de ser para voltar en quizais sexa. Pero xa o dixo Einstein, o importante non é o saber, senón a imaxinación.
    "Tengo yo una convicción:
    que los sueños son reales
    que la vida es ilusión,
    y los sentidos, triviales"
    Escribira nalgures, jajaja: Perdón pola licencia..

    ResponderEliminar
  5. Zeltia: Alédame que che gusten as fotos, e si, teño pendente o reto do meme ainda...Un pracer a tua visita.
    Rosa Enriquez: Se me volves tratar de vostede non me vai chistar un carallo eh!!
    Busto: Está claro que Agolada e Antas están perto. Hai sintonía
    Pitima: Todas as liciencias do mundo para ti. Os balados da Chousa estan sempre abertos para ti.

    Apertas por vir

    ResponderEliminar
  6. ¡Canta razón tes, meu! E digo eu, para qué imos tratar de entendela mensaxe, se nos fai mais felices distorsionala ó noso parecer?
    Un bico.

    ResponderEliminar
  7. Sempre é bo pensar no mellor, na boa intencionalidade. O cerebro cubre os baleiros da percepción e completa imaxes, polo tanto cada un ten a sua propia realidade. As nosas diferencias non só nos fan únicos sino que perpetúan a especie. (Minimísimo resumen de un popurrí de programas de Punset).

    ResponderEliminar
  8. Ser e parecer,padecer o que pareces ser,cada un de nós estamos cheos de datos que aplicamos directamente, mellor dito esa parte do noso cerebro onde se almacenan os recordos e as experiencias pónse en alerta e deixa a parte á razón.
    Vemos o que queremos e as veces o que necesitamos.
    Bicos

    ResponderEliminar
  9. Despois de todo o que aquí se dixo, creo que non podo añadir mais. Creo que vou deixar que a miña resistencia variable ou potenciómetro distorsione.

    ResponderEliminar
  10. Deixeiche unha invitación no meu blog para que participes nos memes.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  11. Estou dacordo, as veces é millor deixarnos levar... É máis doado pensar que "esa mirada e de lascivia e non de recriminación" e así con outras moitas cousas, pero so as veces, non conven perder de vista a realidade.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: