A xente vai correndo ata para ir ó ximnasio a "queimar calorías" (deberían descontar as que se "queiman" de camiño). Seica é bo ir para "liberar tensións". ¿E se non as "prendemos" faría falla soltalas?
A onde carallo queren que vaiamos correndo tanto?
Pero...quén nos quere inflinxir tal castigo ós que, coma min, somos nenos de aldea?.
Eu quero ir amodo coma miña nai que, ainda coa reiteración precisa que o labor requería, mazando o leite era parsimoniosa, e lograba unha transfomación química na que nin tan siquera pensaba.
Quero ser relaxado coma meu pai cando, mentras as vacas pacían, limpaba co fouciño e o forquito as silvas do valo, e sin querelo desenrolaba duas tarefas distintas empregando duas ferramentas simultáneas.
A perseguida inmediatez de hoxe pretende finalidades que pouca satisfacción nos reportan; xa que no (suposto) goce xurde tamén a premura. Reivindiquemos a cadencia natural.
O reloxo do Concello de Antas tarda xustamente 60 minutos en percorrer unha hora. Se o reloxo doutros ten o tic-tac máis presuroroso...que corra él!!!

Grazas pola tua visita ao meu blog.
ResponderEliminarOgalla un día ao despertarse o mundo e a xente xirase máis despacio. Namentres chega ese intre pois teremos que seguir correndo si non queremos quedar atras. Ainda que a veces penso que sería mellor quedar atras e paladear con lentitud os minutos da miña vida
Eu ando correndo a todas partes, pero sempre chego tarde, creo que as horas do meu reloxo son de 50 minutos (debe ser defecto profesional). O certo é que nin con esas consigo queimar calorías, así que eu teño a teoría que ás calorías o que lles prace é ir queimándose moi amodiño.
ResponderEliminarXuro que tento ser puntual, pero é un trasno que anda a xogar cos meus minutos ,)