martes, 2 de outubro de 2007

"Combinar"

Hoxe tiven unha aleccionadora charla sobre as combinacións cromáticas. Recibina dunha "profe" de pelo rizo, ollos verdes e mirada leda. So ten 9 anos, pero deixoume clariño que son pouco menos que un desastre da policromía.
Díxome, sin andar con moitas landainas, que o meu blog tiña un xogo de cores absolutamente impresentable. Tiven que ceder en certas tonalidades verdes e case me fai eliminar o vermello.
Acabou por aceptar, con cara de pouco convencemento, o resultado final.

4 comentarios:

  1. Ola!
    alégrome de coñecer o teu sitio, xa que ata agora os teus comentarios non deixaban migas de pan que marcasen o camiño de volta.. ou se cadra foi que as comeron os corvos...
    De calquera xeito, nunca é tarde. Gústame o teu blog. As fotos bátenme tamén no corazón, teñen unha mirada que me resulta familiar, como me dicías ti.
    Estamos en contacto, compañeiro.
    Unha aperta "santisiana"...jeje

    ResponderEliminar
  2. Non sabes ti o "santisiana" que é...
    (Graciñas por visitar a miña xanela)

    ResponderEliminar
  3. Jajaja, con lo escueta y sencilla que es la anécdota, pero rebosa simpatía.

    Eu non acostumo a utiliza-lo galego (daraste conta enseguidiña) e o teño bastante oxidado (este palabro seguro que non se di así), pero farei un esforzo, ademáís, non me virá mal practicar.

    Un saúdo.

    Se meto moito o zoco pódesmo dicir, con confianza, se non, nin conta me darei :)

    ResponderEliminar
  4. Graciñas Susana pola tua incursión na Chousa (e tamén no galego). O zoco méteo canto queiras; que un zoquiño con pe femenino dentro...é do meu agrado!!

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: