Por máis entelequias filosóficas que se fagan, na meirande parte das veces acábase por valorar a idoneidade das persoas en función dos títulos académicos que ostenta.
Fornadas de rapaciñ@s nov@s,engominados ata o vello púbico, asaltan diariamente empresas armados con florecentes licenciaturas, coloridos Másteres e reivindicativo dominio das TIC.
Todo está caralludo, e queda moi ben nos Currículums; pero á hora da verdade a gomina desparrámase sobre as follas de cálculo e o Máster de 8.000 euros da Oxford University non axuda moito cando hai que amosar simplemente algo que non se pode pendurar da parede nunha orla: humanidade.
A xenética fai unha parte, pero a conformación persoal e interrelacional do individuo co medio no que se desenvolve é a que configura a cantidade e a calidade humanas.
O que se deu en chamar intelixencia emocional ven a colación agora. A sensibilidade, a ternura, a capacidade de querer, de expresar, de sentir...¿cómo medimos iso?. Moi sinxelo: coa nosa propia e subxectiva "humanidade".
Compre recuperar doses de humanidade perdidas. Seguramente na natureza hai abondo fontes que nos darían de beber se tivésemos tempo para volver os ollos sobre elas con máis habitualidade.

(Foto: Un niño de xílgaro nunha roseira de Antas. Autor -da foto-: eu mesmo)
Neste mundo moderno o que non pisa é pisado.
ResponderEliminarMui bo posteo.
Teremos que facernos oir coa cántiga de Pulgarcito: : Pachín, pachín, pachín, cuidadito con lo que haceis...
ResponderEliminarGraciñas pola visita
Non é doado encontrar esa intelixencia emocional que todos temos nalgures cando todo vai tan deprisa e non podes parar e mirar o teu redor para observar e comprender as cousas. O importante de mirar e non só ver, témolo olvidado. Gústame o blog. Gracias por vires ó meu tamén. Un saúdo dende as Rías Baixas.
ResponderEliminarAgora ata hai libros de "Intelixencia Emocional", para aprender a utilizala.
ResponderEliminarUn saúdo.