luns, 4 de abril de 2016

Cata

O primeiro asubío é a vista. Cantas veces asinaríamos veredictos nese estadio; pero non se debe ser superficial cando o que se quere é, precisamente, profundizar.
E así entramos na fase olfativa. Aquí cómpre aplicar habilidades que permitan afondar  gratamente no coñecemento, á vez que deben coidar que non nos rompan o caserío da pituitaria.
Por fin chegamos ao momento gustativo. Soamente coa boca, olliño con isto; e por moito que che guste, hai que cuspir...
Ser catador de viños profesional é moi difícil. Por iso eu  sigo barallándome na pasantía do eterno aprendiz.

Foto: Cata en fase visual.

3 comentarios:

  1. Éche difícil, si, porque non se chega ao tacto. E de chegar, o líquido prezado escórrese entre os dedos. Como a vida mesma.

    Bicos dionisíacos! E... saúde! Chin chin.

    ResponderEliminar
  2. Eu prefiro a máis feminina cervexa: dende a rubia á torrada, da terra ou estranxeira, con corpo e burbullas que enchispan nos ollos.

    ResponderEliminar
  3. Sí, e que iso de cuspir o viño... (gústame iso da "pasantía do eterno aprendiz")

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: