sábado, 27 de febreiro de 2016

Antas

Eixo da existencia, centro do pensamento:
 lugar.
Da flor pecíolo, do pan fermento:
 amar.
Filiación primixenia, do amor portento:
fogar.
Berce do río, do monte sustento: 
sen par.
Lembrando a Castelao, un decátase que nada une tanto como compartir a emoción sentimental de saber que a vila natal non é coma todas as vilas.

Foto: Nevarada febreiriña.

9 comentarios:

  1. Ten vostede razón, ningunma é como a natal. Sorte ten a sua por lhe cantar tanto e bem

    ResponderEliminar
  2. Y con nieve, la villa gana mucho, en estética y en diversión, supongo... Besos

    ResponderEliminar
  3. A nosa sempre é especial para nós, si señor.
    E hai que sentirse ben orgulloso dela. O noso fogar.
    un biquiño chousa.

    ResponderEliminar
  4. Palabras amorosas escollidas e ditas con arte.Palabras con alma expostas con razón...Orgullo da súa vila, Sr.Chousa e...viceversa!!
    Bicos nevados.

    ResponderEliminar
  5. E eu que non teño un berce certo. Son mistura de dúas orixes distintas.
    A neve favorece as paisaxes.

    ResponderEliminar
  6. Uxío Novoneyra tamén pensaba o mesmo.

    ResponderEliminar
  7. O lugar donde nacemos
    sempre no corazón
    sempre no pensamento.

    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Sabes como gusto eu da túa patria, terra irmá xunguida polo Farelo, que nos mira
    con senllos ollos admirados.

    ResponderEliminar
  9. orgullo: "Boa opinión que se ten dun mesmo ou das persoas ou cousas propias"
    Eu do sitio onde nacín non teño unha opinión especialmente boa: non se coida o entorno, déixase que veñan abaixo as preciosas casas antigas e constrúen unha nova á beira dela; os camiños dos montes están intransitables, as leiras abandonadas; os anciáns non teñen en que pasar o tempo, os novos marchan... non quero seguir que me poño triste. Pero iso sí: cariño téñolle. Inda que estea bastante irreconocible de como era na miña infancia, se botas un vistazo xeral, pero cando baixas ao miúdo, ao detalle, alí está. Alí foi.

    Gústame ese orgullo, esa boa opinión da túa vila. "Son de Antas, pódese pidir máis?" :)

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: