Esta recurrente teima por importar costumes alleas para elevalas ao altar das tradicións máis propias, soamente vén poñer de manifesto a docilidade mercantil que amosamos.
E deixámonos invadir non só pola iniciativa, senón tamén polo nome; xa que se o traducimos queda tan nu de sentido que nos decataríamos axiña do absurdo que se agocha detrás de tanto anglicismo.
Deberiamos ter máis claro que aquí hai suficientes argumentos para bautizar eventos que troquen un día da semana calquera nun interesantísimo WhiteSaturday.
Foto: Blackbird Art. Sala de exposicións in the Ulla River.