Os aristotélicos non terían nadiña que facer se viñeran canda min a semana pasada. Poderían comprobar in situ como aquel corpo tendeu a seguir en movemento uniforme sen variar nin un chisco a súa traxectoria.
(Ben sei que non era rectilínea, pero outro día falamos das curvas...)
Aquí Newton tería moi doado de explicar a súa Primeira Lei sen necesidade de rizarse máis o pelo; pero tampouco el viña canda min. Corpus omne perseverare...
Foto: Corpo perseverando.
¡Qué cosas tés, Chousa, Newton tiña o pelo rizado de seu!
ResponderEliminarIntúese perfectamente o que dis... máis é imposible non apreciar as fermosas combaduras do chedeiro da carruaxe (de aqueladas chedas!) que inda non leve as enxebres rodas de cambas de madeira, imaxino o seu cantar... dependerá do tipo de eixo claro. Desta penso que te entendín ben.
ResponderEliminarVendo o garboso pedalear da ciclista a quen lle importa Aristóteles ou Newton.
ResponderEliminarAs vascas en bici saben seguir o seu camino.
ResponderEliminarXa vexo que me apuntades matices moi interesantes, pero seguro que vos fixastes nos beizos vermellos da ciclista vasca; pero non houbo quen me dixera o mal pintado que está o azul do chan...
ResponderEliminar;-)
a lei de newton vaise cumprir... a menos que outros corpos actúen sobre ela
ResponderEliminar