luns, 8 de decembro de 2014

Inzar

É a nosa obriga coidar o herdo que ata nós chegou. O máis grande legado recibido. O ben máis prezado, a semente do que somos, a esencia mesma dun pobo, o quid dunha cultura: a lingua.
Imprescindible abrazala coma a máis doce das amantes, para que floreza leda nas conversas. Necesario mantela húmida nos nosos beizos para que -quente e vizosa- ince a nosa fala de beizóns. Soamente así seremos nós mesmos. Con certeza.

Foto: Reflexo sobre un poema de Antón Sobral
Lugar: Exposición do Culturgal 2014 (Pontevedra)
Motivo: Datos do IGE. Necesidade de preservar a lingua galega. É da nosa competencia. 

11 comentarios:

  1. Veño dar o parte: chegou o bico, ainda que parou en Cambeo tomar o polbo (ai que vergonza).
    Non o veño devolver, veño agradecelo na fala miudiña e agarimosa que amamos, cada un de nós a súa maneira.
    Os bicos de Antas saben a flan de verdade, a arroz con leite, a canela, a bica mantecada. Engordei dez quilos.

    ResponderEliminar
  2. Sr.Chousa agasalla con POESÍA os nosos ollos, as súas palabras e o conxunto que forma acada por penetrar en todos os recantiños. E canta verdade encerran. Coidémola, amémola!!
    E si, os bicos de Antas saben a doce!!

    ResponderEliminar
  3. Toda a razón no que dices.Já está chegada a hora na que o povo debe tomar concencia e consciencia do seu dever.Con toda a certeza.

    ResponderEliminar
  4. Pues es cierto, la lengua es uno de los tesoros culturales de un pueblo, lo que amalgama y une a sus habitantes. Hay que cuidar la lengua porque es nuestra seña de identidad.
    Vuestra lengua es tan suave como una caricia. El poema precioso.
    Besos

    ResponderEliminar
  5. Cada lingua ten o seu son, o seu sentimento, intransferible e intraducible. Os galegos temos a fortuna de dispor do noso propio código de crear, recrear e transmitir o mundo, os sentimentos e a nosa visión das cousas, o noso latido.
    Un bico con lingua! ;)

    ResponderEliminar
  6. Aviso moi importante, dendelogo. Expresarmonos na lingua propia... se a crearon @s nos@s devanceir@as ó longo dos séculos, non será a mellor canle pra transmitir oral e psicolóxicamente (e espiritualmente) aquelo que queremos dicir?. Ademáis dunha gramática, sobor de todo é o xeito de usala.
    Pois si que a nosa língua é tan donda coma una caricia Ginebra. Dicho un que fala (habla) galego.

    ResponderEliminar
  7. Concordo cen por cen, sobre todo por esa maneira poética que tes de dicir as cousas. A lingua é unha das nosas señas de identidade máis importantes. E convén explicarllo a quen aínda non o entende: PP, Galicia Bilingüe, etc.

    ResponderEliminar
  8. A nosa obriga e o noso dereito. Convén non esquecelo.

    Un gusto verte

    Bicoss

    ResponderEliminar
  9. Si señor!
    Mellor non se pode dicir!
    E o final do texto redondo redondo.

    A foto fermosa así como o texto,unir o desexo físico que está ahí co desexo das verbas ...
    moitos bicos chousa.

    ResponderEliminar
  10. Aquí estou intentándoo con máis fracaso que éxito pero a luita non acabou.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: