Vestida para namorar, a natureza maquíllase de cor con tinguidura de choiva.
E vese bonita e mírase provocativa;
abaneando a súa sensualidade de quietude imperativa,
sábendose protagonista no altar do valo cos seus bodoques de noiva.
Silandeira e pícara fai proposicións de amor,
lembrando poemas lorquianos que a queren desa cor.
E acaba consumando amoríos de caramelo,
convidando ao transeúnte para que se suba ao seu carrelo...
Foto: Carriza. A icona húmida.
Creo que este é o texto máis poético que che teño lido, Chousa ;) Anque sempre con ese pouso de picante que non podia faltarche.
ResponderEliminarApertas.
As mellores datas do ano sempre foron de inverno cando se trata de saír ao monte e buscar "cancións da mariposa" ;)
ResponderEliminarMuy sensual la naturaleza. Sabia, como es, sabe enamorar. Deberíamos aprender de ella.
ResponderEliminarBesos y bicos.
:)
ResponderEliminarSó fai falta mirala para ver todo iso que ti tan ben lle dis ou cantas ...
ResponderEliminarCon esa rima que lle cae como gotas de resío...
A fotografía preciosa , e ese carrelo do que falas tan ben conseguido.
biquiños chousa.
Moi poético te percibo, Chousa. Gosto do que dis, e namorame o que vejo.Saudos
ResponderEliminaragora pasácheste á rima? :-)
ResponderEliminarpasar polo blog teu é ir dar paseos polos bosques con palabriñas xeitosas acariñando os ouvidos.
feliz outono que xa se nos vai indo...
Encántame a foto!!!
ResponderEliminar