- Ave María Purísima
- Sen pecado concebida. Canto tempo hai que non te confesas, filla?
- Descantá que non veño señor cura.
- E como é iso?
- Ocúpame moito tempo ler o DOG e mailo BOE, as directivas da UE, as cotizacións do Ibex35 e mailas fluctuacións dólar/euro...
- Tes que vir escoitar a Palabra de Deus para salvar a túa alma.
- Pero a min gústanme as palabras dos homes. E ademais xa vexo Sálvame...
- Filla...ese non é o camiño. Debes reorientar a túa vida para que cando o Señor te chame poidas presentar o teu baúl ben cheo...
- Xa, señor cura; pero eu non formei parte da cúpula de Bankia e a miña tarxeta é, simplemente, azul.
- Ego te absolvo a peccatis tuis...
- Señor cura; falta a penitencia.
- Boh, por faltar tamén che faltan propósito de enmenda e centímetros na saia; pero estendémonos moito no post; así que de momento rézame xaculatorias, desenchufa a televisión e volve por aquí en vida, que xa terei operativo un TPV para tarxetas azuis.
Foto: Vidreira de Santo André de Teixido.
Un confesor mui comprensivo ese porque a pecadora non ten perdón nin por ver sálvame nin por ler esas cousas nin por ir provocando o cura coa saia corta.
ResponderEliminar¿xaculatorias? o curiña traduce mal.
ResponderEliminarUn cura moi comprensivo. Cos pecados do mundo, das saias curtas das non asistencias a Misa e tamén co blogueiro de posteos resumidos jejeje.
ResponderEliminarUma penitente moito preocupada pela penitenza e un confesor moito preocupado pela transaçom económica.Caseque tal qual.Como a vida mesma, nom?
ResponderEliminarSaudos dun sem tarjeta nengunha(sic)
Desenchufar a tv?? creo que se excedeu no castigo.Con rezar un credo e tres avemarías penso que chegaba.
ResponderEliminarhaha eses pecadiños miudos, neste mundo de trapalladas enormes.
ResponderEliminar(foi un bo recordo de como eran as confesións... seguirán sendo así?... xa imaxino que non tan modernas coma as deste cura da Chousa)