domingo, 5 de outubro de 2014

Nómades

Non teñen establecemento fixo.
Elas vanse sen previo aviso,  levando consigo toda unha bagaxe de curvaturas con magnéticas xeometrías.
E deixan tras de sí levísimas testemuñas da súa estadía. Apenas algún elemento piloso enroscado nun chan cargado de risas picantes que ule a crema solar mesturada con intencións inconfesables.
Ás nómades da praia cústalles desprazarse e camiñan con nugalla. Elas non o saben (ou si); pero, ademais de transportar os seus útiles de sedución, carrexan ducias de córneas masculinas adheridas a algunha das pezas dos seus bikinis.

Foto: Nómades dun deserto superpoboado.

12 comentarios:

  1. Ai, que bonito é o verán e as súas habitantes !.

    ResponderEliminar
  2. Humor que mesturas tan finamente coa túa linguaxe sempre atractiva.

    Penso que a túa córnea foi a primeira quedou adherida, claro que para iso están os ollos, para mirar!
    un biquiño solar.

    ResponderEliminar
  3. As nómades sempre vixiadas polo ollo curioso e implacable do faro chousiano.
    Bicos!

    ResponderEliminar
  4. Jajajajajaja, tus córneas sobre todo:)
    Lo de nómadas me gustó, oye, no lo había pensado, pero así somos, "nómadas del sol".
    Besos.
    p.d. Cualquier día de estos tu "afán fotográfico" te va a dar disgustos, Chousa

    ResponderEliminar
  5. A foto gústame pero ten ccoidado que aínda te van acusar de machista reprimido.

    ResponderEliminar
  6. Hai moito tempo que non pouso aquí ningún comentario. Pero celebro esa atenta mirada e delicada pluma para pór remate feliz a un verán que xa é pasado.
    E unha aperta.

    ResponderEliminar
  7. Será un pracer espir o outono; pero será moito máis pracenteiro percibir as vosas visitas por este recantiño de pensamentos. Algúns inconfesables.

    ;-)

    ResponderEliminar
  8. Olhos ue nom cansan de mirar e de ver.Saudos.

    ResponderEliminar
  9. pero que post bonito para rematar o verán.
    E a foto, con esas mulleres "normais" de abondosa carnecita redondeada

    Bicos outonais, chousa

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: