Un dos incentivos que me arrincou do sofá para ir votar hoxe, era a intriga superlativa que me causaba ver á representante do Partido Pirata na mesa de Antas.
Quería ver se levaba parche no ollo, saber de que perna coxeaba e, de paso, comprobar se a tiña de carballo, de castiñeiro ou ía en plan progre lucindo unha de pino do país.
Levei un chasco de carallo, pois non puxeron a ninguén. Como se non houbera onde escoller!. Pero nada, todo igual de anódino. Todos con cara de risa facendo chistes triviais e a mesa do xantar sen recoller nunha beira.
Na cabina había tanta papeleta que caro me costou atopar aos meus piratas. Finalmente ensobrada a miña elección, fun con paso lixeiro para meter na rañura o meu desexo; cumprindo así o dereito cívico que me permitirá botar pestes sobre a piratería que se senta nas bancadas de Estrasburgo.
E mañá...a seguir pedaleando!
Foto: Estilosa pirata pedaleadora.
Non é doado elexir. Algúns descartes sí son fáciles, pero despois de facelos comprícase a cousa.
ResponderEliminarPolo menos, ao votar non poden dicirnos que non cumprimos coa nosa parte. Bo sería que eles cumpriran coa súa.
Bicosss
Por estas terras a revolución non foi grande pero por Europa adiante máis dun lle mirou o cu á raposa.
ResponderEliminarEu pola mañá fun ó Cabe, porque entendín que era moito máis proveitoso ir a pesca das troitas que ir votar. A media tarde pasei polo colexio electoral, non vaia ser que digan que se non participo non teño dereito despois a protestar.
ResponderEliminarO que mais me chama a atención e o feito que deas por sentado que, de haber algun representante dos Piratas, vai ser unha muller jajajajaja.
ResponderEliminarComo fas para "cazar" esas fotos, Chousa? Ou tes imán na tua cámara para atraelas?
Sempre cómpre seguir pedaleando.
ResponderEliminarXa ten que ter arte a rapaza para non esgazar as finas medias e a saia na maquinaria da bicicleta....
ResponderEliminarXa ten que ter...
:)
Bicos de marcha automática...
E, ¡qué elegancia para un sillín!
ResponderEliminare algunha sorpresa leva(ron)mos
ResponderEliminar