xoves, 17 de abril de 2014

Paixón

Son tempos da sanidade enferma de tanto remendo, do ensino coxo por tanta carencia, das atencións sociais desatendidas, das estradas feridas por mil rabuñaduras con máis dun trienio.
Na época da austeridade para os gobernados por opulentos gobernantes dá gusto ver como os que mandan amosan ese coidado paternal que tanta falta nos fai; e nesta Santa Semana redobran os seus esforzos poñendo en marcha máis helicópteros sancionadores.
Iso é pura paixón...polas nosas carteiras!

Foto: Dixitadoras de rigoroso loito polos euros (e puntos) perdidos.

11 comentarios:

  1. Seique te cacharon os de verde Chousa? Estarian nun ponto perigoso vixiando a fluidez da circulación e non escondidos detras dunha absurda e incumplinle sinal de 50. Se lles dixeras que es un afamado blogueiro defendedor do galego seguro que che facian un desconto.
    Son moi bueniños os patrulleiros da chaqueta verde, cada vez que mos fodem fanmos ver que na realidade estannos perdonando a vida permitindonos seguir respirando do SEU aire.

    ResponderEliminar
  2. Parece que houbo multa...

    Xa nin se preocupan en disimular esa paixón por todo o que temos, por pouco que sexa.

    Bicoss

    ResponderEliminar

  3. Pobre dixitadora, onte tan contentiña no caixeiro automático e hoxe...ai, non somos nada.
    Menos mal que nos queda o cigarriño para relaxarnos.
    (Espero que foran poucos os puntos, que ben sei o dolorosos que resultan)
    Bicos Chousa

    ResponderEliminar
  4. A Igreja, bemquerido amigo, ten tudo pensado. Hai misterios gozosos e dolorosos. Entre a DGT e a cúpula eclesiástica hai poucas diferenzas.Apenas na coloración do vestuario.
    Coida dos puntos que che quedan que eu já me encargo de consolar a digitadora (pásame o enderezo dele).Saudos

    ResponderEliminar
  5. curiosa imaxe da semana santa.
    inda que, pensándoo ben, todas as que vou vendo na tele este venres santo, asómbranme. non dou creto.0.

    ResponderEliminar
  6. Estamos rodeados e hai que andar pendente de non soltar máis cartos dos precisos.
    Hoxe tiven a axuda da Garda Civil e portáronse ben.

    ResponderEliminar
  7. ¡Ese amor polas nosas carteiras!
    Paisón de Semana Santa.

    Un bico.

    ResponderEliminar
  8. 400 euros me meteron a min por ir a "81" (!) nun tramo sinalizado a 50.
    O tramo en cuestión ten unha casa aquí e outra, aló, acolá, nunha recta. Oes e eles agochadiños detrás da curva final co pito na boca.

    ResponderEliminar
  9. Buen post al hilo de "las pasiones", de paso, mirando la foto, añadir que también tienen pasión por la prohibición, además de por nuestras carteras:)
    Besos

    ResponderEliminar
  10. Digamos que as patrullas da Heineken son uns apaixoados da sanción.

    Zeltia: deberas sacarlles unha foto "agochadiños detrás da curva final co pito na boca". Creo que con esa proba documental, podías desgravar unha boa parte dos 400 euros (e dos puntos)!

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: