Nun entorno dominado polo verde, que ten por bandeira un inmenso branco atravesado de rotundidade azul; hai que ter moita confianza no talo para campar así de garbosa nun medio tan cromaticamente hostil.
Agora dise personalidade; pero antes, cando ao fertilizante lle chamabamos esterco, diríamos: aí a tés, con dous pares! (de pétalos).
Por iso costa entender como con dúas pernas tan ben postas, acovarda desta maneira a algunhas (persoas) ter que volver á cotidianidade dun mundo cromaticamente afín
Foto: Directora xeral. Chulería na Ribeira.
Eu nunca vou de vermello ou cores demasiado vivos a traballar.... Seica estimula a agresividade dos usuarios... Salvo que o tape debidamente co branco da bata... :P
ResponderEliminarPois xa vés que a papoula non lles ten medo aos usuarios. Claro que as cepas de mencía non teñen pinta de ser moi agresivas tampouco...
ResponderEliminarÉ que, ás veces, non é tan afín como se pensa,Chousa.
ResponderEliminarPor iso mesmo, Chousa, porque hai que ter un par, ou moita personalidade como se di agora.
ResponderEliminarA min dame moita envexa (¿sana?) esa flor.
Bicoss
Deches no cravo, Uol!. A cuestión radica en saber onde están as afinidades. Aínda que se vistan con outras cores...
ResponderEliminarA min tamén me dá desa envexa que ti te preguntas, Alís. (Seguro que non é sana, pero...; que máis ten?)
Bueno, non sei por quen o dis... non imaxino a quen representa a papoula. Pero sen metáforas no medio, a foto é moi evocadora.
ResponderEliminarNon o digo por ninguén Zeltia. Así, de paso, dígoo por todos
ResponderEliminar;-)
https://www.youtube.com/watch?v=NHLsZMgCO_w&list=UUFlO6tx0IA7_eIm-qoBNNEQ
ResponderEliminarCimadevila: apunta aí. Five points para o mestre Sandoval. Two points para os intérpres e...a ghillotina para o técnico de iluminación!
ResponderEliminarquen sabe se as cepas de mencía coa súa graduación etílica tiveron algo que ver na arroutada cromática da mapoula!
ResponderEliminarPor certo, que é ese enlace de Jorge Cimadevila, que a min non me aparece??
E logo está outro tipo de comentarista que en lugar de cun par prefire describir a singulariedade como rareza a criticar. Non obstante, xa está ben de tanto seguidismo. Hoxe en día non queda outra que despuntar.
ResponderEliminarSeguro que algo que ver tiveron, Raposo. (Viches agora o video?)
ResponderEliminarDespuntar apuntando ou apuntando para despuntar, Markesa?
Si, si, agora xa o vin, Chousa.
ResponderEliminarapertas
E que opinará a elegante e fráxil papoula deste debate desatado? :-)
ResponderEliminarQue bo enfoque, Chousa!
Bicos de abril e augas mil :-)
pareceume axeitado o que di polo final cromático deste post :) é balada triste do labrego interpretada polos parentes ;)
ResponderEliminar¡¡ Tempada de minisaias!!!!
ResponderEliminarPois peor para quen se acovarda.
ResponderEliminarMáis sempre haberá algunha personalidade desas que ti ben dis, sorteando inclemencias ...
Gústame o da chulería na ribeira.
un biquiño chousa.
A chulería, con certa mesura, incluso pode quedar ben e todo, Mariola.
ResponderEliminarTempo de marabillas, Dalicia!!!
O enfoque aínda me ten algo dolorido o lombo, Pedras.
(Bromeaba, Jorge. Ti ben sabes que eu solo estou serio na misa...)
Eu son ave nocturna e pouco podo relucir.
ResponderEliminarXa, xa; ti pensas que de noite todos os mouchos son pardos, PaideLeo...jajaja
ResponderEliminar