Para enfiar os adivais da eficacia no cu estreito da actualidade cómpre facelo con esmero, dando as voltas necesarias sobre a espiral trazada. Evitando mareos, aproveitando mareas, adaptando circunstancias...
Que despois de tanto enroscar, xa deberíamos ter clariño que a vida é unha grande porca que unicamente pode taparse de maneira conveniente co parafuso axeitado.
Foto: Parafusos para o mar.
Vejo a un Chousa Diplomatico chamando pelo seu nome a vida e disfrutando de serem um parafuso. Saudos
ResponderEliminarPois eu non lle pillo a relación entre as porcas e o parafuso :(
ResponderEliminarpero benvido ao cotiá, seguro que en Antas xa te botaban de menos.
[Estou pensando unha posible relación entre os parafusos e as porcas. Pero non creo. Debo ser eu que teño unha mente porca.]
ResponderEliminarE sempre hai unha porca para o parafuso!!
ResponderEliminarXa acabaches as vacacións, Chousa? Xa falta menos pras do ano que ven.
ResponderEliminarBicos