venres, 9 de agosto de 2013

Falar

Para levar unha conversa con elegancia non vén nada mal ter coñecementos de encaixe. 
Ir calcetando as palabras con prestancia; fiando finiño entre entonación e intensidade, medindo os ritmos con determinados artigos, cosendo ideas con artigos determinados. E bordar matices coa mirada, transmitindo sensacións en cada puntada.
Sen esquecer xamais ningunha parte do ser; pois á hora de comunicar, todiño o corpo fala.

Foto: Fála-me

10 comentarios:

  1. Todo iso e, tamén, ter algo que dicir, porque falar por falar, por bonito que se faga... ou non?

    Bicoss

    ResponderEliminar
  2. Nom sei de quales encaixes andaras ti a falar, mais eu vejo que um pe nuado fala moito. Nom te arrefries. Saudos

    ResponderEliminar
  3. Tes razón que todo o corpo fala. E ti falas sin pelos nos pes ajajaja.

    ResponderEliminar
  4. Unha imaxe que convida a conversar... e un texto ben bordado;-)

    ResponderEliminar
  5. Que tes moi bo sentido da estética pode verse, que lle das ben a fotografía apréciase e que dominas a linguaxe con soltura e algo obvio. Eu de maior quero ser canteira (picapedra?) coma ti. Impartes clases?

    ResponderEliminar
  6. Gustoume a túa conversa
    fiache moi ben as palabras.

    Moitos bicos.

    ResponderEliminar
  7. As palabras son importantes, pero tes razón, todo o corpo fala.

    ResponderEliminar
  8. Levas razón, todo o corpo fala, aínda que non nos decatemos de todas as partes.
    A min gústame "bordar matices coa mirada" e cantos hai!
    biquiños de encaixe chousa.

    ResponderEliminar
  9. Fala todo o corpo tes razón, pero haiche unha parte que resulta especialmente expresiva. Bicos!

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: