Hai que ter control sobre as situacións límite. Serenidade no medio das crúas tempestades, calma cando nos arde o ánimo e saber temperar se nos enfrían as intencións. Os canons mandan ter xeitiño incluso con aqueles que nos arrincan a picañazos a quietude.
Pero todo ten un límite; así que de cando en vez, se nos pisan en demasía a rabuxa (eufemismo de tocarnos o carallo), tamén cómpre saber sacar as uñas e revolverse feros coma un tijre.
Foto: Tijretonciño
(Licenza de imaxe cedida pola señorita Chousa)
Auténtico!!!
ResponderEliminarNon se pode dicir máis claro!
E que boa elección da imaxe!
Que monada de gatiño. Espero que polo menos a il non lle toquen o carallo (ou a outra cousa, que non se sabe o que e)
ResponderEliminarEncantame cada tema que acometes. E das fotos que digo? Encantadoras.
ResponderEliminarNon pares
pois como sexa un tijre coma o da foto...! (as rabuñaduras fondas non serán, pero teñen unhas unllas afiadas como agullas!)
ResponderEliminarmoi lindo o tijre, é teu?
¡ai chousa... en(gatu)sachesme!
ResponderEliminarPrecioso tijre, Sr.Chousa!! Este préstase para os aloumiños, bueno unllas ten.E que dicir das tijresas??
ResponderEliminarComa sempre, un pracer pasar pola Chousa.
pouco que engadir, é verdade, ás veces a única resposta é perder o control e rabuñar si é necesario.
ResponderEliminarbiquiños
Fixéronme chegar un apuntamento sobre unha frase que dixo Víctor Hugo (moito antes de que eu escribise este posteo, co cal ten moito máis mérito aínda):
ResponderEliminar"Deus creou o gato para darlle aos humanos o pracer de acariñar un tigre".
E mira ti por onde!
Enchoupas de realidad e de ternura. Asim da muito gusto. Saudos com gosto
ResponderEliminarAy,pero este tijre é tan bonitiño,que aínda que me rabuñase un pouquiño deixaríao de boa gaña.
ResponderEliminarEsa señorita chousa quita ben as fotos.
PD- Penso que todos nós temos bastante control aínda coa que está caendo.
bicos e bicos.
Encántame... o tigre da foto. ;)
ResponderEliminar