Timón que potencia, chavella que fixa, caderna que dirixe, abeaca que delimita, rella que abre. Ferramenta principal que ara na gramática sementando fonemas nos regos, acugulando de sílabas os sucos, enchendo de palabras o agro, agromando con voces dulcísimas a bóveda do entendemento.
Ti es bandeira, sinal e himno; eixe, razón e motivo. Es verbo, raíz, esencia mesma; xermolo do todo, lévedo absoluto; sal que matiza, azucre que suaviza, pimento que dá cor, herba do sabor.
Marco delimitado, soporte; liturxia íntegra de canto dicimos, manteliño de silencios, encaixe susurrado...
Marco delimitado, soporte; liturxia íntegra de canto dicimos, manteliño de silencios, encaixe susurrado...
A través de ti, fala da ledicia, manifestamos arelas, expresamos soños e patentamos realidades. En ti, lingua galega, desembocan todos os ríos do pensamento magníficamente expresado.
Foto: Eixe dunha bágoa duplicada. Aldea de Belesar.
Fermosamente definida e sentida. É nosa e somos nós.
ResponderEliminarEse arado que non deixe de abrir sucos!!
Parabéns Sr. Chousa.Apreixos e bicos cheos de ledicia.
No futuro seguro que che adicarán este día. Merécelo de verdade !.
ResponderEliminarAgora que faga un vídeo Zeltia e que cante este posteo Pitima.
AMÉN!!!
ResponderEliminarMagníficamente expresado.
ResponderEliminarAcertado motivo.
ResponderEliminarAcertada imaxe.
Eixe marabilhosamente loubado nesta oracion tua. Gostei moito dese simil co arado e desfruto da marabilhosa image eixada. Saudos sempre em galego
ResponderEliminarEsta nosa lingua
ResponderEliminara lingua galega.
Moitos bicos
Hermoso tu sentido tributo a la lengua galega. Me ha encantado. Enhorabuena
ResponderEliminarGuau! Fermoso.
ResponderEliminarA foto linda linda Chousa, e coas tuas palabras pos emocion nos regos que ti aras as mil maravillas. Parabens e ,moitos bicos
ResponderEliminarPois, si... magníficamente expresado.
ResponderEliminar[paideleo ten moita retranca...!]
Outra de lingua galega para Chousa, por favor!
ResponderEliminarEnlazando co comentario de Magdalena, que sexa outra de lingua galega para todos. Incluido o goberno da Xunta, que boa falta lle fai.
ResponderEliminarGraciñas por vir a esta Chousa (ben sei que ides tamén por outras, pero eu fago así coma quen que non o sei)
Fermosamente dito!
ResponderEliminarQuédome con" manteliño de silencios"
Da gusto poder expresar así de magnífico a nosa lingua. Orgullosa me sinto.
un bico chousa.