domingo, 10 de febreiro de 2013

Moteira

Dominio do espazo nun galope rectilíneo, montando no ar, fustrigando no vento; deitándose nas curvas, erguéndose no rasante, trotando polos carrís. Estrito sentido do equilibrio, con afinación na marcha e atinado tempero de cadrís.
Acougo de vontades, termando coa man o desboque da fera; acariñandoa co pe, animándoa coa mirada; sempre con tino, agarimo, traza...
Non vos hai dúbida. Quen o probou xa o sabe: os moteiros somos outra raza!

Foto: Amazona montando a pelo.

11 comentarios:

  1. Un oleee!!! para a a moteira-amazona.
    Paseo pola costa, suertudossss!!

    ResponderEliminar
  2. Com o equilivrio da moteira quero-me ver eu em trinta anos.E facendo prosapoética igual ca ti.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  3. Quitouse o casco para saudarme (e pediume tempo para poñer o sombreiro de ganchillo, que seica tiña o pelo reseco polo vento do sur). Que L'Oreal tamén vai en vespino; ou que carallo!)
    Matización feita para as autoridades

    ResponderEliminar
  4. Se ve que lo vives!...Galope, trote...¿pero hablas de una moto o de un caballo? o quizá ambas cosas y aquí los "caballos son de vapor"...
    Besos

    ResponderEliminar
  5. E nunca mellor descrito!!!

    Bicos D.Chousa :)))

    ResponderEliminar
  6. Parece que non leva casco. Como a pille a benemérita!
    Dalle jaaassss!!

    ResponderEliminar
  7. Dito desta forma, ata a min me gustaría ser moteira!

    un bico chousa.

    ResponderEliminar
  8. dis trotando polo estado das estradas
    ?
    Estache moi ben andar trotando, pero onde estea un auto espacioso, con amplios ventanais, o seu volante redondo e o seu espello retrovisorrrr

    ResponderEliminar
  9. Eu diría ciclomoteira...

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: