Os tempos son chegados para que don Carnal tome posesión do almanaque gastronómico. Nestes días o escudo do país muta, dende o cáliz coa hostia e mailas sete cruces, a un lacón flanqueado por unha ducia de chourizos engarzados en folliñas de grelos. Aquí haberá quen diga que, en realidade, son nabizas.
Non vai ser nada doado calcular os milleiros de tixolas que pousarán o seu cu negro no minimalista trespés, dispostas á cocción dunha masa branca a base de fariña, ovos e auga ou leite. E mentras se dilucida se son filloas, freixós, chulas, fritos, follados ou filloces; sempre haberá algún picafollas que dirá que el prefire churros.
Foto: Dúas picafollas. Entroido na Arousa.
Tardes remexendo o moado... e vertendoó na filloeira... previamente untada de touciño...
ResponderEliminarComer... comer... comer.
Pode haber algo máis carnal?
FILLOAS!!!!!
ResponderEliminarFI LLO AS!!!!!!
Síntoo, xa non poiden ler máis....
FIIIIIIIIIILLOOOOOOOOOOOAAAAAAAAAAS!!!
SLURP!!!
bicos
Esas duas mozas non sabian onde se metian ou ibas disfrazado de bueno? hahaha
ResponderEliminarColleremos a tixola, faremos e comeremos filloas, por suposto!!!
ResponderEliminarai qué frío me veu polas pernas solo de velas...
ResponderEliminarFilloas.. qué ricas. E os grelos, e os chourizos e o lacón.
Ñam.
Bico, sen disfraz!
Boa image, texto ajeitado e picardia presente: o Chousa de sempre. Saudos.Carlosm
ResponderEliminarteño cita con un señor Cocido (que non borracho) se non un deses que levan de toooodo, incluídas filloas de postre e orellas.
ResponderEliminar:)
Nada mellor que a comida do carnaval.
ResponderEliminarEu engandiría outro pracer gastronómico: as orellas.
Esta tarde de Domingo paseino facendo nelas. Riquísimas!
biquiños doces.
Ai Chousa, non me extraña que fales de churros habendo esas mozas que os prefiren.
ResponderEliminarTamén hai xente que prefire as orellas.
quen fora churro! diría algún coa mente requente...
ResponderEliminarPero eu dígoche que papes o que poidas, que é entroido e é a época de filloar todo o que se poida, que pronto ben a cuaresma e acabouse o conto.
Bicaso.
Si os churros veñen coa guarnición que se ve na foto eu tamén me apunto a eles, he, he!!
ResponderEliminarE que me dís
ResponderEliminardos bolos do pote,
os que cociñaba miña avoa
eran unha delicia.
Biquiños
E eu que non sei facer filloas...!
ResponderEliminarNunca é tarde para emprezar!
Eliminareu prefiro os freixós, non hai comparanza... e aínda que eu non son moi caranavaleira hoxe vou comer na de miña nai: lacón con grelos.
ResponderEliminarEstas festas son as millores.
ResponderEliminarViva o Entroido!!