domingo, 9 de decembro de 2012

Follaxe

Achegándose a invernía, a natureza xoga con noites de branco satén.
Deslízase suaviña entre as herbas finas nunha caricia dulce, paseniña, sutil e penetrante; para interpretar unha melodía de friaxes con mil e un matices que arrincarán suspiros e provocarán salaios. 
Dos desmáns urdidos coa luz da lúa, unicamente nos deixan restos dun fermoso encaixe perdido entre a follaxe...

Foto: Folla xeada.

10 comentarios:

  1. Si que lle colleches o angulo apropiado a folliña. Gustoume moito

    ResponderEliminar
  2. O INVERNO É FERMOSO, só hai que pasalo ben abrigadiños.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. A min todos isto prodúceme arrepíos, pola beleza... E polo frío, que leria! Os anos non perdoan!

    ResponderEliminar
  4. A beleza está diante dos nosos olhos para que poidamos disfrutala.Já teis demostrado que ti a ves (e a trasmites) con facilidade.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  5. Encántame esa descrición tan alucinante que fas das cousas, é coma se realmente estivese ahi,sentindo como cae unhas pingas finas nesa folla tan fermosa do outono.

    ResponderEliminar
  6. O xeo é fermoso de mirar pero non de sentir.
    Hoxe mirei unha película con Leo e a personaxe Jack Escarcha facía verdadeiros encaixes co xeo.

    ResponderEliminar
  7. Qué bonito o dis!
    Quedeime prendida da foto.
    O frío que se fai sentir e a luz, que quenta esa friaxe.

    Que teñas unha boa fin de semana.
    un abrazo que sempre quenta o corpo.

    ResponderEliminar
  8. A natureza que se expresa, que emociona. Que ben a captaches!! Unha folliña vestida de friaxe que nos anuncia a chegada do inverno, pero acariñada agora pola luz desas raioliñas e arrolada polas tenras palabras da túa composición. Fermoso!

    ResponderEliminar
  9. Un texto moi lindo, Chousa.
    máis a friaxe que deixa eses cristais de xeo non me parece suaviña nin caricia dulce, seméllame máis finas agullas espetadas na brandura tenra da follaxe, coiteladas polas que se lle vai a vida.

    sintoo, non podo ver as xeadas como algo amable,s e non terrible, inda que espectáculo fermoso.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: