Se almorzamos recortes sociais, xantamos novas cargas impositivas e ceamos listas de espera inasumibles, non pode sorprender que acabemos por excretar mala hostia e regurxitar decisións de voto profundamente meditadas.
Esa rutina de maldades tamén é a causante de que, cando contemplamos un fermoso bodegón de fina cantería con delicados adornos de lencería floral, unicamente percibamos a inquedanza de ver -no medio e medio da estampa- unha ameazante e xigantesca bomba. Excesiva artillería para tanta fermosura.
Foto: Fina lencería floral. Cambados