sábado, 1 de setembro de 2012

Oración

Riciño noso que estás na cabeza, 
encaracolado sexa o teu nome.
Veña a nós esa feitura;
e fágase a túa espiral, tanto á dereita como á esquerda.
Perdoa as nosas ansias por acariñarte,
como nós che perdoamos as cóxegas que nos provocas.
Déixanos caer na tentación de admirarte, 
e líbranos dos alisamentos.
Amén.

Foto: Nena dos rizos.

21 comentarios:

  1. A pesar de que te han acusado de "vagoneto", yo sigo pensando que tu fuente de inspiración es tan amplia como inagotable. No dejas de sorprendernos con esas capacidades y en los tiempos que corren es admirable. Gracias.
    A.

    ResponderEliminar
  2. Anda, se parecen os meus!

    ResponderEliminar
  3. Mais que un bo motivo para rezar. Fermosa foto.
    Bicos (tamen para a Nena dos rizos)

    ResponderEliminar
  4. AY, que fermosura de oración!!!
    Encaracolado sexa o teu nome encandiloume.
    Gústame que esos pequenos detalles, eses rizos provoquen tanta admiración e rezo.
    Un mundo nese recricar!
    bicos en espiral chousiña.

    ResponderEliminar
  5. Daslle a todo. Supoño que pedirias permiso a modelo para poder sacar esta foto.

    ResponderEliminar
  6. Vaia, vaia, agora veñen os piropos en forma de oración.
    Gustoume.
    Terei que aprendela de memoria.

    ResponderEliminar
  7. Eu desta sei outras tres versións, pero esta non a coñecía jajaja.

    (creo que mandei antes este comentario pero anónimo)

    ResponderEliminar
  8. Ai, que sería desa cabeleira si a pillan os indios apaches!!

    ResponderEliminar
  9. Este post é un dos que máis me gusta de todo o teu blog.
    Será pola tenrura. (Malia que a maquilles co sentido do humor.)

    moi bonita a firma facendo a forma do rizo...

    ResponderEliminar
  10. Non hai nada
    coma o enredo
    natural.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  11. Deus libre aos apaches (comanches e bichería toda) de poñerlle a man a eses rizos (contra a vontade da dona), Raposo; que lles reduzo a masa craneana ao tamaño dun misto pequeno.
    E iso que non son nada ajresivo...
    :-)

    ResponderEliminar
  12. Noraboa, noraboa, noraboa.

    Encantoume esta oración, mais que a orixinal, fíxate ti como é a cousa.

    Tés unha imaxinación prodixiosa.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  13. Xa os rizos son ben feitos, logo a nena non ma quero imaxinar.
    Bicos encaracolados e amén.

    ResponderEliminar
  14. Vaia, así que a nena dos rizos é a Chousiña.
    Pois a miña Xela tamén promete no asunto dos rizos. Vasme ter que dar clases de defensa persoal anticomanches e achegados.

    ResponderEliminar
  15. Algunha destas creacións tan "insinuantes" poderías ofrecérnolas aos oíntes do noso humilde programiña "se che apitece" unha vez ao mes, na nova tempada que comezaremos o vindeiro mes de outubro...
    ¡Felicitacións! Eu concordo cos eloxiosos comentarios que hai publicados...

    ResponderEliminar
  16. O que máis me gustou foi o das espirais a esquerda e dereita. Tódalas nenas dos rizos che agradecemos a oración. :)

    ResponderEliminar
  17. Como dicía Juan Pardo: rezade neniñas; rezade en galego!.
    Acepto a proposta, Xulio. Xa sabes que será un pracer.

    ResponderEliminar
  18. Preciosos rizos e preciosa a tenrura que acompaña á imaxe.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: