domingo, 26 de agosto de 2012

Alimento

Indispensable sintetizar as proteinas, vitaminas e outras substancias que -case de xeito exclusivo- extraemos dos alimentos que manducamos por vía oral, con posterior evacuación dos resíduos polas canles destinadas aos efectos.
Pero deslizarse a canchapernas dun cabaliño do demo que nos leva -en galope silente- entre o ar maino de agosto, para contemplar xuntos postais vivintes coma a que mirades...tamén alimenta, incluso por vía cutánea. Neste caso absórvese todiño. Non hai resíduos. Enerxía limpa!

Foto: Cabaliño do demo (inclinado), e máis eu (sobre a pedra); recargándonos.

15 comentarios:

  1. É vostede completiño, señor Chousa.
    Pero á matrícula do cabaliño fáltalle un U :: 69 69 UFFF...

    ResponderEliminar
  2. Pedras de Santiago26 de agosto de 2012, 17:06

    Quen fose cabaliño-do-demo con dúas rodas, xinete, casco pousado...ou un anquiño do Miño... Canta envexa provocas!!! Que gran alimento agasallas! Grazassssss!

    Bicos ecolóxicos;-)

    ResponderEliminar
  3. ¿Seica cambiache a bicicleta por esta moto? Supoño que sería porque che mola máis a matrícula ¿ou? ;-)

    Apertas

    ResponderEliminar
  4. Podíasnos dicir onde foi feita a foto, a paisaxe resúltame familiar pero agora non a doi ubicado.

    ResponderEliminar
  5. A matrícula ben sei que é bonita Maria Jesús; ata lles gusta aos de tráfico...

    Hai poucos restaurantes que o teñan na carta Pedras de Santiago; pero cando o atopas...é barato!

    Aiiii canto vos gusta a miña matrícula, carallo, que ata Cuspedepita se fixou nela. Vou ver cal é a da bicicleta...

    Ubícocha nun plis plas Raposo: Alto de Belesar, terra de Chantada. Entre o encoro e mailo pobo do mesmo nome. Cando lle tomamos un tóspiro?

    ResponderEliminar
  6. A beleza da Ribeira Sacra so se pode comparar coa inocencia dos nenos, pero ¿cando viches ti un cabaliño do demo canso?, sigue voando, que dentro de pouco acabaran por cortarnos as alas,
    un saudo desde As Grañas do Sor.
    http://polavoltadosor.blogspot.com.es/p/benvidos.html

    ResponderEliminar
  7. Ese paisaje es una pasada y tu el foco de mis envidias por como lo vives y disfrutas.
    Un beso desde Madrid con mucho acento gallego.
    Luisa

    ResponderEliminar
  8. momentos inesquecibles.

    eses cabaliños do demo... hai que ter moito cuidadiño con eles, dígocho eu que xa levo algúns miles de kilómetros sobre eles.

    biquiños.

    ResponderEliminar
  9. Un paisaje precioso,aunque el medio de locomoción empleado es contaminante, mi querido Chousa, la naturaleza te dará energía, pero a cambio tú le das CO2:).
    Prueba con un caballo, eso sí es energía y limpia además.

    ResponderEliminar
  10. Si, indispensable sintetizar as proteínas, vitaminas, etc, pero tamén indispensable absover ese aire limpo, ese vento rozando a cara ,a pel, os encoros da nosa alma, ese silenzo... para logo enmudecer a mente e deixarnos levar...só deixarnos levar...
    bicos enerxéticos.


    ResponderEliminar
  11. O da matrícula semella falso coma un euro de pau.
    Escolleches unha boa zona para perderte ou atoparte...segundo se vexa.

    ResponderEliminar
  12. Andas algo vagoneto este vran co blog pero hai que reconocer que as dosis que nos das siguen sendo de calidade.Ise lugar e un altar maior. A matrícula ecollechela ti?.
    Bicos

    ResponderEliminar
  13. Hai cabaliños da imaxinación aos que non se lles dan cortado as ás Chus ;-)

    Sempre con coidadiño cos galopes, Aldabra; pero disfrutando sin mesuras!

    Non contaminamos nadiña Utopía, xa que lévoa sempre apagada. E temos un trato: ela lévame costa abaixo i eu lévoa costa arriba :-)

    Vexo que interpretas con atino moi certeiro Mariola; incluso os puntos de suspensión...

    Algo falso ten que haber sempre no medio das realidades Paideleo; sobre todo para darlle valor ao verdadeiro :-)

    Eu somente escollín ser un vagoneto veranego, AC; o resto veume todo dado ;-)

    ResponderEliminar
  14. Moi boa paisaxe.
    Non quero falar de números hoxe jajaja

    Apertas dende lonxe.

    Antón.

    ResponderEliminar
  15. Menudas vistas para o cabaliño do demo. A cachacho dese iría unha ben leda cara o monte a fff umar un cigarro ;)

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: