Moito se afanaba don Victoriano en facernos ver as vantaxes de coñecer idiomas. Por iso nos facía rezar en francés ao comezo de cada clase (de xurar en arameo xa nos encargabamos nós cando poñía as notas).
Axiña soubemos que o inglés tiña máis futuro; xusto cando nos decatamos que o chinés viña pisando forte...
Con este galimatías, menos mal que nos queda a sabiduría popular para permitirnos ser políglotas. Incluso eludindo o pago de sobretaxa universitaria.
Foto: Fonética aplicada. Lección 1
E lá estão eles aí em cada esquina...
ResponderEliminarFixechesme rir, Chousa.
ResponderEliminar"Fonética aplicada" jajaja
Apertas.
Antón.
Muito dá que falar a poliglosia.
ResponderEliminarE menudos líos que me monta o Leo cos distintos idiomas que nos arrodean.
A fonética por aquí sería máis ben curasán ( como corazón en portugués ).
Esta fonética
ResponderEliminarque ben se entende.
Moitos bicos
Ola Chousa!
ResponderEliminarA verdade e que me rin un chisquiño aínda que a cousa non sexa par iso.
Unha aperta!!
Que lle vou dicir eu, que escribo "páxina güé".
ResponderEliminarPues es muy gracioso, Chousa, y teniendo en cuenta esa sobrecarga en las tasas universitarias, creo que volveremos (¡qué remedio!) a la sabiduría popular que nunca falla y es accesible a cualquiera.
ResponderEliminarLo de la universidad tiene tela!!!! elevadas tasas, falta de becas, masters carísimos con un resultado concreto: desempleo y fuga de cerebros...¡menudo panorama!
Non hai porque andar con rodeos a cada cousa hai que chamala polo seu nome.
ResponderEliminarBicos
o idioma universal é "o entendemento entre as persoas"... tendo vontade non hai idioma que se resista.
ResponderEliminare sempre nos quedan por ribas, as mans.
biquiños,
Já abondan as complicaçoms, asim que a gente busca e encontra soluçoms atalhadas e efectivas para tales rodeos.Saudos.Carlosm
ResponderEliminarMenos mal, si, que nos queda algo!
ResponderEliminarSaudiños.
Pois a min a sabiduría popular gústame moito e entender entendémonos de marabilla, non?
ResponderEliminarO que non entendo son as sobretaxas universitarias e outras tantas medidas que tiran con todos os nosos dereitos. A ver quen sigue estudando!
un bico.
Non me perderei ningunha das túas clases! inda que non viaxe, nunca está de máis
ResponderEliminar(sabes que o meu fillo está estudando xaponés?)
Eu son partidaria de todo tipo de adopcións e adaptacións lingüísticas; O caso é entenderse, como sexa. E a ensaxe queda clarísima.
ResponderEliminarA lingua viva!
A min fálame "galego de lareira": enxebre, puro sincero.
ResponderEliminarE que como estamos en crisis tamen se fai necesario aforrarse complicacións. Eu doullo por aprobado a quen o escribeu e a ti un notable por atopalo.
ResponderEliminar...quedei pensando que merece mais que un aprobado. Se o CROASÁN esta bo merece un notable tamen: ten un prezo mais que aceptable.
ResponderEliminarÉ importante o dos idiomas, aquí en Galicia son moitos que non saben en qué carallo falan...
ResponderEliminarDígocho eu, que o Sergas está a facer un estudio pormenorizado e hai unha porcentaxe ben ampla que xa queda na primeira pregunta do maquinillo que habilitou para coller cita para o centro de salud:
¿en gallego o castellano?
....
perdón, no lo entiendo, repita por favor...
...
repita por favor
para el practicante!!
no le entiendo, repita por favor...
cajonatós e no demo que te piiiiii
piiii
piiii
Pos eso.
Bicos, beixos, esas cousas que se dan na cara (¿ou?)cos beizos para mostrar agarimo...
O maquinillo é dunha empresa privada... E ¡claaarooo!
ResponderEliminarXa estarán contentos os votantes do PP, que agora xa poden coller cita as tantas da madrugada, ou un domingo... ¡no día festivo do traballo!
Faltaría más...