Nestes tempos de eufemismos baratos que nos falan de reformas, cando en realidade o que acometen son machetazos na liña de flotación do sistemas educativo, sanitario, laboral... Tempos de palabras lenes e baleiras pronunciadas por políticos de carteiras cheas e caras pétreas. Tempos nos que os cidadáns de a pé temos que cobrar menos, traballar máis, pagar mais impostos, recibir menos servizos sociais e -para coroar a monarquía do absurdo- coa calderilla que nos quede, debemos aplicala a reactivar a economía.
E mentras chove polas nosas cabezas, eles seguen protexidos cos paraugas das exencións e parapetados cos impermeables dos privilexios...
Chegados a este punto, para envainar ánimos e acougar intencións; propoño un brinde co elixir da imaxe. Pero como eu vou estar ocupado traballando, pagando e reactivando...que brinden eles!
Foto: Licor para políticos nefastos.
Já o provei e digo-te que não é nada mau!
ResponderEliminar... e até o tenho cá em casa!!
Moi atinado pelo nome o "elixir" que lhes propos. Nao merecen outra cousa.Saudos.Carlosm
ResponderEliminarE non será unha bebida demasiado exótica para que brinden "eles"?
ResponderEliminarAcaso cres que merecen tal agasallo? Bueno, se só se quedan co nome do licor...
Estamos fastidiados co este goberno.
ResponderEliminarEu sabía que ían ser malos gobernantes pero non tanto. Pensei que ían adicarse a chupar e a non facer nada pero fan e todo malo.
Merecen ese licor pero menos destilado.
ai, amigo que ben falas. ata o de chover está ben argallado. Pero eu á vista dese licor quedei sin palabras. Así que fun buscar a san google e entérome de que o afamado licor de Merda portugués,
ResponderEliminar"É extraído a partir de diversas merdas de confiança, sujeito portanto a criar depósito com a idade."
En fin, creo que é a bebida axeitada para que brinden eles!
(E á coruña podes chegar fácil: peregrinas a santiajo e despois dende alí todos che poden indicar o camiño) :-)
A verdade é que os podíamos mandar a "merda", pero non a esa. Segundo teño entendido é un licor demasiado fino para esa grea de xabaríns que chegou ao poder e están a esnaquizar todo o que pillan por diante. Están deixando ao "estado de benestar" como deixan unha grea de xabaríns unha leira de millo, despois dunha verbena.
ResponderEliminarBicos
Merecen o brinde co licor... Ou mellor coa botella, na cabeza. A ver se aprenden a manter o equilibrio ou caen dunha vez...
ResponderEliminarMexan por nos e dicimos que chove...
ResponderEliminarTristura de país.
Un biquiño de licor de toxo.
estábate lendo e xusto estaba pensando no dito ese de: "han mexar por nos e imos decrir que chove".
ResponderEliminarbiquiños.
Pois eu dáballes o mesmo, pero en sólido.
ResponderEliminarA verdade que os políticos merecen beber moito dese licor...
ResponderEliminarApertas.
Antó.
Temos o que eliximos. É hora xa de que todos os que ten privilexios empecen a traballar, para iso temos que ehcarlos dos seus sillons, coste o que coste, antes de morrer.
ResponderEliminarPasame dos botellas!
ResponderEliminarbesitos!
Mui acertado o nome do elixir para eles e mui acertado tamen ese enlace da choiva.Brindo contigo
ResponderEliminarEs cierto que tenemos politicos muy malos pero debemos recordar que nosotros los hemos puesto en sus cargos.Asi que todos tenemos un poco de culpa.
ResponderEliminarEl licor a pesar de todo tiene buena pinta
Estou seguro que non merecen o elixir sinalado, seguro que non; pero -como di María Jesús- a miña intención era brindárllelo en forma máis sólida e servinme unicamente do nome do licor para materializar aquela intención.
ResponderEliminarAmén.
Pois acábome de enterar da existecia dese licor.
ResponderEliminarPero coincido con mariajesusparadela, eu tamén lles daba en sólido. Probar a súa propia menciña, a ver se estoupan dunha vez por todas.
Un texto moi ben fiadiño.
bicos, inxenioso.
Brindo polo futuro do licor café que ha ser a apócema máxica nos manteña victoriosos na loita contra estes romanos. Pois sabemos que todo vai ben mentres o ceo non caia sobre as nosas cabezas.
ResponderEliminar