E cando a luz abre en canal a realidade nada minimiza as intensidades nin acouga salaios. Todo o contrario. As arritmias toman cariz de normalidade e o corazón multiplícase en sístoles de xenerosidade para dar resposta a tanta demanda.
As pálpebras bagoan e non aturan; pero aturan e bagoan.
Namentras , na retina, un millón de mensaxes van e veñen en puro desenfreno demostrativo da batalla que dentro dos miolos se está librando.
Foto: Abril tamén.
Chegou a cor.
ResponderEliminarCanta emoción ;-)
Apertas.
Antón.
e o capullo reventou con toda a súa intensidade e converteuse nunha fermosa rosa bermella.
ResponderEliminarpeor non sucede igual con todos os capullos, algúns no logran saír e quédanse convertidos en capullos para sempre.
pasa ata nas mellores familias, dígocho eu.
algúns ata chegan a ser políticos ¿cómo te quedas?
biquiños,
En cores, Chousa. asím me gosta a min atopar a chousa, libando en tecnicolor.
ResponderEliminarEu estiven a buscar no Internet unha poesía que recordo pero se me resite dun caracol libador. É a poesía, recórdoo ben, de Alina Reyes, mais sinto moito pesar de non tela atopado. Mais aquí deixo a idea e mais a intención.
Que ben debía traballar a que estaba a libar hai unhas xornadas!. Mira que coloradiña a deixou.
ResponderEliminarBicos
Tamben são da opinión que en cores moito melhor.Quen quer librar de libar?.Saudos.Carlosm
ResponderEliminar"E cando a luz abre en canal a realidade..." xorden as batallas que colorean o corazón poñendo rubio ata o máis fondo dos suspiros.
ResponderEliminarGostei da rosa literaria que medra en oposición a Elliot ou a Sabina ;))
Gosto da cor... sobretudo neste dia!
ResponderEliminarAproveita bem também estes dias que o calendário nos permite para um descanso merecido.
Por un momento pensei que cambiaras o posteo de " Libando ".
ResponderEliminarAbril é así: con sol e con chuvia, en BN ou a cores. Hai que ilo levando.
Abril chega cargado de emocións
ResponderEliminare colorido,ninguén queda insensible
cando brota da terra tanta beleza.
Un bico
Xogas coas palabras igual que un neno con un xoguete.
ResponderEliminarA foto en color queda moi bonita pero a anterior tamen e moi chula.
Bicos
_♥♥_♥♥
ResponderEliminar_♥♥___♥♥
_♥♥___♥♥_________♥♥♥♥
_♥♥___♥♥_______♥♥___♥♥♥♥
_♥♥__♥♥_______♥___♥♥___♥♥
__♥♥__♥______♥__♥♥__♥♥♥__♥♥
___♥♥__♥____♥__♥♥_____♥♥__♥_____
____♥♥_♥♥__♥♥_♥♥________♥♥
____♥♥___♥♥__♥♥
___♥___________♥
__♥_____________♥
_♥____♥_____♥____♥
_♥____/___@_____♥
_♥______/♥__/___♥
___♥_____W_____♥
_____♥♥_____♥♥
_______♥♥♥♥♥
Passei para desejar uma Santa e feliz Páscoa. Que o espirito da Páscoa perdure em toda a humanidade, para que se construa um mundo mais justo.
Abraço
Excelente conbinacion de imagenes y palabras. Habra trilogia?
ResponderEliminarA de A
Non fico desacougada, non. Xogar coas cores e os estados de ánimo. Xogar coa dozura do branco para permanecer en calma; xogar con este roxo carmesí para acelerar as ansias e o noso corazón...
ResponderEliminarEstar alerta a tanta cor e a tantas emocións, librando as batallas que temos nos miolos, com ben dis.
Nin unha flor nin outra desmerecen.
bicos de todas as cores.
Boa lección. Unha letra sola, a coloración ou non, canta cousa cambia.Pero nos dous textos hai muita artillería.
ResponderEliminarAviso para todas as colmeas: anuncian fortes treboadas para os vindeiros días. E fai falla que chova, si; pero no chan. Así que todo aquel (abella ou abellón) que non teña paraugas debería absterse de sacar a bicicleta estes días. So pena de resfriado asegurado.
ResponderEliminarAviso dado. De nada.
ves? o que che dicia!
ResponderEliminarElvira: Ti sí que estás ben artística con ese coelliño debuxado e tamén moi atinada nos desexos. Obrigado sempre pola túa visita.
ResponderEliminarMariola: Tés razón; ningunha flor desmereza nunca. Por iso me sinto eu tan atraído por elas. Terei algo de abella ou abellón? Qui lo sá!!
A de A: De momento é unha "biloxía" que xa é moito pedir para un ácrata da escrita coma min.
Zeltia: Xa era hora de barrer algo, non che parece?. Procurarei resistir á primavera logo. Imos ver se o obxectivo se logra.
Trasno: Por moi poquiña cousa todo pode mudar moito, si. Por iso hai que fiar sempre moi finiño para lograr encaixar a vida con xeito :-)
ResponderEliminarMarisa: E ti, que tés ese don especial para velo...pois con moita máis forza aínda. Agora que o ceo siga regando a primavera para que continúe con forza cromática.
Paideleo: Ti ben sabes que me gusta xogar coas letras, así que permitinme esa pequeniña licenza. Imos ver se abril agroma con intensidade nos campos tamén.
mfc: Ao peíño da letra che vou facer caso. Aproveitar os días de lecer para recargar pilas e baterías é moi necesario!
Xenevra: Carallo!! ti sí que te puxeches literaria e con bo xeito!!. Pois que sigan rubeando os suspiros mentras a luz abre en canal as realidades...
ResponderEliminarA.C.: Hai que xogar. A vida é un xogo, aínda que Calderón dixera que era un soño. Xoguemos e soñemos, que o recreo e mailo despertar pode chegar sin aviso previo!!
Carlosm: Pilláchelo eh?. Eu penso que todo quisque ten ganas de libar. As abellas por necesidade e o resto da bichería por puro disfrute. Que siga a explosión de cores!
Dilaida: Era unha artista!!!. Pero mira ti que ben lle respostou a flor, vestíndose coas súas mellores galas e recendos. Caso claro de mutualismo.
Susana Moo: Xa sabía eu que che ía gostar a cor!!. E busquei ese poemos ao que aludes, pero tampouco tiven éxito. Seguirei buscando amodiño, coma un caracol...
Aldabra: Ten que haber de todas as clases (de capullos), para poder valoar axeitadamente aqueles que son bos. Xa falara eu deste tema algunha vez, non si?
Antón de Muros: E chegou, si. Tiña que chegar. Víase vir...á que si?
;-)