Entre acougos e salaios arrincamos follas a un almanaque de docilidades e asperezas; a través do que continuaremos na procura das ledicias agochadas en curvas perigosas con ángulos cegos e círculos viciosos.
Unha vez franqueado o pórtico; coas pálpebras entornadas, ficaremos nunha quietude inqueda, sentíndonos acollidos por columnatas de pétalos e alimentados por pistilos de dulzura que provocan tremores inmedibles por escalas coñecidas, sementando confusión sobre quen liba e quen expele...
Foto: Libando en abril.
E mentres as obreiras senten todos eses praceres e sensacións, a raíña aburrida no seu pazo, poñendo ovos e máis ovos...
ResponderEliminarBicos
Xa está aquí, xa chegou, pero hoxe é inverno. As fragas arden, a ialma chora e nos perdemos o máis verde que tiñamos.
ResponderEliminarÉ unha tristura iñorme.
Bicos tinguidos de cinza.
ohhhhh que foto mais bonita. Un dia vaite esconar unha vaca ou picarte unha abella pero desde logo mereces un premio por tantos regalos que nos fas.
ResponderEliminarSempre a metamensaxe ;-)
ResponderEliminarApertas.
Antón.
Esperemos que nos quede algo que zugar, algo doce con que satisfacer o noso padal. Porque así tamén daremos unha dose extra de azucre ó noso cerebro para encontrar algunha saida neste calendario de confusión que dis.
ResponderEliminarun bico e que pases boa semana santa.
Olvidei dicir que encántame a foto en branco, prodúce acougo.
ResponderEliminarun abraciño.
Un bo comenzo de abril
ResponderEliminarcon beleza
e con dozura.
Moitos bicos
E viva a Primavera!!!
ResponderEliminarSalaios e acougos tenhen que existir por mandato natural como tamben existen flores e insetos; pero lograr atrapalos nun instante non esta sempre facil de alcançar. Ti teis olho axil e pluma ligera. Parabenizome de ler o que dis e olhar o que capturas. E se convitas a un vinho tamben me apunto je.Saudos.Carlosm
ResponderEliminarRe-decoraches a bitácora e enchíchela de gasterópodos!!
ResponderEliminarQue ben expresas a sensación da entrada da estación máis alporizante do calendario. Explosión de metáforas e contradicións!! A quietude dos caracois e a inquieta dozura das abellas comenzando a súas tarefas. E a beleza desa flor!!!
Mentres aclaramos as confusións, seguiremos camiñando por abril:-)
"das ledicias agochadas en curvas perigosas con ángulos cegos e círculos viciosos" para que logo digan que non hai poética na xeometría...
ResponderEliminarUn saúdo blogueiro
E a ti que che gusta mais o mel, as flores ou as abellas?
ResponderEliminarSi. Xa chegou o abril, pero de momento sen augas. A este paso, pouco ha quedar que libar...
ResponderEliminarpasa la vida, pasa la vida, libando cando se pode e expelendo cando é necesario.
ResponderEliminarnon hai mais.
biquiños,
Y todo ello inspirado por una abejita que se coló en la rosa. Es genial. Hermosa foto
ResponderEliminarA de A
Doce confusión a que devén deste abril florado.
ResponderEliminarSorprendeume o cambio de mobiliario na chousa, sorprendeume.
Que o mes de abril sexa eterno na floresta!!
Espero que a sorpresa da mudanza resultase agradable para o ollo e maila mirada, Xenevra.
ResponderEliminarA inspiración sempre contempla máis realidades que as obvias; pero algo sempre teñen que ver, A de A
A vida sempre pasa, a moi pillabana; así que se pode ser libando moito mellor, Aldabra.
Virá a auga para facer florecer o aínda non florido. Xa verás, Concha
ResponderEliminarNon hai cousas fermosas que non me gusten, Trasno.
A xeometría está cheiña de poesía. Solo hai que darse unhas voltas co compás para atopala, Sabela.
Que ben interpretaches canto quixen expresar nas imaxes e dicir coas letras. Así da gusto, Harmonía.
ResponderEliminarÁs veces, para lograr xuntar iso que dis, tamén hai que permitirlle participar a un activo elemento: o azar. O viño cando queiras, Carlosm
Por sempre que viva!. E mil primaveiras máis, MFC
Beleza e dozura que completas ti con ese ramo de bicos, Marisa.
ResponderEliminarEspero que cando chegue a cor non fiques desacougada, Mariola.
En ocasións unha frase moi grande solo transmite unha idea moi pequerechiña, Antón ;-)
Serían dignas feridas de "guerra"; aínda que de momento sigo virxinal, AC
ResponderEliminarXa empezou o rexurdimento das fragas. A vitalidade sempre supera a negrura, Blogboreta.
Dis que estará aburrida toda ela rodeada dun batallón de dipostos abellóns, Dilaida?
sempre é excitante contemplar o acto.
ResponderEliminarquedei sorprendidísima do cambio de decoración na chousa.
moitos anos sin mover nin un xerro do seu sitio na mesa!, non sei, non sei se esta primavera te botará a perder!