mércores, 1 de febreiro de 2012

Entroido

Deberíades planificar uns días de vacacións para o entroido, e vir por Antas en tales datas. Non ides coñecer a ninguén, que imos todos disfrazados.
O Ulla vai de Támesis e o Farelo está empeñado en vestirse de Everest. O queixo vai ser delicadísimo caviar e o pan dulce de maná amasado en artesas de diamante.
Xa hai quen dí que, no fondo, todo muda para non cambiar o que xa é toda a roda do ano.

Foto: Portugalízate

30 comentarios:

  1. Por eiquí andanche todos co traxe do emperador... ;)

    Bicos con morriña de filloas.

    ResponderEliminar
  2. Fermoso e atraínte convite. Eu optei este ano por pasar o entroido nas terras da outra beira do Minho. Se cadra apaño un fado e visto con el todo o ano.
    Pasádeo moi ben, aínda que máis ca un desexo pinta unha realidade.

    ResponderEliminar
  3. nunca fun de moitos disfraces pero sí é verdade que algún ano me disfracei: açí lucín de india, de animadora e de trapalleira, que é o que mais me gusta.

    biquiños,

    P.d.: do monumento á muller, decirche que podes interpretalo como máis gustes...

    para mín está claro... o corpiño vese ben coas súas curvas e todo... despóis o oco do ventre é o oco da maternidade ven grandiño, tanto que casi ocupa todo o se u corpo, tamén simboliza o sexo... e o oco de enriba é o oco donde vai o corazón, un corazón ó "ventimperio".

    e non hai máis.

    ResponderEliminar
  4. y después de lo que tú has dicho, a mí me queda por decir lo que los Siniestro dijeron en su día (así se tituló uno de sus discos):"Menos mal que nos queda Portugal":)
    Bicos y besos a la par

    ResponderEliminar
  5. De boa gana planificaba esas vacacións. Poida que o faga, pero como chegarei disfrazada non creo nin que me recoñezas...

    Bicos

    ResponderEliminar
  6. A min gústame o entruido anque teña que disfrazarme de portugués...se existe tal disfraz.
    Todo sexa con tal de non levar garabata.

    ResponderEliminar
  7. Canto che pagan os panadeiros e queixeiros de Antas pola publiciade que lles fas? jeje

    ResponderEliminar
  8. pois si que me gustaría coñecer Antas.
    Non sabes o que me pasou onte. Estaba falando cunha muller e me di:
    - Eu non son de aquí, son de Lugo.
    - De Lugo, Lugo?
    - Non, De cerca de MOnterroso, de Antas de Ulla.
    I eu, coma se tivera alí un pazo_

    -¡¡¡¿¿¿De Antas de Ullaaaa!!!???

    I ela:
    - Si, dalí son meus pais e os pais do meu home tamén, e vou sempre que podo, levamos as nenas e pásano en grande cos primos, alí a vida é diferente, xogan na rúa, andan en bici hasta as doce da noite...

    Por certo, estou traducindo, porque a muller me falaba en castelán ... ;(
    En fin, que haberá que darse un garbeo por Antas, con disfraz ou sen el.

    ResponderEliminar
  9. Hai que anda de entroido todo o ano
    vestirase para eses intres con caretas de bonito.

    Bicos dende a Rias Baixas.

    ResponderEliminar
  10. Vou votar este posteo para gañador de concurso anual. Já tinha eu visto estes cartaces polo norte de Portugal e bem que chamaron a minha atenciom numa primeira vez. De que te vas enmascarar ti este ano?.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  11. Aqui também há Entrudo... todo o ano!!!

    ResponderEliminar
  12. Mfc: todo quisque con máscara (máis ou menos atinada).
    Carlosm: Xa vexo que che gustou a unión.
    Marisa: a cuestión é ter ocasión de interpretar outro papel :-)
    Susana Moo: Esa veciña miña leva moito tempo exposta á radiación castelafalante viguesa. Pobriña!
    Trasno: teño empanadas e pan de balde de xeito vitalicio :-)
    Paideleo: hai portugueses moi engravatados tamén ;-)
    Alís: Era boa idea organizar unha xuntanza de disfraces na Chousa.
    Ginebra: e que nos quede por moito tempo!
    Aldabra: Como é o disfraz de trapalleira?
    Xenevra: Seguro que vestida de fado irás en clave de sol.
    Blogboreta: As filloas con sangue ou con leite?

    ResponderEliminar
  13. Pois para min o queixo, non deberia deixar de ser queixo...

    Bicos de nata!!!

    ResponderEliminar
  14. En lugar de disfrazarme, no Entroido saco a careta. Por aquilo de ir á contra. Que lle queres? Seica saín algo rebelde.

    Bicos enfariñados.

    ResponderEliminar
  15. ¡¡¡¡santísimo sacramento portugués!!!Chousiña, qué cousas tés.

    ResponderEliminar
  16. Galiza y Protugal siempre fueron hermanas no?un besito

    ResponderEliminar
  17. Merce: pois mira se deixa de ser queixo en La France, que lle din fromage!
    Nena do Paraugas: eu píntoa de novo ou cámbiolle a goma!
    María Jesús: E sin telo tentado, lograches un pareado!
    Aniña: E que sigan sendoo :-)

    ResponderEliminar
  18. Que quere que lle diga? Que as cousas coa que está chovendo pareza que son unha cousa un par de días e logo volten ao de sempre non é que compense moito. Pero xa lle digo, non son moi entroideiro.

    ResponderEliminar
  19. Moito me gustou eso de que "todo muda para non cambiar". No fondo pasa algo asi, anque o Ulla se vai de Tamesis terá que aprender a falar ingles jaja
    Bicos

    ResponderEliminar
  20. Kaplan: Boeno, home; pero tampouco imos estar no velorio todo o tempo, que xa chega cos telexornais.
    A.C.: E logo ti non lle escoitaches os exercicios de pronuncia que fai polas cascadas?

    ResponderEliminar
  21. As partidas de Carnaval partem do Governo, este ano...
    Beijos.

    ResponderEliminar
  22. Pois se organizades un baile de máscaras en Antas, avisa, que eu vou de funcionaria!
    [eu creo que, por desgracia, todos imos algo disfrazados o ano enteiro]

    ResponderEliminar
  23. Eu por ver o caviar en artesas de diamante vou onde faga falta!

    ResponderEliminar
  24. Pois haberá que ir a Antas, a tomar ese queixiño e ese pan dulce do que falas.
    Aínda que non sei se me chegará o gasoil con tanto recorte...

    Biquiños disfrazados de bolboreta ou papoia que tamén e moi fermosa a palabra.

    ResponderEliminar
  25. Deus che conserve a frescura e dilixencia para amosar con fartura a risa. Bendita sexa. Un bico

    ResponderEliminar
  26. Rula: benvido sexa sempre don carnal!
    Filoxera: disfrazados van os gobernos todos, incluso fora do entroido.
    Zeltia: ese disfraz estache moi solicitado, creo que haberá oposicións.
    Raposo: aviso que estará escoltado o caviar e maila artesa :-)
    Mariola: pois apaga o coche nas costas abaixo! :-)
    Maribel-bel: E ti que o que o vexas. Amén

    ResponderEliminar
  27. o disfraz de "trapalleira" é ir vestida de calquera cousa, roupa tras roupa sin ir vestida de nada en concreto, ¿entendes?.

    eu lle chamo así, ó mellor chámase de outra maneira, ben, non o sei.

    bqñs,

    ResponderEliminar
  28. Prefiro asomarme a ver o Farelo vestido de branco Everest, que o Ulla de Támesis coa auga avolta. Se ademais nos agasallas con pan e queixo, voando imos!!

    ["todo muda para non cambiar"... tamén no ámbito político; non sei desta vez os tiros ían algo por aí...]

    Xa estou buscando o disfraz! ;-)

    ResponderEliminar
  29. É unha pena que remate o antroido, estes días ves moita xente que aínda non sacou a máscara, estou con vos, menos mal que nos queda Portugal!!
    Saudos
    Sabela

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: