A desmedida ansia por xenerar transaccións económicas nun mercado famento e absolutamente imposible de satisfacer (ninfomanía mercantil), criou a posibilidade operar con produtos que aínda non existían. E houbo quen os vendeu e, curiosamente, quen os mercase tamén. A feira do inexistente circulaba a todo trapo pola vía do absurdo ata que descarrilou.
Agora parece que todos sabían que non é de cordos comerciar co leite antes de muxir; pero sigue a liorta por dilucidar culpables: quen comprou o que non había ou quen vendeu o que non tiña. O que sí parece claro é que catro tetos non son un grupo lácteo, e onte cotizaba á alza esa idea...
Foto: A Toura, empresa láctea en cernes.
Tan maiorciños e fodendo o país co conto da leiteira... Poucos tetos e moitos papos.
ResponderEliminarBicos sen lactosa :*
El sobrenombre de ninfomanía mercantil me parece absolutamente indicado para describir la fiebre mercantil que vivimos y padecemos todos.
ResponderEliminarLa foto es explícita:) y también muy apropiada para esa reflexión crítica que haces.
¡Está muy bien!
Bicos
Parece que a realidade virtual que nos acompaña en tantos momentos das nosas vidas ten os seus efectos secundarios, e até na economía un acaba por non distinguir o tanxible do intanxible. O malo de todo isto é que o virtual acaba cando pasa a chamarse bancarrota. Apertas.
ResponderEliminargustoume iso de ninfomanía mercantíl
ResponderEliminar:-)
a túa reflexión expresada dun xeito moi orixinal(sempre o fas) :-)
vendían fume...
ResponderEliminare agora vai a resultar que a culpa vai ser da vaca por ter tetos...
vivir para velo...
cando vaias facer as xestións mañá fíxate nos empregados ben e xa me contarás... mais que nada por si teño que cambiar o relato...
bikovichs, que é como biquiños en ruso.
Eu tamen me fixei no mesmiño que Zeltia :)
ResponderEliminarBicosssss
P.D. ti mais eu, temos algo que facer para iste 2012...
A Marela agora secou e xa non dá nin gota.
ResponderEliminarImos ver querido Chousa
ResponderEliminardo que se vai comer
despois de que xa se espremeu
o teto a vaca.
Moitos bicos
Aquí xa hai moito dito e moi acertado:
ResponderEliminar"ninfomanía mercantil", "vendían fume...", pero "a marela agora secou..."
Por encima agora, mentres se adican a buscar culpables, non se solucionan os graves problemas.
Dun xeito ou doutro todos somos algo responsables por crer nese espectro de bonanza que parecía ilimitado.
Apertas de xaneiro
PD/Chousa, o título e a imaxe acordes co tema e ademais moi do país:-))
Demasiadas ninfomanías ansiosas levaron a cousa a un estado de flaccidez pouco ajeitada amigo Chousa. E 4 tetos son uma ubre namais anque onte dizian que era un complejo leiteiro.Saudos.Carlosm
ResponderEliminarCulpable é quen vende o que non ten. o que compra o que non hai é tonto, nada máis. Ou moi tonto, iso depende.
ResponderEliminarOigo falar de muxir e síntome representada. Debe ser porque últimamente adícome á producción láctea
Bicoss
Vendeuse leite sin munguir de vacas que inda non naceran. E tamén se venderon queixos con ese leite inexistente.E con subvencions oficiais e todo.Todos toliños
ResponderEliminarY no habeis pensado que quien compró lo que no había pudo haber sido víctima de un engaño?. Tambien como consecuencia de un exceso de especulación, pero hubo y hay mucho chanchullo de los poderosos para "muxir" a todos nosotros.
ResponderEliminarMoi acertada a expresión de ninfomanía mercantil, mais tendo en conta que a ninfómana non acada o pracer, a búsqueda trepidante del, impídello.
ResponderEliminarE da foto, ¡qué dicir da foto! a tenrura da maternidade tranquila, tan contraria a ese trepidar bursátil.
Bicos Chousa.
Uma alegoria perfeita e que infelizmente tem tudo a ver com a realidade.
ResponderEliminarNon se pode comerciar co que non hai, pero este país de farándula préstase a iso e a moito máis.
ResponderEliminarUnha foto ben explícita.
biquiños chousa.
Moita xente foi a esa "feira inexistente" pensando facer o agosto e ahora deronse conta que o agosto ficérono outros.
ResponderEliminar(Xa diras como te puxeches para tirar esa foto. Calquera dia vante patear)
Chamáronme de Wall Street para ver se podía aclarar que esto de vender fume é unha práctica lícita. E que despois do meu post seica se veu abaixo (máis aínda) o mercado de futuros...
ResponderEliminarIsto é chegar e encher: tetos, ninfomanía..pero era a economía con vacas! Os mercados son cuestión de fe, están cheos de xente disposta a crer, logo están tamén os ateos e os agnósticos, e Deus sempre foi virtual como a liquidez do século XXI, quedamos á espera do milagre... Se volven chamar de Wall Street pásemos!
ResponderEliminarUn saúdo :)
PD: Marabillosa fotografía
Vaca de muitos, mal mantida e ben muxida.
ResponderEliminarSeguro que tí, coma moitos, suscribirías isto:
ResponderEliminarhttp://www.elpais.com/articulo/opinion/encima/posibilidades/quien/elpepiopi/20120117elpepiopi_6/Tes
Algúns ben que mamaron deses catro tetos, e ben que se forraron (mesmo vendendo o leite que non daba).E algúns ben que sabían que eso non ía ter bo remate pero como tamén chupaban do bote pois a calar e a mirar para outro lado. E hai algúns que aínda hoxe non caeron da burra (perdón da vaca).
ResponderEliminarSuscribo, Zeltia; pero creo que Soyaya non pensa en min nin en Paco Pastor cando pide "un esfuercito más"...
ResponderEliminarCase mellor imos ver de armarlle outro teto á Toura e rezaremos para que non se vexa afectada por unha mamite!
Tendemos a crer que con atopar o culpábel xa vén a solución. Mágoa que non sexa certo, porque o mundo térmolo cheo deles... e senón, buscámolos de vez ;))
ResponderEliminarEn este pais la culpa siempre será de la vaca.
ResponderEliminar