venres, 16 de decembro de 2011

Tentación

Non sei como anda todo quisque tan alporizado polo desliz  cometido -supostamente- por xente tan principal.
Somos tan falsos coma as mangas dun chaleco á hora de censurar os desmáns dos outros coellos, cando ben sabemos que, se non houbera gaiolas coartadoras nin valos que as preservasen, había ser ben complicado para as verzas chegar á pota do caldo. Podedes bater palmas ou tirarme areas, pero algunha razón levo...

Foto: Tentación na feira do 10 en Antas. 

25 comentarios:

  1. Tés razón e ata a lei contempla algo diso. Non é o mesmo coller algo alleo nunha casa que estaba coa porta aberta que con ela fechada.
    Enfin, que haberá que mirar para outro lado e perdoar: é que imos pedindo que nos rouben !.

    ResponderEliminar
  2. Algunha non... Levas toda a razón... Claro que sí...

    Aisss.. qué gañas dun caldiño hoxe con este día tan mollado ventolado e oscuro...

    ResponderEliminar
  3. Também me parece...
    Bom fim de semana.
    Beijos.

    ResponderEliminar
  4. Algunha, non toda. Porque supor, supoñíase, a diferenza radica na usura, na codicia sen límites. Todos nos fariamos cun manoxiño de grelos se non miraran, según a persoa con máis o menos vergoña, pero o caso e ter vergoña, e algúns pese a todalas prebendas que xa levan de prestado aínda queren máis, queren todo y por riba poñendo de parapeto asociacións de nenos e minusvalidos. Iso no é ter morro e non ter de nada.

    Biquiños republicáns...

    ResponderEliminar
  5. Razóm tès, o problema e que empeza a haver mais coelhos que verzas. Palmas (sin arena) para ti.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  6. Pura envexa, iso é o que temos todos.

    Pero, existe un PERO, cando xa o tes todo ou case todo, porque un montón de currantes dun estado está cotizando, para que vivas como deus... Iso... eu diría que é moita avaricia e un pouco de cachondeo, por riba de mantelo e pagarlle os vicos tamén nos rouba as verzas que tiñamos para o caldo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Cánta verdade hai
    nas túas verbas,
    pero sempre haberá
    a quen non lle
    importen os valados
    artellará algo
    para poder saltalos.

    Bicos o bo fin de semana.

    ResponderEliminar
  8. Tamen ten que ser ben triste estar engaiolado tan cerquiña da tentación xD . Non sei como fas para darlle a volta as cousas ata que acaben parecendo víctimas os coellos. Bicos

    ResponderEliminar
  9. Era um convite... e tu acedeste a ele, como pessoa bem educada!

    ResponderEliminar
  10. Razón, toda. E quen estea libre de culpa que tire a primeira verza!

    ResponderEliminar
  11. Home chouza, hai cousas que non temos por onde collelas....Mira se robas unha pita, resulta que eres un chourizo, un quinqui, e vas para o trulla, de por vida....Se roubas centos de millons eres un señor...de puro e chisteira....Tes un equipo de abogados, e mesmo ainda que te condenen ; sempre atopas un sonsello de ministros disposto a concederte o indulto...
    Xa o dicia Castelao: MEXAN POR NOS E AINDA TEMOS QUE DICIR QUE CHOVE....Amigo.

    ResponderEliminar
  12. Te veo una persona equánime y justa.Llévales tu las "verzas" que consideres necesarias a esos gazapos y guarda las otras. Es que si van ellos, unas se las comen y otras las pisan.
    GL

    ResponderEliminar
  13. Levas toda a razón, aínda que é normal alporizarse, aínda que non consigamos nada de nada.
    As verzas teñen moi boa pinta, faiseme a boca auga.
    bicos.

    ResponderEliminar
  14. Razón levarás, pero si un coello que ten ferrados e ferrados de verzas a súa disposición aínda vai roubar as dos demais, cando menos había que darlle unhos lapotes: uns por ladrón e outros por exceso de avaricia.
    Digo eu.

    ResponderEliminar
  15. Había que ceibar eses coellos polo monte para que deixaran de axexar polas verzas.
    Mal pinta a cousa para o coello real, que quixo comer as verzas e cachárono

    ResponderEliminar
  16. El pote me gusta bastante.
    No sé si llevas razón o no, últimamente, Chousa, no estoy segura de nada...
    Bicos

    ResponderEliminar
  17. E o que estea libre de pecado que tire a primeira pedra... e tamén hai envexa.

    ResponderEliminar
  18. A este paso ides pensar que son un defensor de causas perdidas; unha especie de avogado do demo. Nada máis lonxe: o que pasa é que ás veces gústame nadar un chisquiño a contracorrente.
    En todo caso é ben certo que, en moitas ocasións, o tamaño da metedura de gamba é direitamente proporcional á posibilidade de podelo facer.
    Ou non?

    ResponderEliminar
  19. Pero, pero, pero... uy uyuyuuuy...

    ti tes tentacións???

    ay non me digas eso... que o Faro estáche moi solitario...

    ;)

    P.D. co que me gustan a min as verzas e o caldiño non sei se me conteria...

    Biquiños a moreas!!!

    ResponderEliminar
  20. Ninguén me crerá pero eu non preciso valados cando o alleo é certeza. Tampouco nada me impide discernir o propio do que non me pertence; de meu nada teño.
    Á natureza dos coellos cumpriralle muros pero a especie que os levanta debera autosometerse aos da moral que seica lle é innata. Aos desertores da moralidade aconséllolles religaren coa lírica e reflexionar coas palabras máis fermosas que lin neste ano que acaba: "Cancela de invernías húmidas, fiestra de cálidos veráns; incluso pechada deixas entrar, e sen abrirte permites saír"
    Coñece alguén ao autor?

    ResponderEliminar
  21. Feliz Navidad.

    Um abraço e FESTAS FELIZES

    ResponderEliminar
  22. Non tés algo de razón, tela toda.
    ¡Que pouca cabeza, deixar os pobriños coellos tan cerca da tentación!

    Biquiños e bó nadal.

    ResponderEliminar
  23. Quero desexarlle o mellor Nadal e os días máis felices xunto a aqueles que o queren.
    (Como hai días que non actualiza empezo a supoñer que lle tocou a lotaría e anda de cruceiro polas Bahamas)

    ResponderEliminar
  24. Serei tonta e non digo que non, pero non me sinto representada polo teu texto. Polo tanto, nada de perdoar e que cada quen pague o seu "desliz"

    Bicoss

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: