sábado, 24 de decembro de 2011

Compás

E despois de singladuras por augas embravecidas, tornados  de vertixe e mar de fondo tempestuoso; acadamos no calendario días ó abrigo do porto mainiño para enfriar motores e amarrar ilusións.
Que nas vindeiras mareas nos deixemos guiar sempre polo compás da intelixencia e maila estreliña da intuición, sin esquecernos nunca de izar as velas da imaxinación.
Os meus desexos de lóstregos de ledicia e maremotos de calma para toda a flota.

Foto: Punto de amarre.

18 comentarios:

  1. Boas xuntanzas nestes días e bo comenzo de singladura para a vindeira travesía!

    Unha aperta dezá.

    ResponderEliminar
  2. Grazas polos seus desxos, señor da Chousa.

    Que non o tenten demasiado as verzas, ás veces son algo indixestas!

    Que teña vostede tamén moitas razóns para a ledicia. E non so estes días, senón sempre.

    Moitos biquiños para o que queda deste ano e moitísimos máis para andar o que logo comeza.

    ResponderEliminar
  3. como eu me sinto parte da flota, quedo gratamente sorprendida por esta mariñeira felicitación, tan literaria... nunca me felicitaran utilizando oxímorons

    :-)

    biquiños despois dos postres e os xogos de mesa... e antes do sono.
    feliz noiteboa

    ResponderEliminar
  4. Es una entrada verdaderamente bonita. También me sumo yo a esos deseos para toda la flota que amarra en tu puerto, Chousa.
    Besos
    p.d. Lo de izar las velas de la imaginación me ha encantado!

    ResponderEliminar
  5. Espero logo que teñas un ano cheo de intelixente calma.
    Saúdos e boas festas.
    Precioso o post.

    ResponderEliminar
  6. Que as súas fermosas verbas se fagan realidade e que se cumplan todos os seus bos desexos!.
    Felices Festas, Bicos

    ResponderEliminar
  7. Orixinal coma sempre. Gustoume moito a foto elexida.
    Un bico e moitas gracias pola felicitación Chousa

    ResponderEliminar
  8. Lo dices muy bonito.Feliz navidad tambien para ti

    ResponderEliminar
  9. Unha imxe perfecta para un texto moi ben amarradiño.
    Grazas polas tan boas intencións e que todos sigamos tendo o noso punto de amarre e sigamos formando parte desta flota tan enriquecedora.
    Moi orixinal, si señor.
    bicoos.

    ResponderEliminar
  10. moitas gracias, Chousa, pola tua felicitación sincera e educadora.

    non perdas nunca as mañas.

    déixoche un ronsel de bicos tépedos,

    ResponderEliminar
  11. As panxoliñas cantámolas en playback ou a capela, como vostede queira; por suposto, sen esquecer o compás e co punto de amarre ben fincado na terra.
    Boas festas, compañeiro!!!

    ResponderEliminar
  12. O Natal tambem te anima e inspira, incluso con alardes marinheiros, o cal tem moito mérito sendo como es, de terradentro.Obrigado pola felicitacion(que eu tambem me considero parte da flota) e deixame sitio para amarrar nese anel.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  13. Sabe bem este descanso.

    Um grande abraço.

    ResponderEliminar
  14. Esta parte da flota (barquiña de remos) agradece os teus desexos e ten os mesmo para ti.

    ResponderEliminar
  15. Sin que a auga sexa o meu medio natural, gustei moito da felicitación. Grazas e reenvioche os mesmos "maremotos calmosos".

    ResponderEliminar
  16. Igualmente.
    Aínda que chego tarde, os meus bos desexos para ti siguen sendo os mesmos

    Bicoss

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: