Manda carallo coa prima dese tal Risco, da que falan todos os xornais. Debe ser unha lercha de moito coidado, xa que ten erguida a media Europa e moi excitado ó resto do mundo.
No medio de tanto alporizamento, pregúntome se non lles viría ben (a ergueitos e a lerchas) un anaquiño de acougo que lles permita un revolcón de tranquilidade. Para tal fin, nada mellor que empezar con un escenario axeitado como preludio introductorio á calma.
No medio de tanto alporizamento, pregúntome se non lles viría ben (a ergueitos e a lerchas) un anaquiño de acougo que lles permita un revolcón de tranquilidade. Para tal fin, nada mellor que empezar con un escenario axeitado como preludio introductorio á calma.
Foto: Revolcón de tranquilidade. Posible escenario inductor.
Menos mal que os meus primos son todos xente corriente...
ResponderEliminar[Tamén manda carallo que haxa unha axencia que se adique a medir riscos e que se chame Standard & Poors]
Eu céntrome no paseo: hoxe, envolveita nesta manta gris e húmida, a paisaxe da foto é máis axeitada ca nunca como introductoria á calma. [É en Lalín?]
Ademais a prima de risco tem nacionalidades varias, pois eu já tenho escoitado falar da italiana, espanhola, grega...Deberia aceptar a tua proposta.Saudos.Carlosm
ResponderEliminarBellísima foto. Ojalá esa calma que evoca fuese reclamo suficiente para los "mercados", parientes de la "prima" a la que aludes, y se fuesen a relajar a ese lugar paradisíaco.
ResponderEliminarC.
O Risco galego ten sorte, se fose curmá sería moi pouco apropiado, pero sendo prima a parentela xa pilla un pouco lonxe. Polo tanto que o revolcón sexa pracenteiro e o Risco disfrute moito.
ResponderEliminarAi, mira que lle teño eu unha xenreira a prima esta que ten tanto risco, e todos os días veña a darlle voltas á prima.
ResponderEliminarPero se cadra tanto a prima coma todos os demais debían visitar esta paisaxe maravillosa da túa foto.
O escenario non só e axeitado senón que é inmellorable!! (ousadía a miña, recoñézoo!)
ResponderEliminarChousa, vaslle contestar ti á preguntiña de Zeltia ou teño que facelo eu?
:-)
Pois mire que lle dei voltas a quen podería ser esa prima de Risco!
ResponderEliminarEstá claro que hoxe non ando moi espelido...
A foto, preciosa.
Énchesenme os ollos de envexa por non poder salpicar á prima e a Risco con esa auguiña tan queda. Convídasme a min tamen a participar no escenario, Chousa?
ResponderEliminarNon vou dar poder a esa lercha da que falas, (a prima unha lercha e os demáis uns lerchos) porque os meus ollos hoxe só están postos na foto que nos deixas, nesa calma e tranquilidade que amosa á beira desa río de augas calmas.
ResponderEliminarSó con contemplar, a mente deixa de funcionar e só manda o corazón.
Por qué non o probarán.
un biquiño calmo.
Se probara, Mariola, seguro que repetían!.
ResponderEliminarTira coa envexa, e mergúllate tamén Trasno.
En realidade, Kaplan, o texto é unha simple coartada para lucir a foto :-)
Absolutamente de acordo, Harmonía. (Dillo ti, que seguro que o sabes mellor)
Esa prima estase facendo famosa a base de estarricarse no risco, Xoaniña.
Eu deséxolles o mismiño, Dilaida. E se nos deixan facer algo de voyeurismo...mellor!
Se metemos os "mercados" no río van alporizalo moito, anónimo C
Estás sempre actualizadísima, Zeltia. Da gusto!
A prima, a curmá da prima, o seu marido a muller e mailo amante. A sobriña, os abós o pai e a muller do pai, Francisco, Emma e mais eu, todo precisamos dun revolcón de tranquilidade, si é con escenario inductor, mellor que mellor, que fermoso sí que é.
ResponderEliminarSi hai que pagar por participar nese revolcón eu apuntome tamen. Sempre que veñan mais RISCOS que PRIMAS jajajaja
ResponderEliminarBicos
Estamos todos no mesmo barco e o futuro não vai ser lindo!!!
ResponderEliminarSerá cousa de familia
ResponderEliminarestar alporizado
e co xesto torcido.
Unha beleza de foto.
Bicos Chousa
Vaia oh! Para min que o tal Risco inventou unha prima imaxinaria a quen cargarlle o moucho desta desfeita!
ResponderEliminarja ja ja
ResponderEliminar¡Tí sí que és lercho! [dígocho desde o cariño]
Eu nin coñezo a ese Risco do que falas, nin a prima de marras, coñezo un tal Risto, ese dos programas da tele que sae sempre de gafas de sol pero paréceme que dese non falas, ¿verdade?
¡manda carallo cos persoaxes que andan por ai soltos!
da medo.
biquiños,
E as primas temos que pagalas os " primos " de sempre, sexamos de ergueitos ou de lerchos.
ResponderEliminarEsa paisaxe millor que non a visiten que a emporcan.
Canto máis observo a imaxe máis me gusta!!!
ResponderEliminarO contrario me ocorre co título: esa "prima" (nin que fose unha parente política), estanos mergullando na desconfianza e alonxando do desexado/hipotético preludio de calma.
(Coa chuvia que está caendo e o vento que azouta nestes días, o escenario do cadro que pintaches, tamén andará algo revolto:-))
Pero o Risco ten unha prima?? Pois non o sabía, nunca me dixo nada.
ResponderEliminarEn todo caso para a prima de Risco nada mellor que o primo de Zumosol!
Debería ser de obrigada inmersión ese tipo de revolcóns, á que si Susana?
ResponderEliminarPara gustos colores, AC; eu opino de outra maneira ;-)
Pois remenos todos no mesmo sentido, mfc
Algo de alporizamento tampouco ven mal de todo, Marisa.
Pois sí que ten inventiva o risco ese, Nena do paraugas.
Estou seguro que agora xa escoitaches falar dela, Aldabra.
Levas razón, Paideleo; sempre nos toca ós primos.
Gústache a imaxe pq é moi harmónica, Harmonía :-)
Unha excelente mistura de parentela, Raposo.
---
E xa que imos entrar de súpeto na xornada reflexiva, prometo non alegorizar nadiña sobre o asunto político, aínda que a prima esta sigua rebuldeira.
Eu viñen enlearme nas augas, mais vai ficar nunha unión visual porque non dou co lugar. Vou seguir un cacho mergullada ver se nace a inspiración...
ResponderEliminar