Ser de Antas comporta moitas ledicias, algunhas marabillas e certos privilexios que a todo ullán/ullá nos gusta compartir (dicimos que non se goza plenamente ata que se ve disfrutar a quen nos rodea). Por iso, nesta terra do bo pan, tamén sabemos aprezar as boas fornadas que se cocen noutros fornos.
Mólame hoxe misturar a nosa masa coa de Cea para levedar un pan con sabor a lingua: disfrutádeo tanto coma min, por favor
A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.
Magnífico traballo do Colexio Virxe da Saleta de Cea. Rebuxos de palabras para tod@s!
pareceume tan tierniño coma o propio pan de Cea!
ResponderEliminare lembroume aqueloutro lipdub do IES Pintor Colmeiro de Silleda, fresco e orixinal.
http://www.youtube.com/watch?v=X9ctjGe5iAQ
Boa amasada si señor. Eu tamén saboreo ese sabor a pan da lingua.
ResponderEliminarA alegria está no nosso olhar e na beleza partilhada.
ResponderEliminarMoi bo!
ResponderEliminarMenudo traballo o dos profes. Pa que logo digan que non a rascan jeje.
ResponderEliminarGustoume a unión que propós do pan de Antas e Cea con eses rebuxos de palabras.
Bicos
Aplausos para vostede, señor da Chousa, por ter traído este video tan saboroso.
ResponderEliminarAplausos tamén para os meus compañeiros e compañeiras de Cea e para o alumnado por este tan ben realizado traballo.
Esa farinha que lanzan ó ar os nenos de Cea son palabrinhas fermosas que gosto esoitar. Parabens ao Cole de Cea e obrigado a ti por traernos este molete da lingua asim de fresquinho.Saudos.Carlosm
ResponderEliminarParabéns para o Cole de Cea!! Por esa inxeñosa fornada a base de pan, lingua, música e entusiasmo!
ResponderEliminarGrazas a ti, Chousa, por amosárnolo.
E, por suposto, a min tamén me recordou ao lipdub do Colmeiro :-))
E non sufra, home: na mesma cesta pode vostede mesturar pan de Cea, de Antas e ata do Deza (tamén ben saboroso!:-)Os comensais agradeceranllo!
Chegoume por correo, pero non me canso de velo.
ResponderEliminarCon recortes e sen recortes, os profes de Cea merecen un fortísimo aplauso.
Aplaudo ata coas orellas.
ResponderEliminarCon marabillas así...non sufro!
Eu tamén quero enfariñarme.
Solo son (un) mensaxeiro.
Ás veces tamén a rañan :-)
Boísimo.
Concordo plenamente.
Saborealo da gusto.
A lingua sempre ten esa textura dulce.
(Non puxen nomes, pero...á que sabedes a quen respostei?.Lisssst@s coma allos sodes)
Parabéns aos mestres polo traballo maravilloso que amosa este video.
ResponderEliminarEncantoume.
Con esa masa o futuro do pan está asegurado.
ResponderEliminarEncantoume. Emocionoume. Parabens o Colexio Virxe da Saleta de Cea (e a ti polo de mensaxeiro).
Que súper aplauso para os profes de cea, eso, coas orellas tamén.
ResponderEliminarE eu que nunca che probei o pan de Antas, a ver cando te esmeras home, a ver cando.
Coñezo tanto o vídeo como o pan de Cea e o pan de Antas, e non podo estar máis de acordo con vde, señor Chousa: a nosa lingua sabe a pan, teñámola sempre na boca.
ResponderEliminarPan con sabor a lingua, precioso.
ResponderEliminarBonito vídeo que fan estes nenos de Cea.
Encantoume.
Invita a saborear a nosa lingua un pouquiño máis, a misturar as palabras con cores e risas infantís.
un bico bailarín.
Tendo unha lingua como temos e non empregala, sería como non comer o magnífico pan do que podemos disfrutar (de Cea, de Antas, de Carral...). Asi de clariño o deixa o video. Mui ben
ResponderEliminarPensé que iban a decantarse por el tema de Siniestro Total, pero no me han decepcionado para nada, está muy chulo.
ResponderEliminar¡qué pandi! seguro que se lo pasaron pipa.
Por cierto, ese pan debe estar de muerte, ¿no?. Me lo imagino en rebanadas con jamón de pata negra de mi tierra y aceite de oliva (también extremeño a poder ser:)
Besos
Por iso a nosa lingua e tan "rica"
ResponderEliminarBoteite de menos...
;)
Feliz entrada esta que tan sabiamente conxuga lingua e pan, alimentos do corpo e o espírito para un pobo que sabe e goza en boca de tan prezados tesouros.
ResponderEliminarGustoume a orixinalidade e posta en escena dos alumnos e profesores de Cea e tamén que desde a Chousa nos achegues esta pequena xoia.
Moitas apertas.
Grazas a traballos tan magníficos coma este é unha das razóns que me fai pensar que o galego sí que ten un camiño por diante, fronte a aqueles que din que non e asi. Os mestres tedes moito que aportar neste sentido, asi que moitos parabens por facernos felices a todos aqueles que amamos a lengua galega.
ResponderEliminarUnha aperta garimosa desde Burgos e moitos azos para continuar, tanto co traballo profesional na aula como con este magnífico blog que sempre gosto de visitar.
Xohan F. Regueiro
Prezado Xohan. Obrigado polas túas palabras, máis debo dicirche que eu non son mestre (e non é por falta de consellos reiterados que a miña nai me daba de neno, encamiñándome cara a docencia).
ResponderEliminarÍa falar deste vídeo e adiantácheste.
ResponderEliminarOutra vez será.
ai.. qué pasou co meu coment??
ResponderEliminarDicía que é un magnífico traballo. Precioso ver ós nenos e nenas colaborando nalgo tan bonito de ver..
Bicos amasados coa... língua! jaja
¿Estasme a traballar neso?
Vou mirar o correo a ver se hai novas túas...
Algún gararabato fixen Pitima, pero xa sabes que a inspiración é moi caprichosa :-) Tereite informada
ResponderEliminarUn gran traballo,
ResponderEliminarsi señor,aplausos
por esta boa amasada.
Biquiños para tí e para eles.
nin idea de que o pan de Antas fora tamén bó, si ben é verdade que o pan de Galicia é todo ben saboroso.
ResponderEliminaro pan de cea si que o coñezo, é mais, unha vez estiven na feira.
biquiños,
cando poida vexo o vídeo.
Bos días amicus:
ResponderEliminarMagnífico, sensacional, fantástico, tremendo...y así sucesivamente.
Julián Hernández tendría que haber visto esto; estoy seguro que si lo conoce ha aplaudido todo lo realizado.
Parabens a todos, incluidos los que lo difunden por la red.
Los chavales son realmente fantásticos cuando se encuentran bajo la responsabilidad pedagógica de profesores con vocación que les transmiten inquietudes más allá de lo meramente especulativo.Cuando sean mayores podrán recordar su gran participación en algo que les dará ideas en la vida. Tomando derroteros diferentes, todos podrán decir que en común participaron de una idea sobrecogedora. Ya me imagino el comportamiento. Esto lo engrandece todo, a la lengua galaica y a sus alumnos más todavía; a sus profesores y a sus gentes en plural.
Sorprendido, muy sorprendido y emocionado...
Breves saludos
Ogol DEIC amicus...