venres, 9 de setembro de 2011

Proa

Nin tan feos como na foto do DNI, nin tan guapos como no perfil do facebook; e tampouco tan intelixentes como nas frases lapidarias do twitter. Somos o que somos, e mailas circunstancias que en cada intre nos rodean; incluidos cortes de pelo desafortunados ou indesexables fracturas cutáneas por picadura mosquiteira que derivan en antiestéticas elevacións cutáneas...
Pode quedar ben ter unha pinga de audacia premeditada; pero incluir no Curriculum Vitae ser o mellor piñeiro da zarra, cando somos o único; eleva a proa á categoría de aleivosa arrogancia.

Foto: Pino con proa liderando os carpazos.

26 comentarios:

  1. O único... é sempre o melhor... e o pior!

    ResponderEliminar
  2. Pinos deses hainos a esgalla. Eu coñecín un que cando daba pasantías dicía que estaba a dar cursiños. Tanto era así que cando traballou nunha libraría rexoubábamos con que o nomearan Director do Libro e Bibliotecas. Enfín, un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Ayyyyyyyyyyyy, Chousa ¿qué te pasó? algún o alguna petulante en el camino quizásssssss??

    Pero si no hablamos nosotros bien de nosotros mismos ¿quién lo va a hacer?

    Andaaaaa, disfruta del finde

    biquiños

    ResponderEliminar
  4. De todo se encontra pola vinha do senhor, pero ti seguro que sabes sortealos ajeitadamente. (Tampouco saio agraciado na foto do documento identitario).Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  5. Tus ingeniosos detalles siempre logran arrancarme una sonrisa. El pie de foto no tiene desperdicio. Gracias por este enfoque, Chousa.

    ResponderEliminar
  6. Oes, que eu no dni sai guapísima de la muerte. Non teño Twiter e non frecuento o Facebok, asi que eu non sirvo como exemplo do teu sermón tan ben argallado. No curriculum algunha cousiña teño colado, pero eso e pecata minuta. Gardame o secreto. Bicos

    ResponderEliminar
  7. Por certo, vaia foto. Pódese saber que raio fas para que estas cousas vaia bater coa tua camara sempre? Xa contaras, que ahora non pos nunca a cantos kms de Antas esta. je

    ResponderEliminar
  8. A ese piñeiro ninguén
    lle quita a vista
    é toda para él.

    Bo fin de semana.

    Bicos

    ResponderEliminar
  9. E verdade o que dí A.C (a cantos quilómetros está?) parece do Pindo...
    E sabes o que me recorda a min? a Moby Dick!

    tomar como "circunstancias" ter un grano ou que che fagan un corte de pelo pouco afortunado, manda carallo!

    ResponderEliminar
  10. No DNI regular, no facebook aínda non puxen foto, e no twitter no sei...
    pero o que está claro é que somos o que somos, é a moita honra.
    E sí, somos únicos cada un de nos, o que sí debemos de deixar a un lado é a arrogancia, que non leva a ningures.
    Gústame ese piñeiro que se eleva sin pinga de "arrogancia", só está proclamando o seu.
    un biquiño humilde.

    ResponderEliminar
  11. Pois ese pino xa pode presumir no seu curriculum canto queira. A ver quen pode chulearse de enraizar nun penedo e sobrevivir no intento.

    ResponderEliminar
  12. Arrogância? Mas com graça ;-)
    Bom fim de semana!

    ResponderEliminar
  13. O mellor piñeiro da zarra, modestia a parte. Iso é indiscutible.
    Ben. Hai quen ten que darse bicos no espello cada mañá para alimentar a autoestima e iso non sería arrogancia, senón necesidade de supervivencia. Claro que, poñelo no currículo raia a ousadía.
    Pero cadaquén deféndese como pode ata da soedade, non cre, señor Chousa?

    ResponderEliminar
  14. Ai...
    Pero o que máis ou o que menos temos montada unha personaxe aquí, na identidad 2.0, na rede... na que podemos ser o que queiramos...

    Non nos veñas a amargar a festa ho...

    Un bico de cara, nada de perfil amañado para a ocasión... A ver se che gusta...

    ResponderEliminar
  15. A min sóame ese piñeiro. A min paréceme que teño un parecido por aquí preto.. O primeiro que pensei cando vin a foto foi que ó mellor te pasaches...

    A ver se o inmortalizo eu tamén... así de arrogante, coma un fachendoso bonsai...

    ResponderEliminar
  16. Pois será arrogancia, pero recoñeza que inda no carnet de identidade, ainda con grans purulentos, cada quén élle único, meu amigo. E o mellor entre todos, polo tanto.

    ResponderEliminar
  17. Y es que la arrogancia y la prepotencia parecen estar de moda... todos queremos ser el pino que se vea, sin darnos cuenta de que delante está una roca de granito inmensa, ¡vamos, que no estamos solos ni somos los únicos!!!!
    Buen post
    Bicos

    p.d. gracias por tus buenos deseos para con mi exposición. Creo que no salió mal del todo:)

    ResponderEliminar
  18. Un pinochulo subido a unha pedrapotente.Combinacion adecuada para "liderar carpazas, fientos e toxos".Calquera lider político estara sentindo envexa desa árbore entronificada.Genial, señor Chousa!
    Amadeus ZapaJoy

    ResponderEliminar
  19. Piñeiros fachendosos e altaneiros: pura pantalla. Canto mais un se encumbra a sí mesmo, mais baixiña a autoestima. E de autoestima moit@s andamos algo coxos, ou?

    ResponderEliminar
  20. E eu que viña para ver a foto dun barco... (mecachis, que despistada ando aínda)...

    ResponderEliminar
  21. Non chora o que non mama Chousa! E hai quen sabe moi ben como non enganchar a teta de trás!

    ResponderEliminar
  22. guataríame ser orixinal [creo que esto xa cho dixen outras veces] pero é que non o son, e como este post vai de eso pois non quero vanagloriarme de nada.

    non sei si son a que mais disfruta dos teus posts o a que menos, ocaso é que disfruto, e moito.

    tes unha ironía moi fina que non chega a ser retorta [cousa que a afearía para o meu gusto] e sabes sacarlle partido a calquera cousiña... e non digo cousiña pola túa foto, pois é unha gran foto.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  23. por certo... as fotos non me fan xusticia, non quero decir con eso que son mellor o peor da Aldabra orixinal; e non o digo eu, o dí todo aquel que me coñece.

    así que no DNI (non me gusto), no Facebook (as veces poño unha de cando era xoven que me gusta un pouquiño), non teño twitter nin o terei...

    biquiños,

    ResponderEliminar
  24. Hai que recoñecer que nese caso mentir non se minte, o que é un punto a favor, digo eu!!

    ResponderEliminar
  25. Sempre consigues una sonrisa... ese piñeiro tan bien plantado, sale mejor que cualquiera en el DNI.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: