Carecían de ferramentas que hoxe consideramos primeira necesidade. A maquinaria que supuxera máis aló da roda e da tracción animal era pouco máis que pura imaxinería. Pero tiñan dúas virtudes hoxe definitivamente extintas no ser humán: paciencia e tempo.
E con aqueles vimbios fixeron cestos que hoxe semella estresante a sola idea de como argallar o carrexo de tanta pedra. A saber o que terían feito os nosos antergos se poideran enviala por bluetooth.
E con aqueles vimbios fixeron cestos que hoxe semella estresante a sola idea de como argallar o carrexo de tanta pedra. A saber o que terían feito os nosos antergos se poideran enviala por bluetooth.
Foto: Castelo de Pambre. Pequeno exemplo de grandeza.
Tocaste num ponto essencial para mim... o Tempo!
ResponderEliminarOhhh como suspiro por ele, mesmo para nada fazer!
para poder enviala por bluetooth inda nos queda un cacho a nós tamén, eh.
ResponderEliminarpero sí que resulta admirable o conseguido con tan poucos medios.
O castelo ese, que o coñezo por fotos nada máis, é unha fortaleza impresionante. Pero o hórreo, creo que alguén me comentou que ese non era o seu emprazamento orixinal, non si? nese caso... ben podían ter escollido outro lugar! [o horreo é de pedra e madeira coma os da miña zona, pero ben longo!]
As mellores cousas creanse cos máis pequenos recursos.
ResponderEliminar(Mira os nenos, nos de pequenos cun retal e unha boneca tiñamos máis modeliños que Inditex, e cun pao e catro pedras xa quixeran os de Vitech que deran pra tanto os seus xoguetes, agora teñen a derradeira tecnoloxía a barrer e os cinco minutiños cansan, é un exemplo)
Bicos pequenos ;) :*
pd. O horreo eche unha pasada.
Que bonito!! Non coñecía este castelo. haberá que visitalo. e si, a paciencia e o tempo son un luxo( non recoñecido) nos tempos que corren...
ResponderEliminarO tempo nin creceu nin decreceu.
ResponderEliminarPero a utilización...ahí, ahí.
La paciencia es la madre de la ciencia, que dice el refrán.
ResponderEliminarO demo do estrés que leva todo por diante, ata o tempo.
¡Mira ti que castelo mais bonitiño!, é a segunda vez na miña vida que oio falar del, agora e onte no blog do Sr. Kaplan.
biquiños,
Estou con Zeltia en que o horreo ahí non pinta nada (¿cómo o puxeron fora do castelo?, con tanto tempo como dis que tiñan, non sei onde terían a cabeza. Veña a colocar pedra enriba de pedra sen darlle ao coco, que nin ventaniñas deixaron, bueno, unha, para que se tiraran de cabeza os que alí dentro vivían, deprimidos nas tinieblas, cun reuma pola humidade que non che conto. Quita, Chousa, prefiro os tempos "blue".
ResponderEliminarSe a puideran enviar por bluetooth xa se fastidiaría o invento: entre facebooks, sms, 3G, whatsapp, TDT, microondas e achegados, temos menos siso que... que... que... bueno, que algo que non ten siso.
ResponderEliminarAposta: caerá antes a Cidade da Cultura, a nova ponte sobre o Miño de Lugo ou similares que a Muralla, a Catedral de Santiago ou a Torre de Hércules.
Canto vai? ;)
Fíxate ti, con todo do que carecían e ahí está ese castelo impresionante.
ResponderEliminarQuerer é poder, está claro. Cando non hai máis medios un argalla as formas para materializar e crear o que agora nos parece imposible.
Unha verdadeira obra de arte .
un bico grande.
Veño engadir algunha información que non se pode apreciar nesta imaxe:
ResponderEliminarA foto está tomada dentro do perímetro da fortaleza; é dicir, que todo o que se pode ver na foto está circundando por unha muralla.
Convídovos a visitalo. Está aberto ao público. Se tedes medo de perdervos por estes paraxes, contactade e fareivos un debuxo persoalizado. Con saída dende Antas, loxicamente.
Eu creo que ata se conformarían con ter un chimpín!!
ResponderEliminarEu véjolle abondoso mérito á capacidade dos nosos antergos pola manha e tesón coa que fizeron tan magníficas obras; pero tamén fico perplejo diante da capacidade do bluetooh. O efecto de facer pequeno a quen mira esa foto está bem logrado.Saudos.Carlosm
ResponderEliminarXa sabe o que me pasa a min cos castelos, que son como cápsulas do tempo, máquinas capaces de transportarnos ó tempo pasado... Grandes, sí.. aínda que sexan pequenos.. E todo é relativo.
ResponderEliminarO futuro xa está aquí:
http://www.youtube.com/watch?v=5X5nMpRrXe8
Bicos pequenos pero... grandes.
Paciencia e tempo, sí, tamén abnegación e sacrificio: Dous valores aínda máis perdidos. Un pouco de opresión tamén pode que haxa nas construccións deste tipo.
ResponderEliminarcalo a boca que estou mellor caladiña.
ResponderEliminarPero tí tamén tes palabra de verificación... ¿ou non?
ResponderEliminarAh... pos non...
ResponderEliminarVou mirar de sacala entón...
non dis se era o seu emprazamento orixinal ou non.
ResponderEliminarPero como podes dicir que estás mellor caladiña, Susana, se musicalizas cada texto con entonación celestial!
ResponderEliminarSon inverificable, Pitima; aínda que tamén iso sexa relativo jajaja
Pois non sei se esa era a ubicación orixinaria do hórreo, Zeltia. Son moi noviño e a primeira vez que o vin xa estaba alí...Aparentemente non ten moita traza, xa que está diante da capela; pero precisamente nese sentido pode ser unha clara mensaxe dos propietarios do castelo no momento da súa construcción (a do hórreo) de a qué lle daban máis prioridade, se ó alimento do corpo ou ó da alma...
Dous valores que viñan ben tamén agora Jorge, aínda que sacrificios xa facemos abondo con Hacienda, ou non?
Si señor, Carlosm; pequenos nos vemos no medio de tanta capacidade: a dos antergos e a dos actuais. Raposo: creo que daqueles tempos era a frase "dádeme un chimpín e moverei o mundo, non si?
Que querían está claro, Mariola; e á vista nos deixaron que tamén poideron. Eu non sei se hoxe poderíamos aínda que quixéramos...
ResponderEliminarEu aposto no teu bando, A do outro lado da Xanela. E gañaremos!
Ben mirado tamén podemos disfrutar dos tempos blue nestas magníficas paraxes, Susanamoo. A quedada que propuxen está feita.Apúntaste?
Pois non sei se andaban moi estresados os que andaban polo alto da torre, Aldabra; pero os das mazmorras...non sei eu :-)
Unha moi sabia reflexión, Mariajesús. Deberíamos lembrar sempre que unha hora son sesenta minutos.
Apúntate á visita, Volboretinha. Vale a pena e non é para enredar moito.
Certo Blogboreta, o hórreo é unha pasada. Un magnífico exemplar do hórreo tipo "mahía", mixto e que se prodiga moito polo Centro de Galicia.
Xa falamos do asunto Zeltia, pero debo dicirche que no concello de Antas hainos con máis "extremas" ca este exemplar.
Quen logre dominar o tempo, mfc, conseguirá que o tempo non o domine a él jajaja.
--->E se non hai posibilidade de quedada, convido a que -cada quen cando queira ou poida- se achegue a Pambre para tomar unha foto dende a mesma perspectiva (co toque persoal que lle queira dar, loxicamente), con publicación posterior na súa bitácora. Fai?. Ofrezo apoio loxístico para atinar co lugar se alguén o pide; aínda que está ben indicado e seguro que tod@s daredes con él sin problema. Ah, e non teñades medo ó can, que o teñen encerrado no "cortelliño" que se ve á esquerda do hórreo :-)<--
ResponderEliminarA min ese hórreo dame
ResponderEliminarque non foi posto ahí
polos mesmos antergos
que pedra sobre pedra
foron argallando o castelo,
parece un postizo,
un algo que non pertence
a ese conxunto
como moi ben xa apuntaron
outros comentaristas.
Bicos
Si, Marisa; este hórreo é probablemente de mediados do século XX; mentras que o castelo está datado no XIV. Tamén é posible que fose trasladado para a ubicación actual; pero na miña próxima visita ó lugar, tentarei saber e informarei con máis profusión de datos.
ResponderEliminarPaciencia, Tiempo... yo añadiría tesón y otro concepto de la vida y, por ende, de la arquitectura, que no consistía en un negocio por encima de cualquier cosa, sino que significaba exaltación por la belleza, encuentro con Dios (si el edificio era religioso) y necesidad de perdurar en el tiempo... Ya ves como han cambiado las cosas, incluso fijándose uno en una preciosa construcción como la de tu foto, se pueden sacar tantas conclusiones...
ResponderEliminarBesos
El hórreo también me gusta:)
ResponderEliminarDe que quedada falas?
ResponderEliminarO do can dilo para meter medo e que non vaiamos. (eu, de ir, levaría unha costeleta)
déixoche un premio (digo, un meme), se queres seguilo
Certo Ginebra. Cada ollada supón unha interpretación. E todas son iguais de válidas.
ResponderEliminarE xa vexo que tamén a Rula lle mola o hórreo. Podedes creerme que non resulta agresiva a súa ubicación. Eso sí, necesita atención urxente, xa que o teito anda medio amolado polos anos.
E traio datos. Non das atentas e correctísimas (e castelanparlantes -¿?-) guías do Castelo; senón dun home de Pambre. Datoume o hórreo nos anos 50 "ano arriba, ano abaixo". E que esa foi a primeira e única ubicación que tivo sempre.
Indicar tamén que estes días pode verse unha exposición de obras escultóricas de Fermín del Amo, a cuxa inauguración corresponde Este video
Dito queda.
Non falo do can para meter medo; precisamente indico do seu estado carcelario para afastar temores.Queda dito.
Continuamos a bingo.
Para colocar pedras ben colocadas, o bluetooth sobra. Cómpre maña, mans e lombo disposto a traballar!
ResponderEliminarUn sitio no que tamen nos movemos moi ben os trasnos. Ficéchesme ganas de ir coñecelo. A ver se son capaz de facer unha boa foto tamen.
ResponderEliminarLindo!
ResponderEliminarDá vontade de ir até lá.
Beijos.