xoves, 1 de setembro de 2011

Escote

Cantas veces temos a evidente sensación de que dúas mans son poucas polo múltiple convite de tocar; de que resulta case ferinte que ambos ollos teñan que unificar direccionalidade cando hai tanto que mirar; de ter unicamente unha boca con tanto raudal salivar; de ter tan pouca epiderme con tanto que rozar. E dentro rebechando cen cabalos desbocados que resultan imposibles de domar...
Doado, polo tanto, que -diante de tanta fermosura- os escoitedes algunha vez rinchar.

Foto: Portomarín, con escote xeneroso e minisaia provocativa.

21 comentarios:

  1. vaia! sorprendíchesme!


    non comprendo como están os embalses baleiros e eu coa sensación de que non tivemos verán...!

    ResponderEliminar
  2. Coma dirian os vellos "pa fame non hai mal pan" :D

    ResponderEliminar
  3. A tua capacidade de adaptaçom temática non ten límite. E buscando escenarios es un maestro (foto magnifica). E fusionando ambas cualidás acadas esta genialidade.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  4. Eres único con tus ambigüedades!
    Ese paisaje de Portomarín es precioso, Chousa.
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. tí liches o conto de Susana Moo a propósito do escote xeneroso e os teus cabalos desbocáronse, e para despistar o persoal, vas e deixas unha foto de Portomarín, moi bonitiña, sí, pero tamén era bonito o escote que deixou Susaniña ¿verdade?

    A mín non me enganas, xa sei quen días.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  6. Muchas gracias a la autora por fotografiar mi pueblo de Galicia. Me has emocionado y es la primera vez que escribo en una pagina. Te mando un fuerte abrazo desde La Manga.

    ResponderEliminar
  7. "Non se pode unificar direccionalidade
    cando hay tanto que mirar":non, hay que ter amplitude de miras e máis con esta paisaxe que nos deixas.
    Mira, salivar, rozar,tocar, domar, unificar, rinchar... "Tolear".
    Bicos azuis.

    ResponderEliminar
  8. Chousaaa e preciosa esa postal. Se eu fora de Portomarín mandariache dous bicazos. Asi mandoche un.
    Imaxinacion o poder

    ResponderEliminar
  9. Holaaaaaaaa, Chousaaa!!!!

    Ya se terminaron las vacacionessssss??? Al menos el verano parece que sí, bueno... aún tengo dudas de que haya empezado... en cualquier caso el otoño es una estación que me encanta.

    Pues aquí estamos otras vez, blogueando y publicando y con muchas ganas de visitar a los amigos.

    Tienes razón, hay tanto que ver, que tocar, que oler, que contar y que soñar, que o nos faltan manos y ojos o nos faltan días ..

    biquiños, amigo

    ResponderEliminar
  10. Pois rincha!

    ( eu rincho tamén, qe a foto é ben chula)

    ResponderEliminar
  11. A foto é xenial
    fermosura a esgalla
    tanto dá que se vexa
    por arriba ou por abaixo

    Unha aperta de fin de semana
    dende este porto de Marín :)

    ResponderEliminar
  12. Sempre pasa o mesmo: póñennos a carta de menú diante e rematamos comendo o prato do día.
    E menos mal !.

    ResponderEliminar
  13. Buaaahhh! Que pasada de reflexos entre auga en pedras, e que florituras entre intención e descripción. Moito e ben, Chousa.

    ResponderEliminar
  14. Pícaro, imaginativo, descriptivo y muy gráfico. Excelente fotografía.

    ResponderEliminar
  15. Unha mágoa ver os embalses tan baleiros. Por Sober non temos ese problema, o de Santo Estevo está a tope de auga.

    ResponderEliminar
  16. Há momentos em que nem parecem chegar os 5 sentidos...
    Beijos.

    ResponderEliminar
  17. Ben, todo o mundo sabe que os cinco sentidos son catro, e un menos en Canarias.
    Se segue a seca Portomarín acabará sen saia nin escote, co encoro encoiro (hoxe deume polos xogos de palabras, perdón)

    ResponderEliminar
  18. E supoño aos habitantes chorando de lembranzas.

    ResponderEliminar
  19. Pouco espello onde se mirar... Fai falla auga...

    Sen humidade... pouco temos que facer...
    Xastamos.... ¿e algunha vez deixamos de estar? pregúntome eu a estas alturas de leria...

    Un río enchido de bicos desbocados e rinchando.

    ResponderEliminar
  20. Gostei do texto e da foto.

    DE decotes e mini saias nem por isso, rrss

    Tudo de bom

    ResponderEliminar
  21. O bo que ten acompañar ideas escritas con fotos é que, maloserá, se non che sae ben unha...algo aportará a outra. Ogallá poidera nos tempos da escola engadir un debuxo (por mal que se me dera ese arte) á resposta a moitas cuestións que doña Isaura preguntaba.
    Se a todo esto engadimos o magnífico entender d@s asistentes, o éxito está logrado.

    Disfrutade da Chousa mentras poidades, que eu tamén o fago. Non vaia ser que PP e PSOE se poñan de acordo para tirarlle o valo.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: